Curso 2017-2018

DÍA DO LIBRO 2018

Pincha na imaxe superior para ver o artigo publicado no blog da biblioteca no que con motivo da celebración do día do libro, fíxose unha recopilación dos libros favoritos do alumnado entrevistando a algúns grupos de 1º, 2º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato.

ENCONTRO DA ESCRITORA GALEGA MARÍA XOSÉ QUEIZÁN CO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO A e E

A escritora galega María Xosé Queizán mantivo un encontro con alumnado de 2º bach. A e E o pasado venres 20 de abril na biblioteca do centro, no marco da celebración da Pontepoética na nosa cidade.

M. Xosé faloulles da súa traxectoria como escritora, das súas experiencias na España franquista, contándolles diversas anécdotas da súa vida de estudante en Compostela e da súa estancia en Paris, do seu paso pola UPG, etc.e finalmente leulles un dos seus poemas.

O encargado de presentala foi o alumno de 2º A Pablo Carballo.Interesante encontro que rematou con varias preguntas formuladas polos alumnos e alumnas e que provocaron a compracencia da escritora.

PRESENTACIÓN DA CELEBRACIÓN DO DÍA DE EUROPA 9 DE MAIO NO IES VALLE INCLÁN Á CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN CARMEN FOUCES

Un grupo de alumnos acompañados pola profesora de Educación Física Ana Santos e a directora do Centro Pilar Freitas visitaron o pasado venres 20 de abril á Concelleira de Educación do Concello de Pontevedra Carmen Fouces para invitala a participar no acto que se está organizando no Centro con motivo do día de Europa do 9 de maio.

No acto que se celebrará na Avenida de Montero Ríos interpretarase o himno da Unión Europea en versión galega a ritmo de muiñeira e nel participarán máis de un centenar de alumnos, uns bailando e outros tocando instrumentos.

 

OS ALUMNOS MIGUEL ÁLVAREZ AMOEDO, YANIRA GARCÍA PEREIRA E LAURA FERRER GALBÁN PREMIADOS NAS OLIMPIADAS DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS 2018

Os alumnos Miguel Álvarez Amoedo e Yanira García Pereira obtiveron o segundo e terceiro premio respectivamente na Olimpiada de Tradución de Textos Clásicos de Galicia na modalidade de Lingua Grega e a alumna Laura Ferrer Galbán obtivo o terceiro premio en Lingua Latina. Noraboa aos tres premiados e a todo o alumnado do Centro que participou.

 

CONFERENCIA DO DIRECTOR XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UE JESÚS GAMALLO AO ALUMNADO DA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

O Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Jesús Gamallo impartiu unha charla ao alumnado do programa Escola Embaixadora do Parlamento  Europeo centrada na participación de Galicia nos asuntos europeos. Pincha na imaxe para ver toda a información.

REVISTA DIXITAL DA ESTANCIA EN BEAUVAIS e PARÍS DO ALUMNADO DO ERASMUS +

O alumnado de 2º de Bacharelato do Erasmus+ Yes Young Europeans in Sports comparten connosco esta revista dixital da sua estancia en París e Beauvais.

 

Magazine créé avec Madmagz.

VÍDEOS E MAKING OFF DO ALUMNADO DE 4ºESO A PRESENTADOS Á XXIV EDICIÓN DO CONCURSO EUROSCOLA CENTRADOS NA CELEBRACIÓN EN 2018 DO ANO DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO

Aquí tedes os vídeos e os making off presentados por alumnado do grupo 4ºESO A baixo a supervisión da profesora de educación física Ana Santos á XXIV edición do concurso Euroscola  que tiña o lema "O noso patrimonio: onde o pasado atópase co futuro". Realizaron dous vídeos con temáticas diferentes: 

O vídeo Xogar dirixido por María Méndez, Eugenia Campos, Sabela Estévez, Nerea Baeza, Inés Fontenla e Clara Rivas. 

 

 

E o vídeo Pedra dirixido por Sabela Rodríguez, Iria Pombo, Cecilia Sequeiros, Irene Rodríguez, Pablo Lorenzo, Ana Vidal e Esther García.

 

 

CONFERENCIA DO EURODIPUTADO FRANCISCO MILLÁN MON

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia relacionado coas conferencias impartidas nos IES Frei Martín Sarmiento e no noso Centro.

