Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

BEGOÑA FERRER, VIRGINIA MARESCOT E CANDELA SEOANE GAÑADORAS DO CONCURSO DE CLIPMETRAXE DE MANOS UNIDAS

Tres alumnas de 1º ESO A (Begoña Ferrer, Virginia Marescot e Candela Seoane) de Relixión Católica gañaron o premio do Concurso Clipmetraxes de Manos Unidas ao vídeo máis votado nas redes sociais de Secundaria de Galicia cun vídeo titulado "Para muchos no es nuevo" e co tema sobre "Consumo e desperdicio de alimentos".
 
Como anécdota sinalar que os presentadores da Final Autonómica que se celebrou o venres 8 de abril no IES Sánchez Cantón en Pontevedra foron antigos alumnos do Instituto: Eliana G. Bees y Alfonso Daniel Fernández.
Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.
 
 

VIAXE A ITALIA DE 1º DE BACHARELATO

Como é habitual o alumnado de 1º de bacharelato vén de realizar a súa excursión por Italia. Estiveron en Roma, Siena, Pisa, Florencia, Bolonia, Venecia e Verona.

En Roma visitaron o Panteón de Agripa, Coliseo, S. Pietro in Vincoli, Basílica de S. Pedro e museos Vaticanos, Sta. María do Popolo e Fontana di Trevi. Gozaron das prazas da República, Navona, España, Venecia, Popolo e dos Foros Imperiais, Castell Sant' Angelo, Quirinale, Arco de Constantino, Capitolio e das vistas dende os xardíns do Pincio.

 En Siena viron a súa catedral e a Praza do Campo, ademais do Palacio Chigi e a Loggia do mercado.

 En Pisa o conxunto monumental: Duomo, Campanille e e Battisterio.

 En Florencia admiraron o David de Miguel Anxo xunto co Duomo, praza da Signoria, Ponte Vecchio, ademais de gozar das súas rúas, mercados e prazas.

 En Bolonia, visitaron o Archigimnasio, antiga Universidade e hoxe Biblioteca Municipal.

 En Venecia admiraron os seus Palacios dende o Gran Canal e, por suposto a Praza de S. Marcos, Ponte dos Suspiros e Rialto.

 O último día visitaron a cidade de Verona e poideron imaxinar a escea entre Romeo e Xulieta baixo o célebre balcón da casa da namorada.

Ademais de toda esta arte relacionáronse con todos os seus compañeiros e disfrutaron ao longo destes días que ben seguro non esquecerán nunca. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

Uxía Ogea Costas de 1º de Bacharelato medalla de ouro con España no Open de Bélxica de Taekwondo

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado no Diario de Pontevedra o martes 5 de abril.

JULIA BAENA E ELBA GARCÍA DE 2º DE BACHARELATO ÚNICAS SELECCIONADAS DO CONCELLO PARA VIVIR A RUTA QUETZAL

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición online da Voz de Galicia o martes 5 de abril de 2016 ou no texto para ver a edición impresa.

Artigo na edición impresa

A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS SOLLA OBTÉN DÚAS MEDALLAS DE PRATA E UNHA DE BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE VETERÁNS

A profesora de Educación Física Ana Santos Solla obtivo dúas medallas de prata nos 60 metros valados e 200 metros lisos e unha medalla de bronce nos 60 metros lisos nos campionatos de España de atletismo de veteráns celebrados este fin de semana en Antequera. Noraboa profe.

COREOGRAFÍAS FINAIS PROXECTO ETWINNING

Aquí tedes a revista coas coreografías finais de 4º de ESO A, participantes no proxecto europeo Etwinning que este ano optan ao premio europeo.

Magazine créé avec Madmagz.

MAGNÍFICO RESULTADO NA II OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA DE GALICIA: A ALUMNA MARTA ARZÚA GONZÁLEZ SEGUNDO PREMIO INDIVIDUAL E O IES VALLE INCLÁN TERCEIRA MELLOR NOTA DE CENTROS DE GALICIA

Este venres, 4 de marzo, cinco alumnos de 2º Bacharelato do noso Centro: Marta Arzúa González, Laura Bemposta Iglesias, Luis Estévez López, Nerea Fernández Calviño e Paula Varela Fernández, participaron, na II Olimpíada Xeográfica de Galicia. Marta Arzúa González obtivo o segundo premio quedando clasificada para a fase estatal que terá lugar  en Salamanca os vindeiros 15, 16 e 17 de abril.  Como Instituto obtivemos a terceira mellor nota de grupo de Galicia. Noraboa a todos eles.

Pincha no texto (edición impresa) ou na primeira imaxe (edición na web) para ver o artigo publicado na Voz de Galicia o mércores 9 de marzo.

