Curso 2020-2021

COIDA A TÚA VOZ CO ALUMNADO DA SECCIÓN BILINGÜE DE MÚSICA DE 2º DE ESO DE INGLÉS

O alumnado de  2º ESO- Seccción Bilingüe (inglés)  está a desenvolver diferentes traballos en torno ao tema do coidado da voz no marco do programa do Club de Letras que este ano está adicado a "O coidado".
A través do blogue VOICE CARE poderán ser visualizados algúns destes traballos que continuarán a ser publicados durante o vindeiro trimestre.
Pica na seguinte imaxe para acceder ao blogue.
 
 
 
 

CAMPAÑA "NON MORE MATILDAS" DA ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

Dentro da campaña "no more Matildas" das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo e polo día da muller traballadora e a Muller na ciencia  os alumnos do IES Valle-Inclán crearon un mosaico en inglés, francés e alemán  para visibilizar o papel da muller con biografías e fitos de mulleres importantes que deberiamos coñecer.

O nome do que se coñece como efecto Matilda xurde en honra de Matilda Joslin Gage, a primeira activista en denunciar a inxustiza de ignorar de xeito sistemático os logros de brillantes científicas ao longo da historia.

 

 

APRENDENDO PRIMEROS AUXILIOS

Ao longo destes meses o departamento de Educación Física ven desenvolvendo o “Proxecto Salvando vidas - Formación en Soporte Vital Básico” en todos os cursos desde 1º de ESO a 1º de Bacharelato.

É un proxecto anual no cal existe una formación teórica en todos os cursos implicados e unha formación práctica nos cursos de 1º e 3º da ESO.

Na parte teórica reciben formación sobre o Soporte Vital Básico (SVB), o protocolo Protexer-Alertar-Socorrer (PAS), a Reanimación Cardiopulmonar básica (RCP), o emprego do Desfibrilador Seminautomático (DESA) e a Posición Lateral de Seguridade (PLS).

Nos cursos con parte práctica realizan unha valoración inicial da situación e como actuar, facendo unha RCP de dous minutos e a colocación do DESA.

A parte práctica faise grazas á colaboración da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, xa que realizou unha cesión do material específico para a formación: os bonecos para a RCP e o DESA específico de aprendizaxe.

A continuación preséntase unha serie de imaxes dalgunhas situacións da parte práctica: a primeira corresponde ao emprego do DESA, a segunda tomouse durante a realización da RCP e a terceira é un modelo de informe básico da RCP feito inmediatamente polo boneco.

 

COIDA A TÚA VOZ CO ALUMNADO DA SECCIÓN BILINGÜE DE MÚSICA DE 2º DE ESO DE INGLÉS

O alumnado de  2º ESO- Seccción Bilingüe (inglés)  está a desenvolver diferentes traballos en torno ao tema do coidado da voz no marco do programa do Club de Letras que este ano está adicado a "O coidado".
A través do blogue VOICE CARE poderán ser visualizados algúns destes traballos que continuarán a ser publicados durante o vindeiro trimestre.
Pica na seguinte imaxe para acceder ao blogue.
 
 
 
 

VIDEOCONFERENCIAS CO COLEXIO MIGUEL DE CERVANTES DE SAO PAULO (BRASIL): COMPARTINDO EXPERIENCIAS DE PANDEMIA

O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de análise do discurso impartida polo profesor de Lingua Castelá Jesús Portela, realizou varias videoconferencias con alumnos do colexio Miguel de Cervantes de Sao Paulo en Brasil, nas que compartiron experiencias persoais relacionadas sobre todo coa pandemia na que estamos inmersos. Pica na primeira imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia e na segunda para ver máis fotografías.

 

 

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC: 23 AO 25 DE MARZO

Pica na seguinte imaxe para poder acceder entre os días 23 e 25 de marzo a todos as ligazóns xerais e dos diferentes graos da Universidade de Santiago de Compostela, nas que poderás unirte ás diferentes videoconferencias de información dos graos nos horarios sinalados na propia páxina.

EXPOSICIÓN ITINERANTE: A MULLER NO DEPORTE

Co fin de visibilizar e apoiar o deporte feminino, na planta baixa do Centro podedes ver a exposición itinerante de fotografías "A muller no deporte" da asociación MUDEGA na que a Presidenta en funcións é a profesora de Educación Física Mercé Barrientos Varela. Nas imaxes podemos ver dende deportistas de renombre como Teresa Portela e Ana Peleteiro ata nenas e xóvenes deportistas de base. Podes picar na primeira imaxe para ver algunhas das fotografías da exposición.