CONFERENCIA DO EURODIPUTADO FRANCISCO JOSÉ MILLÁN MON

APLICACIÓN ORIENTA

Na barra lateral dereita da páxina web do Centro, tedes a ligazón pinchando na imaxe á aplicación Orienta que danos moita información sobre onde podense estudar os graos universitarios de toda España, notas de corte, dobles graos, ciclos de grao medio e superior,... Podes pinchar na imaxe inferior para acceder a ela e buscar a información que necesites.

A ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO LARA SAN MARTÍN SUÁREZ OBTIVO O CUARTO POSTO NA OLIMPIADA DE FÍSICA POLA UNIVERSIDADE DE VIGO

Este venres 6 de abril a alumna de 2º de Bacharelato C Lara San Martín Suárez recibiu o seu diploma acreditativo do seu cuarto posto na fase local da Olimpiada de Física pola Universidade de Vigo.

Este posto vaille permitir acudir á fase nacional da Olimpiada de Física que terá lugar en Valladolid entre o 14 e o 16 de abril.

O acto de entrega de diplomas tivo lugar na aula magna da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, onde Lara estivo acompañado polo seu profesor de Física Javier Piñeiro Rivas. O evento rematou cunha conferencia con demostración práctica incluída de levitación e superconductividade.

Parabéns para Lara e moita sorte en Valladolid.

 

CONFERENCIA PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO DO DIRECTOR DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO MANUEL NÚÑEZ SINGALA

O pasado venres 6 de abril o escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala, visitou o noso Centro para ofrecer unha conferencia ao alumnado de 3º de ESO sobre a utilidade do galego.

O tema da charla tiña moito que ver co do seu libro: En galego por que non? que len neste curso. Como é habitual nel, Singala sorprendeunos cunha exposición orixinal na que nos levou a reflexionar sobre a utilidade da nosa lingua utilizando curiosos exemplos e divertidas situacións que non deixaron indiferentes aos alumnos e alumnas que responderon realizándolle un bo número de preguntas ao final da exposición.

 

CONFERENCIAS ESCOLAS EMBAIXADORAS PARLAMENTO EUROPEO

Como xa anunciamos os invitados foron Carlos Crespo Sabarís, Conselleiro de Sanidade e Consumo da Representación Permanente de España na Unión Europea, que veu o Martes, 3 de abril, ás 09:00  e falou das políticas sanitarias da UE e do traballo que desempeña.


O xoves 5 de abril ás 13:40 estiveron con nós na biblioteca do Centro Carmen Magariños Casal, axente temporal na Direccion África do Servizo Europeo de Acción Exterior (SEAE), onde é responsable do seguimento das relacións da UE con Guinea Conakry e Guinea Bissau e Presidenta suplente do COAFR, grupo de traballo do Consello para África. A partir de 2018 ocupará o posto de Xefa da Sección Política, Prensa e Información da Delegación da UE en Dakar e a súa parella Antonio Rodríguez Liébana (Cónsul en Arxelia), que nos falaron da súa participación no Servizo Exterior Europeo. Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia.

 

E por último o venres 6 de abril ás 13:40 tivo lugar unha conferencia sobre Enerxías Renovables na Unión Europea do Eurodiputado do grupo socialista Xosé Blanco López que veu acompañado polo seu asistente Andrés Díaz Varela quen fora o noso primeiro invitado. Pincha na imaxe para ver a información publicada na edición dixital do Faro de Vigo.

Pincha na seguinte imaxe para ver todas as fotografías das diferentes conferencias.

ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO DE HUMANIDADES PARTICIPA NA IV OLIMPIADA DE TRADUCCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

O pasado xoves 5 de abril celebrouse na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago a cuarta edición da Olimpiada de Traducción de Textos Clásicos organizada por SEEC-Galicia en colaboración co Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da Universidade de Santiago. Na competición participaron 33 estudantes na proba de Grego e 61 na de Latín procedentes de centros de Bacharelato de toda Galicia. O noso Centro estivo representado por Angelo Davide Altamirano, Miguel Álvarez Amoedo, Lucía Álvarez Revenga, Isabel Barreiro López, Laura Ferrer Galbán, Yanira García Pereira, Álvaro Pensado Fernández e Mar Sarmiento Rey. Os premios aos gañadores entregaranse o vindeiro 25 de abril.

 

O ALUMNADO DISFRUTOU DA CULTURE CLASS DA EDITORIAL BURLINGTON

O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO disfrutou da culture class da editorial Burlington organizada polo departamento de Inglés , na que unha profesora nativa da editorial presentou de forma entretida e interactiva co alumnado aspectos xerais da cultura británica.

 

Distribuir contido