Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

OS INSTITUTOS NON PECHAN EN VACACIÓNS

Preme na imaxe para ver o arquivo publicado na Voz de Galicia o domingo 3 de xullo sobre a actividade nos centros nos meses de vacacións.

FOTOS EXCURSIÓN CANTABRIA 4º DE ESO

Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

A PROFESORA ANA SANTOS SUMA E SEGUE OURO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO

A profesora de Educación Física Ana Santos Solla obtivo a medalla de ouro na proba de 80 metros valados no campionato de España de Atletismo de veteráns que se celebrou en Elche. Parabéns profe, unha máis para a colección.

CONCEDIDO O SELLO DE CALIDADE DO PROGRAMA EUROPEO ETWINNING A 4º DE ESO A E A PROFESORA ANA SANTOS POLO SEU TRABALLO DE ACROSPORT

O grupo 4º de ESO A e a profesora de Educación Física Ana Santos Solla acaban de acadar o sello de calidade do programa europeo eTwinning polo seu traballo de Acrosport feito conxuntamente co Licée Félix Faure de Beauvais (Francia). Tedes toda a información sobre o seu proxecto nesta ligazón https://twinspace.etwinning.net/12263/homeParabéns a tod@s. Pincha no diploma para ver todas as fotografías.

 

REPRESENTACIÓN DE ARGALLADA: QUERIDOS REIS MAGOS ...

O pasado venres 10 de xuño tivo lugar no teatro Principal a representación da obra "Queridos reis magos..." do grupo de teatro de profesorado do IES Valle Inclán Argallada. Coma sempre non queda mais que dar os parabéns a todos os compoñentes do grupo pola magnífica representación que fixo pasar un moi bo rato aos asistentes.

 

CARLOS BEN ARRIBI DE 4º DE ESO E SABELA ESTÉVEZ COCHÓN DE 2º DE ESO PREMIADOS NO XXIII CONCURSO NACIÓNAL CANGURO MATEMÁTICO

Os alumnos Carlos Ben Arribi de 4º de ESO B e Sabela Estévez Cochón de 2º de ESO D foron premiados no XXIII Concurso Canguro Matemático - 2016 que se celebrou as 16:45 horas o xoves 17 de marzo de 2016 nas distintas sedes de toda España que habilitou a organización para a realización da proba. Parabéns aos dous premiados. Pinchando na imaxe tedes a lista de premiados e no texto a ligazón ás probas.

Ligazón ás probas (nivel 1 é 1º de ESO e nivel 6 2º de Bacharelato)

ARTIGO DA VOZ DE GALICIA SOBRE OS BRILLANTES RESULTADOS OBTIDOS NAS PAU POLOS NOSOS MELLORES EXPEDIENTES

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado este domingo 19 de xuño na Voz de Galicia sobre os brillantes resultados obtidos nas PAU polos nosos mellores expedientes. 

100 % APROBADOS ALUMNADO DE DIURNO NA PROBA DE SELECTIVIDADE

O alumnado do IES Valle Inclán tanto o de diurno como o de adultos obtivo uns moi bós resultados nas PAU que tiveron lugar a semana pasada. En diurno acadouse o 100% de aprobados e  sete alumnos/as superaron o nove na fase xeral. Parabéns a tod@s.

A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS SOLLA OBTÉN 3 OUROS NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE ATLETISMO DE VETERÁNS

A profesora de Educación Física Ana Santos Solla obtivo tres medallas de ouro nos Campionatos Galegos de Atletismo de Veteráns que tiveron lugar en Villagarcía nas probas de 100 e 200 metros lisos e 80 metros valados. Parabéns profe.

SIMULACIÓN MEDIANTE PROGRAMAS INFORMÁTICOS DE DESEÑO DO PARANINFO DO CENTRO

O alumnado de Educación Plástica e visual de 4º de ESO D baixo a dirección do profesor Isidro Cortizo realizou unha simulación con programas informáticos en 3D da entrada e do paraninfo do Centro. Neste vídeo podedes ver o resultado.

  

ARTIGO DA VOZ DE GALICIA SOBRE O ALUMNADO QUE OPTARÁ AOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Na imaxe da alumna do Centro Nuria Casas está a ligazón ao arquivo publicado na Voz de Galicia o mércores 15 de xuño sobre o alumnado que se presentará aos exames para intentar obter o Premio Extraordinario de Bacharelato.

ENTREVISTA NA VOZ DE GALICIA ÁS ALUMNAS PREMIADAS NO CONCURSO DE MODELADO 3D

No seguinte imaxe tedes a ligazón á entrevista publicada na voz de galicia o martes 14 de xuño ás alumnas de 1º de Bacharelato Ainhoa Esteban Moldes e Raquel Miranda Sieiro premiadas no concurso de Modelado 3D mediante fotografía organizado polo Concello de Santiago.

 

QUERIDOS REIS MAGOS NOVA OBRA DO GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES DO IES VALLE INCLÁN

 

O Grupo Argallada, que cumpre agora dez anos ( estreabamos alá por maio do 2006 a nosa primeira montaxe con moita ilusión, moitos nervios e moitas ganas), quere convidarvos á estrea de: QUERIDOS REIS MAGOS, unha obra que de seguro non vos ha deixar indiferentes. Unha comedia cun humor non exento dunha boa dose de ironía, protagonizada por pais e fillos, fillos e pais cunha visión do mundo non sempre coincidente. A perplexidade dos nenos ante algúns aspectos da vida, a incomprensión dos pais ante certos comportamentos dos seus fillos, a nostalxia da nenez... en fin que non podedes nin debedes perdela. Agardámosvos. Venres 10 de xuño ás 21:00 no Teatro Principal.

VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O pasado venres 3 de xuño o alumnado de 3º de ESO visitou o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e entre outras actividades poideron descubrir mediante diversas réplicas e obxectos característicos a evolución das técnicas cinexéticas na Prehistoria, converténdose en cazadores que deben despregar todo o seu enxenio e habilidades para acadar o seu obxectivo. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

 

 

INFORMACIÓN NA PRENSA 150 ANIVERSARIO VALLE-INCLÁN

Aquí tedes diferentes ligazóns a artigos publicados na prensa relacionados coa conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán. Para unha correcta visualización abrir os arquivos co Adobe Acrobat Reader.

Artigo publicado no Faro de Vigo do domingo 5 de xuño de 2016.

Artigo publicado no Diario de Pontevedra do sábado 28 de maio de 2016.

Artigo publicado no Diario de Pontevedra do venres 27 de maio de 2016.

Distribuir contido