A alumna Martiña Riobó Touriño le, no pleno municipal, o manifesto para o 8M.

A alumna Martiña Riobó Touriño elaborou e leu no pleno municipal o manifesto para o 8M en representación do Consello da Muller Nova do Concello de Pontevedra.

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2024/02/27/politicos-dan-palabra-consello-da-muller-nova/0003_202402P27C2993.htm

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/mentres-non-haxa-igualdade-real-habera-loita-feminista/202402261453231293648.html

 Preme nestes enlaces ou sobre as fotos para visitar o sitio da noticia.

O alumnado de 1º Bach asiste ó Certame de Teatro Grecolatino

O alumnado de 1º de bacharelato asistiu o día 21 de febreiro no Teatro Colón de Coruña ao Certame de Teatro Grecolatino, para ver unha traxedia grega (Agamenón de Esquilo) e unha comedia latina (Persa de Plauto). A actividade foi realizado conxuntamente polos Departamentos de Lingua galega e Latín.

TROCA DE LIBROS: DÁLLE UNHA SEGUNDA VIDA AOS TEUS LIBROS USADOS

O IES Valle Inclán anima a toda a comunidade educativa a participar na Troca de Libros que se vai celebrar o día 10 de marzo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, en horario de 11 a 14 horas.

Se queres participar:

- Trae ao centro libros que estén en bó estado e que xa non estés interesado en conservar na casa. Preferentemente, libros de literatura infantil e xuvenil. Non recollemos enciclopedias, nin libros de texto, nin libros moi deteriorados. Teñen que ser libros que aínda podan ser disfrutados por outro lector.
- Entrega os libros na biblioteca, durante os recreos ata o día 8 de marzo O profesorado de garda no recreo darache un vale por cada libro donado.
- O día 10 de marzo, no Salón do Libro faráse a troca. Leva os vales que teñas e cambiaos por calquera libro en calquera dos postos dos centros e entidades colaboradoras.

Axudas para a formación en linguas extranxeiras

Homenaxe ás mulleres investigadoras

O 11 de febreiro foi o día das Mulleres e as Nenas na Ciencia e, dende o Equipo de Igualdade e o Departamento de Bioloxía, quixemos facer unha homenaxe ás investigadoras que foron e ás que son.

Rosalind Franklin foi a autora da Foto 51, clave para descubrir a estrutura do ADN.

Katalin Karikó creou a primeira vacina contra a COVID-19 e xunto co outras moitas investigadoras son as herdeiras de R. Franklin.

 

Preme aquí para ver máis fotos desta Homenaxe 

 

OFERTA EDUCATIVA IES Valle-Inclán 2024-2025

Preme sobre a imaxe para ver a oferta completa 

NOTA INFORMATIVA DEL VIII CONCURSO DE RELATOS VALLE-INCLÁN

La entrega de los premios de la VIII edición del Concurso de relatos Valle-Inclán tendrá lugar el martes, 20 de febrero de 2024, en la biblioteca del centro, a las 11:00 horas.

Semana de Orientación

Alumnos de 1º Bach visitaron os Xulgados do Penal na Parda

O 17 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a varios xuizos nos Xulgados do Penal na Parda e fixeron unha visita ás distintas instalacións do Xulgado, onde os profesionais encargados explicaron o seu traballo e os distintos trámites xudiciais.

 

Esta actividade está incluida no programa "Educar en Xustiza". Agradecemos a acollida do persoal de Xulgados, o tempo que nos adicaron e as interesantes explicacións.

 Preme aquí para ver tódalas fotos da Galería

O Valle-Inclán fomenta as vocacións científicas entre o seu alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN Curso 2024-2025

PROCESO DE ADMISIÓN

 Curso 2024-2025

 Aberto o prazo de reserva de praza

para o alumnado dos centros adscritos ao IES Valle-Inclán,

desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febrero.

 

Centros adscritos na ESO:

 - CEIP San José

- CEIP plurilingüe Praza de Barcelos

- CEIP Álvarez Limeses

Centro adscrito no Bacharelato:

-         CPR plurilingüe Calasancio

 

Este trámite de reserva de praza deberá facerse desde o centro de orixe.

VIAXE A ANDORRA

VIAXE A ANDORRA 4º ESO 2024

DO 20 ao 27 de xaneiro

 

Documentación

 

Presiona sobre o documento para velo en PDF

 

Conferencia “El futuro siempre empieza hoy”

O 10 de novembro no paraninfo tivo lugar a conferencia “El futuro siempre empieza hoy” á que asistiu o alumnado de Economía de 1º de bacharelato e o alumnado de Empresa de 2º de bacharelato. Esta interesante charla foi impartida por Dª Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora da área de educación de AFundación de Abanca e profesora de finanzas de IASIDE.

Ao longo das dúas horas de charla, a conferenciante fai un percorrido polos cambios tecnolóxicos e dixitais das últimas décadas, cambios que están transformando o noso modo de vida e que son e serán máis rápidos nos próximos anos, ao igual que a loita contra o cambio climático. 
Todos estes cambios condicionan as profesións do futuro e supoñen todo un reto para a Educación.

Preme aquí para ver máis fotos de este evento.

Distribuir contido