Curso 2019-2020

O ALUMNO DE 1º DE BACHARELATO FERNANDO BÚA EXPÓN A SÚA OBRA NA CASA DE GALICIA EN MADRID

O alumno de 1º de Bacharelato Fernando Búa presenta unha selección de obras a plumilla creadas dende os nove ata os dezaseis anos, nunha exposición que leva por título "conservar é crecer", e que pode visitarse ata o 28 de xullo na Casa de Galicia en Madrid. Pincha na fotografía de Fernando con Manuel Jabois para ver o artigo publicado en Pontevedra Viva o mércores 3 de xullo.

 

TROCALIBROS: UNHA FERRAMENTA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O INTERCAMBIO GRATUITO DE LIBROS DE TEXTO

O Concello de Pontevedra, a través das Concellarías de Benestar Social, Educación e Novas Tecnoloxías, pon en marcha unha páxina web de intercambio de libros de texto. Pincha na imaxe para acceder á páxina.

 

 

Esta iniciativa xurde do grande éxito que tivo o Banco de Libros Municipal en cursos pasados e que se deixou de realizar debido á implantación do sistema de préstamo por parte da Xunta.

 

Este sistema de préstamo enche a demanda dunha parte da poboación pero, hai familias que non cumpren os requisitos esixidos e que están en disposición de poder intercambiar os libros.

 

Por todo elo crease esta plataforma, trocalibros.pontevedra.gal na que as familias cuxos fillos e fillas estudan en centros educativos da nosa cidade se poidan poñer en contacto para intercambiar os libros.

 

O seu manexo é sinxelo. As familias deben facerse usuarios/as da plataforma e logo encher no sistema os libros que ofrecen e os libros que solicitan. Se eses libros foron ofrecidos por algunha familia o sistema lle facilita os datos de contacto.

 

Non se pode garantir que estean dispoñibles os libros que se solicitan. O éxito do sistema depende da achega das familias. Cantas máis familias e cantos máis libros se ofrezan máis opcións haberá para todas elas.

 

Hai unha serie de requisitos:

 

1.- Os escolares deben estar cursando estudos en centros educativos públicos e concertados da cidade.

 

2.- O intercambio abrangue os cursos dende 3º de primaria e ata 2º de bacharelato.

 

3.- Os libros deben estar en bo estado.

 

4.- Non se pode pedir ningunha cantidade económica polos libros, o intercambio é de balde.

 

Como é o primeiro ano que se fai, e é unha experiencia bastante novidosa en todo o estado, o Concello pide que todos os aspectos que se consideren que se poidan mellorar de cara aos próximos cursos o fagan saber ao e-mail de contacto da plataforma.

 

 
Casazul-Concellaría de Benestar Social Municipal
Concello de Pontevedra
986804300 ext 7452
trocalibros@pontevedra.gal
Distribuir contido