 

 

DOUS EQUIPOS DE 1º DE BACHARELATO PARTICIPAN NO PARLAMENTO XOVE 2021

Este sábado 13 de marzo dous equipos de 1º de Bacharelato participaron na 12ª edición do  Parlamento Xove. O equipo 1 que estaba formado por Sara Castro, Martín Cernadas, Alicia Dopazo e Paula García e  coordinado polo profesor de Língua Castelá Daniel Mejuto tivo que debatir co IES Laxeiro de Lalín, o CPR plurilingüe Sta. María de Ourense e o IES de Soutomaior mentras que o equipo 2 formado por Manuel Carrascal, Yago Losada, Iria Méndez e Iria Turnes e coordinado pola profesora de Lingua Castelá Ana Bugallo tivo que debater co IES Fontexería de Muros, o IES de Becerreá e o equipo dous do IES Laxeiro de Lalín.

O tema do debate foi debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?. Previo ao mesmo sorteábase a postura a favor ou en contra e despois os equipos aportaban os seus argumentos na introdución, refutacións e conclusións do debate. A actividade que se desenvolveu ao longo da mañá e tarde do sábado foi sen dúbida unha moi boa experiencia para o noso alumnado. Pica na seguinte imaxe para ver máis fotografías.

 

LUCAS DACUÑA RÍOS GAÑADOR DO I CONCURSO MATEMÁTICO DE IGUALDADES NOTABLES

Este mes de marzo tivo lugar no Centro o I Concurso Matemático de Igualdades notables para o alumnado de 2º de ESO. O gañador foi o alumno de 2ºESO B Lucas Dacuña Ríos e a mellor clase foi 2ºESO A. Pica na fotografía do gañador coa Directora para ver todas as fotografías dos premiados cos seus titores/as ou profesoras de Matemáticas. Debaixo da imaxe tedes a lista do alumnado premiado.

 

I CONCURSO IGUALDADES NOTABLES

PREMIO ESPECIAL PARA  A MELLOR CLASE:

2ºESO A

Primeiro premio:

Dacuña Ríos, Lucas. 2ºESO B

Segundo premio:

Vicente Areán, Adrián. 2º ESO B

Terceiro premio:

Vicente Areán, Martín. 2ºESO B

Cuarto Premio:

Montoto Villa, María. 2ºESO A

Quinto premio ( compartido):

Fariña Martínez, Paula .2ºESO C

Martínez Montes, Martín. 2º ESO C

Mención de honra:

Fernández Gamallo, Irinea . 2ºESO E

Fernández García, María . 2ºESO A

Monteagudo Liste, Mateo . 2ºESO B

Penas González, Sara. 2º ESO D

Riobó Touriño, Mencía Aldara. 2ºESO C

Sánchez Villanueva ,Hugo. 2ºESO A

Sobral Trigo, Vega. 2ºESO A

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: O MAIO DO 8M

Como conmemoración do día Internacional da Muller (data establecida pola ONU de xeito oficial dende o ano 1975 e que lembra o 8 de marzo de 1857 na que as mulleres da industria textil américana realizaron unha protesta contra os baixos salarios e as condicións laborais inhumanas) todos os cursos encheron de mensaxes de apoio á equidade laboral, económica e social entre homes e mulleres no "maio do 8M" situado na entrada principal do Centro.

TRÍPTICO RESUMO INFORMACIÓN IES VALLE INCLÁN PARA O CURSO 2021-2022

Pica na imaxe para ver o tríptico-resumo de información do IES Valle Inclán para o curso 2021-2022.

EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR" DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

Entre os días 25 de xaneiro e 8 de febreiro estivo instalada no Centro a exposición "Cartas de amor", cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade". Está composta por 15 obras orixinais que se pediron aos autores e autoras para ilustrar  o que interpretan como situacións violentas nas relacións entre parellas adolescentes.

Pica na imaxe para ver todas as fotografías.

VIDEOCONFERENCIA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO 
 
O Xoves 28 de xaneiro , dentro do marco das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo,  de 10.45h á 11.30h.  o Equipo Europa Galicia ( o  Delegado de  Formación Gianni Rodari e Lucía Castiñeiras)   impartiu  unha Master Class por teleconferencia   a alumnos de 4º da ESO .  Os temas que se trataron foron: 

 

Pica na imaxe para ver máis fotografías

OFERTA EDUCATIVA IES VALLE INCLÁN CURSO 2021-2022

Pica na seguinte imaxe para ver o documento no que se presenta a oferta educativa do IES Valle Inclán para o curso 2021-2022.

BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

O IES Valle Inclán deséxalle un bo Nadal e feliz Ano Novo á toda a Comunidade Educativa.

Distribuir contido