ÁLVARO BARBAZÁN PRIMEIRO PREMIO NA MODALIDADE DE GREGO E EVA LAGO SEGUNDO PREMIO NA MODALIDADE DE LATÍN NA VI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

O alumno de 2º de Bacharelato Álvaro Barbazán Domínguez obtivo o primeiro premio da VI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS na modalidade de Lingua Grega. Ademais a alumna Eva Lago Cobas obtivo o segundo premio na modalidade de Lingua Latina. Esta olimpíada é organizada pola Sección galega da Sociedade española de Estudos Clásicos e nela participa o alumnado de Humanidades de Bacharelato de Galicia.

Temos que reseñar que Álvaro Barbazán xa foi o gañador rexional da proba Parnaso de tradución de textos gregos que tivo lugar o 16 de abril, na que posteriormente obtivo o segundo posto na proba celebrada en Madrid o 13 de maio na que participaron os gañadores autonómicos.

 

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 22 de xuño no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Parabéns aos premiados e aos seus profesores de Grego e Latín Juan Luis Gil Mayoral e Luisa Budiño Rodríguez.