Curso 2011-2012

Xubilacións 2012

 

Acaba outro curso máis e con el unha nova remesa de profesores (este ano Luis Durán Torrado, Gonzalo Hierro López e Rosa Sotelo Veiras) finaliza a súa vida docente. Coa satisfacción do deber cumprido e despois de case corenta anos dedicados ao ensino ben merecen agora un descanso. Todos os botaremos de menos e os lembraremos con cariño e agardamos que o sentimento sexa mutuo. (Máis fotos)

Excursión aos Picos de Europa

Na semana do 19 ao 23 de xuño o alumnado de 4º ESO realizou a viaxe de fin de etapa.  Uns días de intensa convivencia para celebraren -a maioría!- o éxito nos seus estudos. Tomando como base o albergue Palacio de la Teyería, en Mestas de Con, visitaron Cudillero, Santander, Santillana del Mar (onde viron as neocovas de Altamira), Cangas de Onís, Covadonga e a praia das Catedrais. Ademais tamén tiveron actividades deportivas, como unha ruta de senderismo polos lagos de Covadonga, o descenso do río Sella en canoa ou unha sesión de paintball. (Máis fotos)

Aulularia, de Plauto

O venres, 21 de xuño (como podemos ver no cartel que a anunciaba) foi representada a obra Aulularia, de Plauto no Teatro Principal por alumnos e alumnas de Humanidades do IES Valle Inclán, A Xunqueira I e A Xunqueira II. Ademais de pasaren todos eles bons momentos mentres a ensaiaban e facérennos gozar a todos os espectadores cando a vimos, recadaron cartos para a viaxe a Grecia que van realizan a principios do próximo mes.

O elenco da obra, dirixida pola profesora María Álvarez, estaba formada por Ánxel Carramal Fernández, Carmen Córcoba Conde, Agustín Fernández Couto, Sara Gallego Piñeiro, Aida García Balboa, Sara López Lago, Javier Maquieira Pereira, Atenea Luana Martínez Álvarez, Carlota Paz Otero, Sara Pazos Martínez, María Pena Fraiz, Melisa Ríos Brito, Carmen Rodríguez Rodríguez, Adriana Sánchez Martín, Laura Torres Buceta, Roberto Vázquez González e Javier Villar Aguilar. (Máis fotos)

Desenmascarando o pasado

Conto froito dunha actividade creativa realizada polo alumnado de 1º ESO A nunha aula de Lingua galega e literatura. Todos e cada un participaron na escrita dunha parte do mesmo, así como na elección do título.

Desenmascarando o pasado


Un soño cheo de realidade

Conto froito dunha actividade creativa realizada polo alumnado de 1º ESO C nunha aula de Lingua galega e literatura. Todos e cada un participaron na escrita dunha parte do mesmo, así como na elección do título.

Un soño cheo de realidade

 

Saída didáctica a Xeve

O alumnado de 2º ESO realizou unha saída dentro do programa de actividades ofertadas polo Concello. Esta actividade constou de dúas partes: o estudo da biodiversidade nun monte de Xeve afectado por un incendio e a eliminación de invasivas (mimosas) nas marxes do río Lérez. (Máis fotos)

Gañadores do concurso de poesía

 Jorge Gallego Veiga

1º ESO B

 Alejandra Gómez Villanueva

3º ESO B

 Pilar Mª Casas Portero

1º Bach. Adultos

2º Bacharelato. Fin de curso

Un curso máis, unha nova promoción de Bacharelato abandona o centro para emprender novos camiños. O 16 de maio foi o seu día, cando xa libres de exames -ou case- celebraron o seu acto de despedida. Todos e todas están guapísimos coas súas mellores galas gozando dunha tarde-noite de felicidade.  (Fotos do acto, xentileza de Beni Feijóo) (Outras fotos)

Aquí podedes acceder a unha retrospectiva do seu paso polo IES Valle Inclán.

Teatro Skene: Sorpresa!

 O día 24 de maio o grupo de teatro do centro, Skene, dirixido por Manuel Solla e formado este ano por Aitana Abal Gómez, Alba Leiro Raposo, Inés Míguez Varela, Alba Parga Lois, Alberto Pérez Portela, Laura Prado Argibay, Ana Vila Espinosa e Alba Vilar González estreou con éxito a obra Sorpresa!. Asistiu a esta primeira representación o alumnado de 3º ESO. (Mais fotos)

Visita a Campo Lameiro

 O venres 25 de maio todo o alumnado de 3º ESO realizou no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro un percorrido por tres espazos diferenciados: a área arqueolóxica, onde puideron observar os petróglifos en contacto coa natureza; a recreación dun antigo poboado, o que lles permitiu contemplar como vivían os antergos prehistóricos e unha visita ao Centro de Interpretación, onde viron unha exposición e un audiovisual sobre a arte rupestre. Unha experiencia excepcional cunha viaxe á prehistoria en plena natureza! (Máis fotos)

 

Argallada: Idade de ouro

 

Dentro da Mostra de Teatro Ben veñas maio, organizada como todos os anos polos equipos de normalización lingüística dos institutos de Pontevedra, tivo lugar o pasado venres día 25 a estrea da nova obra de teatro do grupo Argallada, formado por profesores e exprofesores do IES Valle Inclán. Idade de ouro é unha montaxe escrita pola directora Charo Valcárcel e, como xa nos teñen acostumados, foi todo un éxito de público e de críticas. (Máis fotos)


Saída didáctica ao río Almofrei

O alumnado de 1º ESO realizou saídas didácticas ao río Almofrei durante as cales aprendeu a recoñecer plantas e froitos silvestres que antano formaban parte das nosas despensas polo seu alto valor nutritivo e  as súas aplicacións medicinais, ademais de identificar e entender os diferentes ecosistemas vistos ao longo do percorrido: pradaira, vexetación de ribeira, monte... ( Novas fotos)

Concerto en Santiago

Se no pasado mes de xaneiro o alumnado de 3º A e B asistiu a un concerto en Santiago, agora tocoulles o turno aos de 3º C e D que escoitaron tamén a Orquestra Real Filharmonía de Galicia dirixida por Máximo Zumalave interpretando o concertino para clarinete e orquestra de Carl Maria von Weber e o concertino para trombón e orquestra de Frik Larsson.

Viaxe do alumnado de 1º de Bacharelato a Italia

Do 23 ao 30 de marzo o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha excursión a Italia. Foi unha viaxe moi ben aproveitada pois durante eses días visitaron Venecia cos seus canais, pontes e góndolas; Florencia (Santa María di Fiori, Baptisterio de S. Juan, Piazza della Segnoria, Palacio Vecchio, Ponte Vecchio, Palacio Pitti, Academia), Pisa, Lucca, Siena (catedral, piazza dei Campi) e Roma (Coliseo, Foros, Museos Vaticanos, Basílica de San Pedro, S. Pietro in Vincoli, Piazza Navona, Fontana di Trevi, Piazza de España, Castel Sant'Angelo, Santa María in Cosmedin, Campo di Fiore, Pantheon, Piazza del Popolo)... Mais non todo foi arte, como podemos ver nas fotos tamén tiveron tempo para divertírense. (Máis fotos)

Marcapáxinas

 

A convocatoria do concurso de marcapáxinas obtivo un rotundo éxito: non hai máis que ver a cantidade recibida (e nesta foto non están todos!). (Máis fotos)

Distribuir contido