Curso 2020-2021

MOI BOS RESULTADOS DO ALUMNADO DO IES VALLE INCLÁN NA ABAU

Este xoves 18 de xuño publicaronse as cualificacións da proba de acceso á universidade, na que o alumnado do IES Valle Inclán obtivo moi bos resultados. Sirva como exemplo que 19 alumnos acadaron unha nota na parte xeral superior a 9 e que de 98 alumnos presentados de diúrno e adultos 94 obtiveron a cualificación de apto. Parabéns e moita sorte na etapa universitaria que agora comeza.

OS ALUMNOS MARIO GONZÁLEZ E RAFAEL LOGROÑO CAMPIÓNS DE ESPAÑA XUVENÍS DE BALONMÁN CO CISNE

Os alumnos de 1º de Bacharelato Mario González Doval e Rafael Logroño Ferro acaban de proclamarse campións de España na categoría xuvenil de balonmán co seu equipo o Cisne. Na final derrotaron ao todopoderoso FC Barcelona por 32 - 34. Parabéns por este gran éxito e a continualo nas seguintes categorías.

Pica na seguinte ligazón para ver o partido da final.

Final FC Barcelona - Cisne

OBRADOIRO DE COMERCIO XUSTO

O pasado 2 de Xuño o alumnado de 4º de ESO da materia de Valores éticos acompañado pola súa profesora María de los Santos asistiu a un obradoiro sobre Comercio Xusto nas "Galerías Oliva". É alí onde está situada unha das tres tendas de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional Galicia (As outras dúas están en Ourense e A Coruña).

O obradoiro foi coordinado por María Caride e María Paz membros da dita ONG e o obxectivo foi a sensibilización do alumnado fronte ao consumo, promovendo o mesmo dun xeito máis responsable e reflexionando sobre o seu impacto global na sociedade.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

PONTENCIENCIA 2021: ESTUDO DA EFICIENCIA DUN COLECTOR SOLAR CASEIRO NO QUENCEMENTO DA AUGA

Dentro do marco do programa Pontenciencia que organiza o concello de Pontevedra en colaboración coa "Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología", o alumnado de 4ºESO B e F de Tecnoloxía coordinados pola súa profesora Edelmira Calvar desenvolveu un proxecto de "Estudo da Eficiencia dun Colector Solar Caseiro no Quencemento da Auga". Para isto fabricaron un colector solar con materiais caseiros, económicos e accesibles e analizaron o quencemento producido en diferentes situacións ambientais atendendo ao tempo atmosférico, temperatura exterior e hora do día.

Na posta en práctica acadaron incrementos de ata 24 graos en 30 minutos nun día soleado, o que demostra que podería colocarse por exemplo como ducha exterior dunha vivenda con saída de agua directa do colector.

Todo este traballo quedou resumido no vistoso pósteexposto na entrada do Centro e que utilizou o alumnado para a presentación do proxecto ao xurado de Pontenciencia. 

Fai click na seguinte imaxe para ver o vídeo da presentación elaborado polo alumno Agustín Xiaodong De la Torre.

Pica na imaxe seguinte de Daniela Cuéllar e Gabriel Fontenla no acto de entrega de diplomas para ver todas as fotografías.

 

PLAN PROXECTA POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE

Dentro do Plan Proxecta por 365 días de respecto e igualdade o alumnado de 4º de ESO tivo unhas charlas impartidas por Ángela Fraga (da cooperativa "Feitoría verde") co título "Diversidades Sexo-xenéricas e afectivo-sexuais". Pica na imaxe para ver máis fotografías.

PLAN PROXECTA: FROITA NA ESCOLA

Ao longo desta semana continua desenvolvendose no marco do plan proxecta e o programa froita escolar, coordinado polo Departamento de Educación Física, a entrega dunha froita distinta cada día ao alumnado no recreo. Pica na imaxe para ver as froitas desta semana.

O COIDADO NOS CONTOS DE PARDO BAZÁN

O 12 de maio de 1921 falecía Emilia Pardo Bazán, unha das máis importantes escritoras de finais do s. XIX. Un século despois, coma homenaxe desta efeméride, o alumnado  de 4º ESO reflexiona sobre o coidado en algúns dos seus contos. Pica na seguinte imaxe para ver o vídeo.

 

SEMANA DE EUROPA NO IES VALLE INCLÁN

Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo

A Escola Mentora Embaixadora IES Valle-Inclán coordinada pola profesora Leonor Rodríguez Tato celebrou esta semana o día de Europa (9 de maio) desenvolvendo as seguintes actividades: 

1. O alumnado do Centro realizou concursos sobre a Unión Europea  nas clases para  dar a coñecer as cuestións básicas da UE:  Cantos países forman a UE?  Cantas son as  linguas oficiais? É o galego unha lingua oficial da UE?  Cal  é o órgano de goberno da UE? Que oito países non utilizan o euro? Cal é o país máis pequeno,  e o máis grande? O de máis densidade de poboación? Cal é a diferencia entre Consello e Consello Europeo ?. Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

 

2. INFOPOINT: Día  de  Europa con preguntas básicas con código QR e novas de maio da UE. Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

 

 3. O xoves  6 de maio o alumnado Embaixador de 1º Bacharelato tivo dúas videoconferencias organizadas por Europe Direct a Coruña  sobre bolsas ERASMUS.

