Xubilacións 2012

 

Acaba outro curso máis e con el unha nova remesa de profesores (este ano Luis Durán Torrado, Gonzalo Hierro López e Rosa Sotelo Veiras) finaliza a súa vida docente. Coa satisfacción do deber cumprido e despois de case corenta anos dedicados ao ensino ben merecen agora un descanso. Todos os botaremos de menos e os lembraremos con cariño e agardamos que o sentimento sexa mutuo. (Máis fotos)

Hierro e Durán, Grazas

Foron grandes profesores. Con Durán deixei de odiar o Inglés, e con Hierro ata tiven a tentación de facer quimica logo do instituto. Grazas.