TROCA DE LIBROS: DÁLLE UNHA SEGUNDA VIDA AOS TEUS LIBROS USADOS

O IES Valle Inclán anima a toda a comunidade educativa a participar na Troca de Libros que se vai celebrar o día 10 de marzo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, en horario de 11 a 14 horas.

Se queres participar:

- Trae ao centro libros que estén en bó estado e que xa non estés interesado en conservar na casa. Preferentemente, libros de literatura infantil e xuvenil. Non recollemos enciclopedias, nin libros de texto, nin libros moi deteriorados. Teñen que ser libros que aínda podan ser disfrutados por outro lector.
- Entrega os libros na biblioteca, durante os recreos ata o día 8 de marzo O profesorado de garda no recreo darache un vale por cada libro donado.
- O día 10 de marzo, no Salón do Libro faráse a troca. Leva os vales que teñas e cambiaos por calquera libro en calquera dos postos dos centros e entidades colaboradoras.

AdxuntoTamaño
01_cartel_troca_2024_imprimir.pdf5.4 MB