Curso 2014-2015

I Olimpiada de Xeografía en Galicia

O venres 6 de marzo, por primeira vez en Galicia,  tivo lugar a Olimpíada de Xeografía organizada conxuntamente polo Departamento de Xeografía da USC e a Delegación Galega do Colexio de Xeógrafos. O  conselleiro de Educación, Román Rodríguez, inagurou o acto . No seu discurso reivindicou o  papel desta materia na sociedade actual posto que permite ter unha perspectiva integral para ver o mundo.A proba celebrada na Facultade de Xeografía e Historia constou de 50 preguntas referidas ao programa de contidos coincidente co temario de selectividade.

O IES Valle Inclán de Pontevedra asistiu á I Olimpiada de Xeografía con tres alumnos de segundo de bacharelato. Os alumnos Borja Sineiro Abella, Mateo González Álvarez e  Isabel Virel de la Sota obtiveron a segunda mellor nota de grupo de Galicia. Ademáis  Mateo González Álvarez quedou clasificado entre os tres segundos.

Enlace TVG

http://www.crtvg.es/informativos/dous-estudantes-de-santiago-e-un-de-carballo-participaran-na-fase-estatal-da-olimpiada-de-xeografia-1035670

Noticia no portal educativo

http://www.edu.xunta.es/web/node/14530

 

 

Choiva de medallas

O primeiro fin de semana de marzo celebrouse o Campeonato de España de natación (infantil-júnior) en Cádiz. O alumno Juan Hernández Niño, de 4º ESO A acadou a medalla de bronce nos 100 metros braza. Parabéns, Juancho.

 

O día 11 de marzo celebrouse o campeonato escolar de Orientación no Casino Mercantil de Pontevedra. O noso Instituto estivo representado por dous alumnos de 2º da ESO, Santi Rodilla e Mateo Antoñón, que acadaron a 1ª e a 2ª posición respectivamente. Parabéns aos gañadores!

A nosa compañeira de Educación Física, Ana Santos, acadou a medalla de ouro nos 60 metros valados na categoría M50 nos Campionatos de España de veteranos celebrados en San sebastián do 6 ao 8 de marzo. Os nosos parabéns.

A nosa ex-compañeira, Chus Sangüos, acadou a medalla de ouro nos 60 metros valados e batiu o récord de Europa na súa categoría (M60) nos mesmos Campionatos. Os nosos parabéns a Chus

 

 

 

Dous alumnos do IES Valle-Inclán preseleccionados para as Becas Europa

Silvia Chamosa e Miguel Gallego na biblioteca do instituto (foto Javier Cervera-Mercadillo)

 Leer noticia en Diario de Pontevedra (Domingo, 8 de marzo de 2015)

Conferencia de Ángel Carracedo

 O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou o mércores, día 11 de febreiro, unha conferencia na que o prestixioso catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo, impartiu unha charla ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que levou por título: “Aplicacións da tecnoloxía no ADN”.

 Alén da súa cátedra, Ángel Carracedo dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Xenotipado. É, quizais, o científico galego con máis proxección internacional e líder mundial na xenética forense. A súa brillante traxectoria profesional foi e é recoñecida con innumerables premios, tanto a nivel nacional coma internacional.

 Esta charla enmárcase nunha serie de actividades culturais que organizan os diferentes departamentos e a vicedirección do instituto, co obxectivo de completar e ampliar a formación do seu alumnado.

Ubi sum?

 

Dentro do ciclo de conferencias ubi sum?, a avogada pontevedresa María Adrio Taracido falou a semana pasada sobre as súas lembranzas no IES Valle Inclán e sobre a súa traxectoria profesional.

Premio de Matemáticas

O pasado día 16 de xaneiro celebrouse na Facultade de Matemáticas de Santiago a fase galega da Olimpíada de Matemáticas na que resultou clasificado en 2º lugar, e polo tanto representará a Galicia na fase estatal que se celebrará en Badaxoz do 19 ao 22 de marzo, o noso alumno Miguel Cidrás Senra, de 2º Bach. A. Os nosos parabéns polo éxito acadado e os mellores desexos para o reto que o agarda.

Dálle á lingua, Ubi sum?

Dálle á lingua

Participación de alumnado de 1º e 3º ESO no programa Dálle á lingua

Ubi sum?   

         Ciclo de conferencias                          

Pincha nos enlaces

Premio de Matemáticas

                                                 (foto Javi Cervera-Mercadillo)

O alumno de 1º da ESO Hugo Silvares Norat acaba de gañar o certame nacional Matemáticas al Sprint xunto con outros compañeiros de Galicia. Hugo foi seleccionado este curso para integrarse no programa Estalmat Galicia (Estímulo do Talento Matemático) e a pasada fin de semana participou no mencionado certame. O seu grupo, composto por cinco estudantes, foi o máis rápido en resolver a proba. Os nosos parabéns.

 

Presentación

O noso compañeiro, Javier Domínguez, profesor de Historia, presentou onte o seu libro Mi casa es el rock'n'roll, que narra o nacemento e a traxectoria da banda de rock ourensá Los Suaves, da que foi cofundador e primeiro batería. Estivo acompañado do deseñador do libro, Adrián Morgade, e de Charli Domínguez, outro dos fundadores e membro do grupo. Os nosos parabéns.

Premio televisivo para dúas ex-alumnas do IES Valle Inclán

Parabéns ás dúas ex-alumnas do Instituto, Luisa Meijón e Lucía Baqueiro, que acadaron un cuantioso premio no concurso ¡Boom! da cadea de televisión Antena 3. Preme na imaxe para ver o vídeo

Distribuir contido