Curso 2019-2020

O IES VALLE INCLÁN FAI UN ANO . . . O NOSO MAIO

 Pincha na imaxe para ver todas as fotos:

 

 

ALUMNADO DE 1º DE ESO E AS SÚAS FAMILIAS: LET´S TWIST AGAIN

O alumnado de 1º de ESO e as súas familias preséntanos este divertido vídeo bailando o twist co que alegraron o seu tempo de confinamento e agora alegran o noso ao poder disfrutalo. Pica na imaxe.

 

PLAN PROXECTA: RECEITARIO CON FROITAS ALUMNADO DE 1º DE ESO

No marco do plan proxecta aliménta-T ben o alumnado de 1º de ESO obsequianos hoxe cunhas maravillosas receitas para o confinamento feitas con froitas. Pica na imaxe para disfrutalas.

A ALUMNA SABELA ESTÉVEZ COCHÓN CREA O MONOPONTE A VERSIÓN PONTEVEDRESA DO MONOPOLY

A alumna de 2º de Bacharelato Sabela Estévez Cochón crea o monoponte, a versión pontevedra do monopoly, pincha na imaxe para ver o artigo publicado en pontevedraviva.

DÍA DE EUROPA: FLASMOB EN CONFINAMENTO POLO DÍA DE EUROPA

O alumnado do programa Escola Embaixadora do Parlemento Europeo deleitanos con este flashmob "EU RAP" polo Día de Europa. Noraboa polo seu traballo.

 

VIDEOCONFERENCIA TICKET2EUROPE: CLUB XOVE PONTEVEDRA

Este mércores 22 de abril nova videoconferencia para o alumnado do programa Escola Embaixadora do Parlamento Europeo. Na imaxe inferior tedes o novo logo do programa retocado polo alumno de 4ºESO A Javier Carballal.

 

 

O PROFESOR DE FRANCÉS DO IES VALLE INCLÁN XA XUBILADO ENRIQUE PIÑEIRO RETOMA A SÚA VOCACIÓN POÉTICA

O que foi durante seis cursos profesor de Francés no IES Valle Inclán, Enrique Piñeiro está aproveitando moi ben este tempo de confinamento para recuperar a súa vocación poética, pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia.

 

O IES VALLE INCLÁN ÚNESE AOS CORONAVIRUS MAKERS: IMPRESIÓN 3D

A profesora de tecnoloxía Edelmira Calvar xa está aproveitando ao máximo a impresora 3D do Centro, colaborando na fabricación de viseras que entregará no centro de salud para loitar contra a pandemia. Noraboa pola súa aportación.

EEPE: VIDEOCONFERENCIA CON ALBA TORRES

Este mércores 1 de abril o alumnado da Escola Embaixadora do Parlamento Europeo tivo unha videoconferencia coa escritora e ex-alumna do Centro Alba Torres co título "Persegue os teus sonos". Os alumnos quedaron moi contentos e están desexando que veña presencialmente ao Instituto. Poden seguir á escritora no seu blog albatorreslarralde.blogspot.com

 

BEN VEÑAS MAIO 2020

 

 

OBRADOIRO DE HIP HOP PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO

Os pasados 2 e 3 de marzo o alumnado de 3º de ESO asistiu a un obradoiro de hip hop impartido polo músico Serxio Regos, integrante do grupo García Mc & Nación Quilombo, un dos grupos de referencia do hip hop galego actual. O obradoiro consistíu nunha aproximación teórica e práctica ao mundo do hip hop onde o alumnado creou e interpretou as súas propias rimas.

Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de Música e a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Pincha na imaxe inferior para ver máis fotografías.

  

 

CELEBRACIÓN DO 8M FLASHMOB NA FERRERÍA

Convocados polo Consello da Muller Nova, o alumnado dos Institutos de Pontevedra participou nun acto de celebración do Día Internacional da Muller 8 de Marzo na Praza da Ferrería, no que mediante obras de teatro, música, danza e un flashmob "Cántoche as corenta" reivindicaron unha sociedade máis igualitaria e xusta. Pincha na imaxe para ver máis fotografías, na ligazón para ver a noticia en Pontevedra Viva e na fotografía inferior para ver un vídeo.

"O alumnado pontevedrés cántalle as corenta ao machismo" Pontevedra Viva

ACTO CONMEMORACIÓN 8M IES VALLE INCLÁN

Este luns 9 de marzo, tivo lugar no recreo un acto de conmemoración do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller) coordinado pola Comisión de Igualdade no hall do centro. O alumnado leu testemuñas de mulleres que loitaron pola dignidade e igualdade da muller, lembraron a todas as víctimas da violencia machista deste ano 2020, gardouse un minuto de silencio por elas e interpretaron o flashmob que se representaría a continuación na Ferrería. Pincha na imaxe para ver máis fotografías e un vídeo.

 

VÍDEO 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo da Biblioteca do IES Valle Inclán realizaron este vídeo con alumnas de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 

Distribuir contido