Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

ESTUDANTES QUE SACAN DECES

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na Voz de Galicia o domingo 5 de xuño sobre o alumnado do noso Centro que tivo matrícula de honra.

ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO PARTICIPAN NA GLADIATOR RACE NA ILLA DAS ESCULTURAS

Este sábado 4 de xuño celebrous a Gladiator Race na Illa das Esculturas, una proba de 11 km con 30 obstáculos que se celebrou pola mañá onde participou Ainhoa Esteban e pola tarde Teresa Gálvez, Sara Flores, Beatriz Filgueira e Ana Rodriguez fixérono sobre 5 km con 11 obstáculos, parabénes ás nosas intrépidas guerreiras de 1º de Bacharelato.

 

A ALUMNA DE 1º DE ESO PAULA DOMÍNGUEZ BARREIRO ACADA DOUS PREMIOS LITERARIOS

A alumna de 1º de ESO Paula Dominguez Barreiro acadou dous premios literarios, o IV Certame de Relato Curto organizado  pola FANPA de Pontevedra na categoría de Educación Secundaria polo texto titulado "Cavilacións de Sobremesa" (Ligazón ao reportaxe da entrega de premios) e tamén foi premiada no XIII Concurso Literario do Concello de Ames no que aparece na recollida de premios nestas imaxes. Parabéns á nosa escritora.

 

AS ALUMNAS RAQUEL MIRANDA SIEIRO E AINHOA ESTEBAN MOLDES DE 1º DE BACHARELATO, A PROFESORA CONSUELO BLANCO BLANCO E O DEPARTAMENTO DE DEBUXO GAÑAN UN PREMIO DE MODELADO 3D A PARTIR DE FOTOGRAFÍAS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE SANTIAGO

As alumnas de 1º de Bacharelato B Raquel Miranda Sieiro e Ainhoa Esteban Moldes xunto coa profesora Consuelo Blanco Blanco e o departamento de Debuxo acaban de obter os premios do concurso organizado polo Concello de Santiago, Ferrovial e a Universidade de Santiago de modelado 3D a partir de fotografías con tema o medio ambiente. Parabéns para todos eles. Aquí tedes a ligazón aos traballos das alumnas premiadas.

RAQUEL MIRANDA- C.BLANCO-PONTEVEDRA by Grupo de Investigación USCAN3D on Sketchfab

 

O concurso de modelado 3D fomenta entre o estudantado galego a educación en valores ambientais. Aquí tedes a información do mesmo.

O Concello de Santiago, en colaboración coa USC e a empresa Ferrovial, vén de poñer en marcha o concurso COMPOS3D de modelado 3D a partir de fotografías, co obxectivo de fomentar a educación en valores medioambientais. O certame enmárcase nas actividades de celebración na cidade do Día Mundial do Medio Ambiente, e está dirixido a estudantes de entre 14 e 17 anos. 

No concurso, promovido na USC polo seu Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o grupo de investigación D3MOBILE, poden participar equipos formados por un alumno e o seu profesor, de calquera centro de ensino regrado de Galicia. Os profesores poderán formar parte de distintos equipos, tutelando a cantos estudantes desexen. 

Botando man de instrumentos tan familiares para os mozos como un teléfono móbil, unha tablet ou un ordenador, os participantes realizarán un modelo 3D virtual a partir dun obxecto da súa contorna. Tamén terán que elaborar un vídeo do modelo, que poderá ser editado. O 2 de maio remata o prazo para presentar os traballos, que serán valorados pola súa creatividade, orixinalidade, calidade e beleza, así como polo grao de vinculación coa temática do medio ambiente.

Premios
O concurso COMPOS3D establece catro premios, dous para os mellores equipos de centros de Santiago e outros dous para os de Galicia, consistentes en dúas tablets (unha para o alumno e outra para o profesor). Ademais, para os dous centros educativos –de Santiago e Galicia- que acaden en conxunto unha maior puntuación sumando as dos seus equipos adscritos haberá unha impresora 3D. 

Compostela, pioneira
Coa organización deste evento, Compostela convértese na primeira cidade en utilizar o modelado 3D a partir de fotografías como ferramenta para o fomento da educación en valores ambientais. Trataríase da mesma formulación que ten calquera concurso de fotografía, vídeo, pintura, narración, etc., pero en lugar de utilizar eses soportes os participantes utilizarán o modelado 3D, unha técnica que está a converterse nunha potente ferramenta de rexistro de información que xa utilizan diariamente moitos escolares, universitarios e profesionais en todo o mundo. 

INTERCAMBIO DE 4º DE ESO NA CIDADE ALEMANA DE LICH

Este pasado mes de abril o alumnado de alemán de 4º de ESO poido disfrutar da experiencia de realizar un intercambio cun Instituto da cidade alemana de Lich (al norte de Francfurt). Estiveron aloxados coas familias dos estudantes alemáns e uns días despois cambiaron os papeis e actuaron como anfitrións en Pontevedra dos xóvenes alemáns. Pincha na  imaxe para ver todas as fotografías.