 

VIDEO DE CANDELA SEOANE, VIRGINIA MARESCOT E BEGOÑA FERRER DE 1º ESO A "PLÁNTALE CARA AL HAMBRE"

As alumnas de 1º ESO A de Relixión Católica Candela Seoane, Virginia Marescot e Begoña Ferrer realizaron este video para participar na VII Edición do Concurso de Clipmetrajes da ONG Manos Unidas. O tema é "O Consumo e o desperdicio de alimentos" dentro do desafío da fame no mundo. Merece a pena adicarlle o minuto e pico que dura.
 
 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro de 2016, con motivo do día de Rosalía de Castro  (data de nacemento da escritora) os alumnos Guillermo Meijón de 1º Bacharelato A, Beatriz Pais e María Paz de 1º de Bacharelato C leen poemas de Cantares Galegos nunha actividade organizada pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega

CLUB DE DEBATE 2016

O pasado sábado 20 de febreiro ao longo de todo o día, tivo lugar no Pazo da Cultura a primeira fase do Club de Debate  no que participaron sete equipos, en total 62 estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato dos IES Luis Seoane, Valle Inclán, Nº 1 do Carballiño, Poio, Ponte Caldelas e do IES Sánchez Cantón, que inscribiu dous equipos.

Cada equipo participou en dous debates; nun defenderon argumentos a favor e noutro argumentos en contra do tema Nacer muller é vivir en desigualdade. O noso Centro estivo representado polos alumnos/as: Beatriz Pais de 1ºBach C, Sarah Vidal e Rubén Vázquez de 1ºBach E, Nahiomy Núñez de 3º ESO B e Elena Corbillón, Paula Hermida, Laura de Sousa e Lucía Piña de 3º ESO D. Todos coincidiron en valorar esta actividade como moi positiva tanto dende o punto de vista formativo como de convivencia. Darlle a noraboa aos centros do Nº 1 do Carballiño e o Luís Seoane que se clasificaron para a seguinte fase. Na seguinte presentación tedes alguhas fotografías da xornada.

 

Club de debate by Slidely Slideshow

ACTIVIDADES NO MONTE 2ºESO

Dende o 16 ata o 19 de febreiro (1 mañá para cada grupo) o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída ao monte con dous obxectivos, o estudo dunha carballeira madura, onde se atoparon como curiosidades un exemplar de esgonzo, unha cobra con patas, e un niño de carriza. O outro obxectivo é a colaboración na reforestación dun monte degradado polos incendios forestais no que o Centro leva xa 9 anos plantando árbores para acadar a súa recuperación. A actividade desenvolvese grazas á colaboración do Concello que  proporciona o transporte e a asistencia de monitores, e da Mancomunidade de Montes Veciñais de Pontevedra, coa que está asinado un acordo de colaboración para plantar nos seus montes e proporciona as árbores necesarias. Na seguinte presentación están algunhas fotografías da saída.

 

MANS QUE CONSTRUIRÁN ROBOTS

Pincha na imaxe e poderás ler o artigo "Manos que construirán robots" publicado polo Diario de Pontevedra o sábado 20 de febreiro sobre a materia de Robótica de 1º de Bacharelato impartida pola profesora Edelmira Calvar.

O ALUMNO PABLO TOJAL CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE ATLETISMO

O alumno de 3º ESO A Pablo Tojal Castro acadou a marca necesaria para clasificarse ao campionato de España Cadete de salto con pértiga que terá lugar en Oviedo. Pincha na imaxe para ver o artigo publicado no Diario de Pontevedra o pasado venres 19 de febreiro.

 

VISITA DOS CENTROS ADSCRITOS

Estes días recibimos  a visita do alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos ao IES Valle Inclán: CEIP Álvarez Limeses, CEIP Barcelos e CPR San José, agardámalos para o vindeiro curso 2016-2017 coas portas abertas.

 

AS ALUMNAS IRENE ESTEBÁN E MARIÑA PAZ, GUITARRA E VOZ DO GRUPO FURIOUS MONKEY HOUSE

As alumnas Irene Esteban Teijeira de 1ºESO C e Mariña Paz Otero de 1ºESO B son respectivamente a guitarra e a voz do grupo Furious Monkey House. Que é Furious Monkey House? unha banda de rock de moda composta por uns rapaces de arredor de 13 anos. O que comenzou cunha actividade extraescolar de música no CEIP Barcelos impartida por un profesor de música Gonzalo Maceira (o mono) e a ilusión de gravar unha maqueta, acaba de concretarse coa publicación do seu primeiro disco, run, gravado en parte nos estudos Abbey Road en Londres. Mañá, sábado 13 de febreiro actúan no teatro Lara en Madrid dentro do 40 aniversario do xornal El País e o seu seguinte concerto será o venres 4 de marzo na Coruña as 20:30 horas no teatro Colón. Nas seguintes ligazóns e vídeos poderedes coñecelos un pouco máis.

Páxina oficial do grupo Furious Monkey House

Artigo publicado no Pais

 

Distribuir contido