O alumnado e exalumnos Erasmus falaron dos seguintes puntos:

  • Certificación de idiomas para bolsas Erasmus
  • Bolsas da Xunta e do Ministerio 
  • Organizacións como ESN que axudan a estudantes Erasmus 
  • Materias convalidadas 
  • Podcast: Destino Erasmus 
  • Países aos que pedir destino dependendo do perfil do alumno

 Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

  

4. O venres 7 de maio alumnos Embaixadores desprazáronse ao colexio Alvarez Limeses para falar da UE cos mapas entregados por Europe Direct A Coruña co fin de que o alumnado poidese comentar os símbolos de cada país e debuxar a súa visión da UE. Tamén entregaron e explicaron nos colexios San Xosé e Barcelos estes mapas. Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

 

A UNIÓN EUROPEA: SABERÍAS CONTESTAR?

Pica na imaxe e proba os teus coñecementos sobre a Unión Europea.

OBRADOIRO "POESÍA E COIDADOS" CO ALUMNADO DE 2º DE ESO

Este luns e martes 3 e 4 de maio tivo lugar o obradoiro coa temática "Poesía e Coidados" para o alumnado de 2º de ESO. Este obradoiro de reflexión e escrita creativa impartido pola escritora Elvira Ribeiro Tobío é unha actividade do Club de Letras do Centro. Pica na seguinte imaxe para ver todas as fotografías.

CONVOCADO O V CERTAME DE RELATOS VALLE-INCLÁN

Co ánimo de fomentar a calidade fabuladora e creativa do noso alumnado así como de homenaxear ao autor vilanovés que da nome ao noso Centro, convócase o V Certame de relatos Valle-Inclán. Picade na seguinte imaxe para ver as bases do concurso e animarvos a participar. Hai dous premios en cadaunha das tres categorías (1º-2ºESO, 3º-4ºESO e 1º-2ºBACH).

 

OS EX-ALUMNOS DO CENTRO IAGO LASTRA E SANTIAGO MUNÍN COMPARTIRON A SÚA EXPERIENCIA EDUCATIVA E PROFESIONAL COMO ENXEÑEIROS INFORMÁTICOS CO ALUMNADO DE TIC II

Este xoves 29 de abril os enxeñeiros informáticos Iago Lastra e Santiago Munín, antigos alumnos do Centro,  compartiron  a súa experiencia educativa e profesional co alumnado de TIC II de 2º de Bacharelato. Iago, que traballa como programador web para unha empresa de San Francisco (EEUU) e Santiago que traballa en Google na cidade de Zurich amosaron as  opcións profesionais que abre a carreira de Enxeñería Informática, recordaron algunhas anécdotas como alumnos do Instituto, sinalaron as súas vivenzas académicas e profesionais que lles marcaron e responderon as dúbidas do alumnado.

 

 

PILAR GARNELO MEDALLA DE OURO NO TROFEO SANT JORDI DE ESGRIMA

A alumna de 3º de ESO Pilar Garnelo Hermida pertencente á Escola Hungaresa, acadou a medalla de ouro no Trofeo Sant Jordi de esgrima celebrado en Sabadell. A proba era puntuable para o ranking nacional de sable de categoría M-15 e clasificatoria para o Campionato de España. Parabéns á nosa deportista, pica na imaxe para ver o artigo publicado en Pontevedra Viva.

ENTREGA DOS PREMIOS DA AXENCIA TRIBUTARIA AO ALUMNADO DO IES VALLE INCLÁN CORRESPONDENTES AO CURSO 2019-2020

Este venres 23 de abril tivo lugar no paraninfo do Centro a entrega dos premios do Programa de Educación Cívico-Tributaria correspondentes ao curso 2019-2020 por parte do Secretario Xeral da AEAT de Pontevedra Roberto Rúas González e a Axente da AEAT Rebeca Calviño. O noso alumnado da materia de Economía premiado é:

 

Categoría Redacción:

Paula González Lorenzo (2ºBACH E)

Raúl Pereiras Sanmartín (2ºBACH E)

Nerea Veiga Amestoy (2ºBACH D)

 

Categoría Cartel:

Lara Reguera Acuña (2ºBACH D)

 

Categoría Vídeo:

Carmen Castro Tejeiro (2ºBACH D)

Raquel Fernández Fraguas (2ºBACH D)

 

Parabéns aos galardonados e moita sorte no concurso nacional. 

Pica na imaxe dos premiados coa súa profesora Mabel Peña para ver todas as fotografías do acto.

 

UNHA ADOLESCENCIA DE COIDADO!: EMOCIÓNS,SENTIMENTOS E BO TRATO

O Club de Letras 2020-2021 "O coidado" parou desta volta nun aspecto moi importante: o coidado emocional na adolescencia e, fundamentalmente, a súa expresión na situación actual.

Así, este luns 18 de abril, o alumnado dos grupos de 3º ESO  traballaron, da man de Dª Ángela Fraga (Feitoría Verde), a identificación e expresións de emocións e sentimentos na situación actual. Durante as dúas sesións do obradoiro, puideron analizar as súas propias vivencias e reflexionar sobre as ferramentas coas que desenvolver os coidados, tanto no plano persoal como grupal.

Pica na imaxe para ver todas as fotografías.

Distribuir contido