QUERIDOS REIS MAGOS NOVA OBRA DO GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES DO IES VALLE INCLÁN

 

O Grupo Argallada, que cumpre agora dez anos ( estreabamos alá por maio do 2006 a nosa primeira montaxe con moita ilusión, moitos nervios e moitas ganas), quere convidarvos á estrea de: QUERIDOS REIS MAGOS, unha obra que de seguro non vos ha deixar indiferentes. Unha comedia cun humor non exento dunha boa dose de ironía, protagonizada por pais e fillos, fillos e pais cunha visión do mundo non sempre coincidente. A perplexidade dos nenos ante algúns aspectos da vida, a incomprensión dos pais ante certos comportamentos dos seus fillos, a nostalxia da nenez... en fin que non podedes nin debedes perdela. Agardámosvos. Venres 10 de xuño ás 21:00 no Teatro Principal.