Curso 2017-2018

AS ALUMNAS IRIA MÉNDEZ MOSQUERA E CRIS LI MIN MARTÍNEZ GARCÍA PRIMEIROS PREMIOS NO CERTAME DE POESÍA DO BEN VEÑAS MAIO. O GRUPO BALÍNS TERCEIRO PREMIO NO CERTAME MUSICAL

As alumnas Iria Méndez Mosquera e Cris Li Min Martínez García son respectivamente as gañadoras  do  primeiro premio no certame de poesía do "Ben veñas maio" 2018 nas categorías A e B polas obras "As razóns de vivir con medos" e "Saudade". O grupo Balíns, tamén do Centro obtivo o terceiro posto no certame musical.

Pincha na imaxe para ver o artigo de Pontevedra Viva do acto de entrega dos premios que tivo lugar no Pazo da Cultura.

 

O IES VALLE INCLÁN NO PROGRAMA VIVIR AQUÍ: "VOLVEMOS AO INSTITUTO" DA TVG

O IES Valle Inclán foi uns dos centros seleccionados polo programa Vivir Aquí da Televisión de Galicia para realizar a reportaxe "Volvemos ao Instituto". Pinchando na imaxe tedes a ligazón ao programa. O espazo comprendido entre os minutos 1:20 e 13:16 son os adicados ao noso Centro.

AS ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO ROSA Mª ARAÚJO CASTELO E ADA FREIRE VÁZQUEZ RECIBIRON OS SEUS PREMIOS AO RENDEMENTO ACADÉMICO NA ESO

As alumnas de 1º de Bacharelato Rosa Mª Castelo Araújo e Ada Freire Vázquez recibiron os seus premios ao rendemento académico de ESO correspondentes ao curso 2016/2017, nun acto na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela presidido polo Conselleiro de Educación Román Rodríguez. Pincha na imaxe dos premiados para ver o artigo publicado na edición dixital do Correo Gallego do venres 12 de maio.

A ALUMNA DE 4ºESO A NOELIA REY QUINTA CLASIFICADA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CATEGORÍA B MODALIDADE LATINOS

A alumna de 4ºESO A Noelia Rey Argibay continua colleitando éxitos no baile deportivo. O fin de semana pasado acadou xunto coa súa parella de baile Samuel García del Pozo do Clube baile deportivo Narón o quinto posto no campionato de España categoría B modalidade latinos e o terceiro posto no terceiro trofeo nacional Les Roquetes modalidade A+B latinos celebrado en Barcelona. Parabéns Noelia.

 

PRECIOSA COREOGRAFÍA NA CELEBRACIÓN DO DÍA DE EUROPA NO IES VALLE INCLÁN

Aquí tedes o vídeo gravado por un dron dende o aire da fermosa coreografía realizada por 132 alumnos de ESO e Bacharelato do Centro baixo o ritmo marcado por 11 músicos de diferentes cursos na que buscaban mediante paraguas azuis e amarelos formar a bandeira da Unión Europea. Noraboa a todo o alumnado que participou e ao profesorado que o coordinou e o máximo agradecemento a todas as entidades que colaboraron na súa realización.

 

Nos seguintes ligazóns tedes máis fotos, vídeos e información da celebración do día de Europa no IES Valle Inclán:

Pontevedra Viva: "El  IES Valle Inclán celebra el día de Europa bailando al son del himno amuñeirado"

Faro de Vigo: "Un día de Europa de bailes y color en Pontevedra"

La Voz de Galicia: "Coreografías estudiantís polo Día de Europa"

 

LECTURAS DE MOCIDADE

Como todos os anos algúns profesores amósanos que libros marcáronlle na súa mocidade e na súa vida, este ano son o profesor de Filosofía Alberto Domínguez, a profesora de música e PMAR Mª Aurora Alonso, a profesora de Educación Física Mercé Barrientos, o profesor de Língua Castelá Eduardo Cid e o profesor de Xeografía e Historia Francisco José Martínez. Tamén podedes consultar as entradas dos cursos anteriores.

Ligazón á primeira parte

Ligazón á segunda parte

Ligazón á terceira parte

  

O ALUMNO DE 2ºESO A MANUEL CARRASCAL PRADO CLASIFICADO PARA A FASE FINAL GALEGA DA OLIMPIADA DE MATEMÁTICAS

O alumno de 2ºESO A Manuel Carrascal Prado clasificouse na fase de zona que tivo lugar no IES A Xunqueira I o pasado 26 de abril para a fase final autonómica que terá lugar o xoves 24 de maio en Lugo. Parabéns e moita sorte na seguinte proba, Manuel.

Listaxe dos 40 participantes seleccionados para a fase final.

 

CARTEL GAÑADOR DO I CONCURSO DE CARTEIS "O DÍA DAS LINGUAS NO DÍA DE EUROPA"

Xa temos gañador do I concurso de carteis co lema "O día das linguas no día de Europa". O cartel tiña que ser representativo das linguas que se imparten no Centro: galego, castelán, inglés, francés, alemán, latín e grego. O cartel vencedor foi feito polos alumnos de 4º de ESO: Sabela Rodríguez, Ana Vidal, Mario Entenza, Saray Freijeiro, Iría Pombo coa colaboración de Irene Rodríguez. Noraboa aos gañadores.

