Curso 2019-2020

INFORMACIÓN PRENSA ESCAPE ROOM TILDA EINARSSON

A continuación tedes os artigos publicados no Diario de Pontevedra e na Voz de Galicia sobre a actividade de escape room de Tilda Einarsson sobre a diabetes.

 

BIBLIOTECA: MES DA CIENCIA 2019

 

Como todos os anos a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemora no mes de novembro o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Pincha na imaxe seguinte para ver algún dos libros relacionados coa ciencia e a tecnoloxía que podes ler e levar da biblioteca do Instituto. Tamén na ligazón de texto inferior tedes o manifesto escrito polo coñecido investigador, profesor universitario e divulgador científico Ángel Carracedo en relación con esta celebración.

Manifesto de Ángel Carracedo celebración do mes da ciencia en galego nas bibliotecas

PROGRAMA CÁNTAMO EN GALEGO!: SUSANA PEDREIRA (ONDA CERO) ENTREVISTA A GUADÍ GALEGO

O vindeiro luns 11 de novembro no paraninfo do Centro  teremos a sorte de contar coa cantante Guadi Galego no marco do programa cántamo en galego!, que é un espazo musical radiofónico no que cada luns, durante o programa Pontevedra na ondase entrevista a artistas da nosa música que poñen en valor o uso da lingua galega na produción musical. Os encontros teñen lugar en diferentes centros educativos do concello de Pontevedra, onde o alumnado ten a oportunidade de coñecer ás persoas convidadas, que veñen falar da súa carreira musical, novos traballos e a súa experiencia neste mundo. Ao finalizar a entrevista, hai unha quenda de preguntas, que vén seguida dunha canción acústica en directo.

  

AS ALUMNAS DE 4º DE ESO CARLA FILGUEIRA E PAULA PALACIOS CLASIFICADAS PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XIMNASIA NA MODALIDADE DE MAZAS CO CLUB TRISCA

As alumnas de 4º de ESO A Carla Filgueira e Paula Palacios do club As Triscas de Pontevedra clasificáronse para o campionato de España de ximnasia na modalidade de mazas categoría cadete ao obter a medalla de ouro no campionato galego celebrado en Ourense. Parabéns as nosas ximnastas e moita sorte no campionato que se desputa en Pamplona entre os días 5 e 10 de novembro.

 

Noticia publicada Voz de Galicia

Noticia publicada Faro de Vigo

Noticia publicada Pontevedra Viva

Noticia publicada Xornal Galicia

DÍA MUNDIAL DA DIABETES: ESCAPE ROOM CON TILDA EINARSSON

PREMIADOS IV CONCURSO DE RELATOS VALLE-INCLÁN

Este luns 28 de outubro tivo lugar a entrega de premios do IV Certame de relatos Valle Inclán en lingua galega e castelá. O tema desta edición foi a igualdade de xénero e contou con moitísima participación. O acto foi presentado pola xefa de departamento de Lingua Castelá Ana Bugallo e houbo dúas dramatizacións feitas polo alumnado: un conto e unha escea de Luces de Bohemia, e unha actuación musical da voz (Mariña Paz) e guitarra (Diego Flores) do grupo furious monkey house. Pincha na imaxe superior para ver todas as fotografías e un breve vídeo da interpretación musical.

A continuación tedes a lista dos premiados:

 

 

 

RESUMO DA VIAXE A ESTRASBURGO: REVISTA DIXITAL E VÍDEO DE FOTOGRAFÍAS

Pincha na imaxe para ver a revista dixital:

Aquí tedes o vídeo de fotografías:

 

ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO DA EEPE VISITA O PARLAMENTO EUROPEO EN ESTRASBURGO

Alumnado de 1º de Bacharelato do programa EEPE están en Estrasburgo invitados polo eurodiputado Francisco Millán Mon quen felicitou ao alumnado pola súa implicación e coñecementos sobre a Unión Europea, froito do seu gran traballo durante estes tres últimos anos. Pincha na primeira imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia.

 

VINDEIRAS CONFERENCIAS PROGRAMA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

NOVA CONFERENCIA DO PROGRAMA EEPE "DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS"

VINDEIRAS CONFERENCIAS DO PROGRAMA DE ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

 

HORARIOS E PROFESORADO DOS GRUPOS DE ADULTOS (NOCTURNO)

Pincha na imaxe para ver os horarios e o profesorado dos grupos de adultos (horario nocturno) do IES Valle Inclán.

CONVOCADO O IV CERTAME DE RELATOS VALLE-INCLÁN

Convócase a IV edición do Concurso de relatos Valle-Inclán organizado polo departamento de Lingua Castelá do Centro. Este ano a novidade é que a temática versará sobre a igualdade de xénero. Poden facerse en galego ou castelán e haberá premios para ambas as categorías. Aquí tedes as bases da convocatoria.

 

ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO: CONFERENCIA DE TAREIXA CASAL "A IMPORTANCIA DO TURISMO COMO MOTOR ECONÓMICO: PROS E CONTRAS A DEBATE

O venres 20 de setembro arrancou o primeiro Sofá con Tareixa Casal, profesora de turismo no CIFP Carlos Oroza, que analizou e convidou ao alumnado do IES Valle Inclán a que reflexionasen sobre o sector do turismo como motor xerador de emprego e de distribución da renta con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo, e que a OMT, Organización Mundial do Turismo, adica este ano ao “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos”, tendo como país anfitrión à India.


Na charla suliñouse que aínda que a importancia da industria turística é evidente xa que aporta case un 12%  do Produto Interior Bruto na economía estatal,  dado o seu dinamismo tanto no que atinxe á demanda nacional como internacional, tamén é incuestionable que todavía quedan retos e desafíos nos que aplicarse e traballar: a capacidade de carga dos destinos e espazos naturais protexidos nos que é fundamental un equilibrio, a incursión da transformación dixital e revolución big data que obriga a reciclarse e replantearse a comercialización, a temporalidade, ou mesmo a irrupción de novas modalidades de aloxamento que todavía é necesario regular a nivel lexislativo tal e como apuntou no coloquio un alumno, e mesmo o consumo en equilibrio co entorno, dando prevalencia no sector da restauración a produtos km 0, xeradores de emprego cercano e máis respetuosos co medio ambiente.
 
Como aspectos positivos destacouse o coñecemento e intercambio con outras culturas, que fai que as persoas sexamos máis tolerantes e afíns a outras maneiras de vivir e pensar, e na que Pontevedra vén de ser recoñecida como cidade na que o respeto é máxime,  e o valor da xeración de eventos como mecanismos impulsores da xeración de emprego fóra da tempada estival, como a Feira Franca, Cantos na Maré ou a feira Pont Up Store que se desenvolveu na pasada fin de semana.

Pincha na imaxe para ver máis fotografías da charla.

Distribuir contido