Entrega de Premios do 1º Torneo de Xadrez

 Preme aqui para ver tódalas Fotos.

Concerto de Nadal do Coro do Instituto

O Coro do Instituto agasallounos cun concerto de Nadal, organizado pola profesora de Música Mª de los Santos, como despedida do primeiro trimestre.

 

Pincha en Fotos para ve-las fotos do concerto.

Pincha nos distintos vídeos para reproduci-los vídeos de este fantástico concerto.

Video 1

Video 2

Video 3

Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Por mor do día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, os departamentos de Música e Dinamización lingüística organizaron un pequeno recital en galego con alumnas de 3º ESO A.

 

Como parte do proceso de preparación da actividade, as alumnas puideron reflexionar sobre a importancia de educar en igualdade para erradicar determinados comportamentos.Tamén foron partícipes da organización da actividade así coma da elección dos poemas .

Os poemas elixidos para esta ocasión foron tres.

O primeiro deles, “Mulleres”,  de Luis García Montero, unha traducción do seu poema “Mujeres”.

O autor puido ler o resultado en lingua galega e amosounos o seu agradecemento .

Os seguintes poemas, “Camiñan descalzas polas rochas” de Ana Romaní e “Olas e ondas rendidas e nacendo” de Xohana Torres.

As alumnas deron mostra do seu compromiso e bo facer a través desta actividade.

Para ver máis fotos preme aquí

Formulario de Inscripción na ANPA do IES Valle Inclán

A Petición da ANPA do IES Valle Inclán, imos poñer o seu formulario de inscripción. (Preme enriba da imaxe do formulario para descargar o arquivo en PDF)

Club de lectura do IES Valle Inclán

Baixo a dirección da profesora Alba Berciano, botou a andar o club de lectura o día 11 de novembro.

Ver fotos

Alumnos do clube de lecturaAlumnos do clube de lectura co director

O director, Daniel Mejuto, dirixiu unhas palabras de benvida a tódolos participantes nesta aventura de ler unha novela de fantasía de Laura Gallego.

 

Nadal na biblioteca

Árbore de Nadal na biblioteca

PLAN DIXITAL DO IES VALLE INCLÁN

Ao longo deste curso 2022-2023 implantarase no IES Valle Inclán o Plan Dixital que se elaborou durante o curso pasado. Pica na imaxe para ver o documento.

HISTORIA DO INSTITUTO E DA CIDADE DE PONTEVEDRA. PROMOCIÓN 1957-1958

Coñece a historia do Instituto de Pontevedra e da cidade a través deste vídeo elaborado pola promoción do ano 1957-1958. Moitas grazas por esta xoia.

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: QUÉ É A PLATAFORMA E-DIXGAL E O PROXECTO ABALAR

Pica na imaxe para ver a información:

TITORIAL DE UTILIZACIÓN DA AULA VIRTUAL PARA O ALUMNADO

Pica na imaxe para ver ou descargar o titorial de uso da aula virtual para o alumnado. Nel se explica como entrar na aula, como ver os contidos, enviar tarefas, convertir unha foto nun pdf, participar nos foros ou enviar mensaxes.

ACTIVADO O SERVIZO PARA AS FAMILIAS ABALAR MÓBIL

Está activado o servizo para as familias Abalar móbil. Trátase dunha aplicación da Consellería de Eduación que permite ás familias consultar a información académica (cualificacións, faltas de asistencia,...) dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Pinchando na imaxe tedes a guía para as familias e no enlace a páxina web de información sobre esta aplicación.

Páxina web Abalar Móbil

 

 

 

COMEZO DO CURSO 2022-2023 BACHARELATO DE ADULTOS

PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL DA REFORMA INTEGRAL DO IES

O mércores 31 de agosto presentouse a rehabilitación integral do IES que comezará no 2023 

fonte: pontevedraviva.com- Cristina Saiz

Fonte:pontevedraviva.com - cristina saiz

Seguimento na prensa 

PONTEVEDRAVIVA 

DIARIO DE PONTEVEDRA

FARO DE VIGO

LA VOZ DE GALICIA 

 

IES VALLE INCLÁN EN INSTAGRAM

Pica na imaxe para entrar no instagram do IES Valle Inclán.

Distribuir contido