 

 

9 DE MAIO: PROGRAMA DA CELEBRACIÓN DO DÍA DE EUROPA NO IES VALLE INCLÁN

O vindeiro mércores 9 de maio celebraremos no IES Valle Inclán o día de Europa co seguinte programa de actividades:

 

O logo do programa foi elaborado pola alumna de 4ºESO a Irene Rodríguez Ríos no que representa a dous galegos con gaita e pandereta tocando o himno de Europa.

ALUMNADO DE 2º DE ESO PARTICIPOU NA 1ª FASE DA OLIMPIADA MATEMÁTICA DA ZONA DE PONTEVEDRA

 O pasado xoves 26 de abril no IES Xunqueira I os alumnos de 2ºESO A: Manuel Carrascal e Iván García, de 2ºESO B: Manoel Mellid e Alicia Dopazo e de 2ºESO D: Paula García e Paula Riveiro participaron na primeira fase da Olimpiada Matemática organizada pola Asociación Galega de Profesores de Matemáticas. De cada zona saldrán 6 seleccionados para a fase final autonómica que se celebrará en Lugo a finais de maio. Nesta imaxe temos aos nosos representantes posando cos seus diplomas.

 

A ALUMNA DE 1º DE BACHARELATO CLARA MAURIZ CANOSA É PREMIADA E REPRESENTARÁ A ESPAÑA NAS OLIMPIADAS INTERNACIONAIS DE ALEMAN EN FRIBURGO

A alumna de 1º de Bacharelato Clara Mauriz Canosa foi premiada cunha bolsa de dúas semanas en Friburgo para participar na Olimpiada Internacional de Alemán con alumnado gañador de outros 70 países na segunda quincena de Xullo. Representará a España na categoría A2 e outra alumna dun instituto gaditano participará na categoría B1. Participarán nunha fase inicial preparatoria na que terán clases, obradoiros, xogos comunicativos, excursións,... que será a antesala das Olimpiadas Internacionais de Alemán que se celebrarán na segunda semana. Este concurso internacional celébrase cada dous anos. 

Aquí tedes o vídeo co que Clara acadou o seu premio, nel tiña que expoñer cales eran os seus trucos para aprender alemán.

 

As dúas alumnas españolas estarán acompañadas pola profesora de Alemán do IES Valle Inclán Mª Nieves Yáñez Purriños seleccionada e premiada tamén polo Instituto Goethe que terá a su vez formación específica con todos os profesores acompañantes dos 71 países participantes. 

O Instituto Goethe é a institución máis prestixiosa encargada da difusión e promoción da Lingua e Cultura Alemana no exterior. Pincha na imaxe para ter máis información das Olimpiadas Internacionais de Alemán.

 

VIDEOCONFERENCIA DA EUROPARLAMENTARIA DO PNV IZASKUN BILBAO AO ALUMNADO DA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

Este venres 27 de abril o alumnado de 4º de ESO do programa Escola embaixadora do Parlamento Europeo tivo na biblioteca do Centro unha videoconferencia coa eurodiputada do PNV Izaskun Bilbao centrada na comunicación na Unión Europea, como os eurodiputados intentan que chegue a información á cidadanía.

 

O MAPA DOS BICOS

 

O mapa dos bicos é unha actividade na que o alumnado de 1ºESO A e 2ºESO B e C, coordinado pola profesora en prácticas de Lingua Galega Aurora Redondo García e a súa titora Raquel Covacho, narra as historias que naceron nas vidas dos seus avós a partir dun bico e sitúano no lugar onde aconteceu. Tedes máis información nesta páxina de facebook e en instagram. 

OS MELLORES EN TRADUCIR AOS CLÁSICOS

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na Voz de Galicia entrevistando aos estudantes que foron premiados na IV Olimpiada de tradución de textos clásicos.

  

Precisamente este mércores 25 de abril celebrouse na Facultade de Filoloxía de Santiago o acto solemne de entrega de diplomas a todos os participantes e de premios aos ganadores da IV Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos.

 No acto interviñeron: Da. María José LÓPEZ COUSO, Decana da Facultade de Filoloxía da USC, Da. Cecilia VÁZQUEZ SUÁREZ, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, D. Benedict BUONO, Director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC, e D. José CARRACEDO FRAGA, Presidente de SEEC-Galicia.

Nesta edición da olimpìada os gañadores foron:

En lingua grega:
1º. Enrique SALVADO VIGO (IES Antonio Fraguas – Santiago de Compostela).
2º. Miguel ÁLVAREZ AMOEDO (IES Valle Inclán – Pontevedra).
3ª. Yanira GARCÍA PEREIRA (IES Valle Inclán – Pontevedra)

En lingua latina:
1ª. Mariña FERREIRO VILARIÑO (IES Melide – Melide)
2º. Enrique SALVADO VIGO (IES Antonio Fraguas – Santiago de Compostela)
3ª. Laura FERRER GALBÁN (IES Valle Inclán – Pontevedra)

BLOG BILINGÜE FRANCÉS-GALEGO PAR AMOUR DES MOTS: COÑECER A OBRA DE Mª VICTORIA MORENO

O alumnado da profesora de Francés Macamen Alonso está realizando un blog bilingüe francés-galego co obxectivo de dar a coñecer a obra da escritora homenaxeada este ano con motivo do día das Letras Galegas e ex-profesora do Centro María Victoria Moreno Márquez. Pincha na imaxe para ver o blog.

Distribuir contido