 

 

PREPARACIÓN DO CENTRO E EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DO ALUMNADO EN CONMEMORACIÓN DO 150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

Nas seguintes imaxes temos unha mostra do traballo do equipo do profesorado que está desenvolvendo o programa de homenaxe a Valle-Inclán na ornamentación do Centro e os traballos feitos polo alumnado para a exposición que se centra nos seguintes nove tema: Valle-Inclán e o IES Valle Inclán, a Pontevedra de Valle-Inclán, Valle-Inclán e o seu tempo, o alumnado reinterpreta a Valle-Inclán, Valle-Inclán e a esgrima, Valle-Inclán corresponsal de guerra, Valle Inclán: Historia e mundo clásico e Valle Inclán: Bibliografía (biblioteca). Noraboa a todos os participantes polo seu traballo. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

 

CONFERENCIA DO NETO DE VALLE-INCLÁN CO TÍTULO "VALLE-INCLÁN DESEÑADOR DE LIBROS"

Esta mañá tivo lugar no paraninfo do Centro a conferencia impartida polo neto de Valle Inclán Xaquín del Valle Inclán Alsina co título "Valle-Inclán deseñador de libros" para o alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. Este acto pode considerarse como o comezo das actividades que se irán desenvolvendo co gallo de conmemorar os 150 anos do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO 150 ANIVERSARIO DO ESCRITOR RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN NO INSTITUTO

Un equipo de profesores do Centro elaborou un moi atractivo programa de actividades de conmemoración do 150 aniversario do nacemento do dramaturgo, poeta e novelista Ramón María del Valle-Inclán. As primeiras actividades son unha exposición con traballos do alumnado relacionados coa vida e obra de Valle e unha conferencia para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato co título "Valle-Inclán, deseñador de libros",  que impartirá o neto do escritor Xaquín del Valle Inclán Alsina, este venres 27 de maio ás 12 horas no paraninfo do Centro. Pincha na imaxe para ver o programa completo de actividades previstas no que se irán concretando as datas e horas dos eventos.

REPRESENTACIÓN TEATRAL DE DOUS AUTOS DE MANUEL MARÍA POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO

 O pasado mércores 25 de maio o alumnado de 1º de ESO representou no paraninfo do Centro dous autos de Manuel María: Os simulados de Caravilla e o regato do Cepelo. No  mesmo acto a directora entregou os premios do certame das tarxetas de Nadal. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

 

A ALUMNA DE 1º DE BACHARELATO TERESA GÁLVEZ ESTÉVEZ CONVOCADA A UNHA CONCENTRACIÓN DE FUTUROS TALENTOS DE RUGBY DE TODA ESPAÑA

A alumna de 1º de Bacharelato Teresa Gálvez Estévez xogadora de rugby no Pontevedra Rugby Club foi convocada a unha concentración de tecnificación nacional na Coruña. Pincha na imaxe para ver a entrevista no Diario de Pontevedra.

A ALUMNA DE 3º DE ESO MERCEDES FERNÁNDEZ GONZÁLEZ OBTÉN O SEGUNDO PREMIO NO CONCURSO NACIONAL DE DANZA ANAPRODE

Pinchando sobre a imaxe tedes o artigo publicado no diario de pontevedra o sábado 21 de maio relacionado co segundo premio obtido pola alumna de 3º de ESO Mercedes Fernández González no concurso de danza Anaprode no que interveñen escolas de danza de toda España. (Para unha mellor visualización descargar o pdf e abrilo co Acrobat Reader).

ACTO DE 2º DE BACHARELATO

O pasado xoves 19 de maio tivo lugar no IES Valle Inclán e no Teatro principal o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Parabéns para todos, moita sorte e lembrade que agardamos as vosas visitas á que é a vosa casa. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

 

 

RECITADO DE POEMAS DE MANUEL MARÍA POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO NA BIBLIOTECA DO CENTRO

O pasado xoves 19 de maio tivo lugar na biblioteca do Centro un recitado de poemas de Manuel María polo alumnado de 1º de ESO. Pincha na imaxe inferior para ver máis fotografías.

 

ENTREVISTA ÁS ALUMNAS DE 3º DE ESO SARA ABILLEIRA E CARLA GOYANES NO DIARIO DE PONTEVEDRA

Nas seguintes ligazóns pinchando sobre as imaxes tedes as entrevistas as alumnas de 3º de ESO Carla Goyanes García (Natación) e Sara Abilleira Martínez (Piragüismo) publicadas no Diario de Pontevedra. Para visualizalas ben descargar os pdfs e abrilos co Acrobat Reader.

 

 

CLAUDIA ATRIO, SILVIA MARTÍN E CELIA RODRÍGUEZ PREMIADAS NO BEN VEÑAS MAIO 2016

Ligazón ao listado dos premiados publicado en Pontevedra viva

No concurso literario do Ben Veñas Maio 2016, foron premiados os seguintes alumnos do IES Valle Inclán

Silvia Martín Blanco (1º ESO C), 1º premio poesía, categoría A por Nena deitada na pedra.

Claudia Atrio González (1º ESO C), 2º premio poesía, categoría A por Esquecido e 2º premio narrativa, categoría A por Bágoas de tempo.

 

Celia Rodríguez Villaverde (1ºBACH D), 2º premio poesía, categoría B por Disparos de silencio.

 

Noraboa a todas elas.

 

 

Distribuir contido