Curso 2019-2020

EEPE: ENTREVISTA A ABEL DA ASOCIACIÓN DOWN PONTEVEDRA E A PROFESORA ANA SANTOS NO IES VALLE INCLÁN NO PROGRAMA "A TARDE" DA RADIO GALEGA

Pincha na imaxe para escoitar a entrevista no IES Valle Inclán a Abel da asociación Down Pontevedra e a profesora de Educación Física Ana Santos no programa da Radio Galega "A tarde".

VÍDEO CONMEMORATIVO DO 25N ELABORADO POLA PROFESORA CRISTINA PRESAS E O SEU ALUMNADO

Pincha na imaxe para ver o vídeo elaborado pola profesora de Inglés Cristina Presas e o seu alumnado como conmemoración do 25 de Novembro (Día internacional da eliminación da violencia contra a muller).

 

CONFERENCIA DE EXDEPUTADOS DO PARLAMENTO GALEGO NO MARCO DA EEPE

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este luns 25 de novembro, conmemoramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, cunha concentración no recreo diante da porta do Instituto, no que o alumnado gañador do concurso de relatos (o tema este ano foi a igualdade de xénero), leu fragmentos dos seus textos. A continuación o alumnado de 3ºESO C participou en representación do Centro no acto con escolares que tivo lugar na Ferrería. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías. 

FOTOGRAFÍAS E RESULTADOS CROS ESCOLAR CELEBRADO EN MARÍN

Participaches no cros escolar celebrado en Marín?. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías  e no texto se queres saber o teu posto na carreira.

Resultados oficiais Cros escolar Marín

CONFERENCIA EEPE: AXENCIA EUROPEA DE PESCA CON PATRICIA SÁNCHEZ

I CERTAME DE MICRORELATOS "BOLBORETAS"

Este ano, na celebración do 25 de novembro, comezamos no Valle Inclán a homenaxe ás IRMÁS MIRABAL , torturadas, violadas e asasinadas na República Dominicana o 25 de novembro de 1960 por formar parte da Agrupación política 14 de xuño, grupo de oposición ao réxime ditatorial de Trujillo , dentro do cal eran coñecidas como "As Bolboretas"por iso o seu asasinato pasou á historia como o CRIME DAS BOLBORETAS e deu lugar á celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

En honor a elas, quixemos que o certame de microrrelato, que se convoca por primeira vez levase o seu nome. Tedes as bases do concurso na imaxe seguinte.
 

DOS PROFESORAS DEL IES VALLE INCLÁN PARTICIPAN EN UN CURSO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN FRANCIA

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra sobre a experiencia formativa das profesoras do IES Valle Inclán Ana Santos e Leo Tato en Francia.

A PROFESORA DE FRANCÉS ELISABETH OLIVEIRA PUBLICA O SEU SEGUNDO POEMARIO "NÁUFRAGAS"

A profesora de Francés do IES Valle Inclán Elisabeth De Carvalho Oliveira vén de publicar na editorial Urutau o seu segundo poemario "Náufragas". Pincha na imaxe para ver a entrevista na edición dixital do Diario de Pontevedra.

CONVOCADO O VII CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

Na seguinte imaxe tedes as bases da convocatoria do VII Concurso de felicitacións de Nadal organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co departamento de Debuxo.

 

A ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO MARÍA GAMALLO FINALISTA NACIONAL DO CONCURSO DA AXENCIA TRIBUTARIA

A alumna de 2º de Bacharelato María Gamallo Martínez recibiu en Madrid o pasado luns 11 de novembro, de mans do Director da Axencia Tributaria Jesús Gascón, o premio de finalista do concurso nacional 2019 para centros escolares, que organiza a Axencia Tributaria dentro do seu programa de educación cívica-tributaria. No acto estivo acompañada pola súa familia e a profesora de Economía do Centro Mabel Peña Gil. Na parte inferior podedes ver o vídeo elaborado por María co que acadou dito premio e se pinchades na primeira imaxe veredes o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia.

 

MAGOSTO E XOGOS POPULARES IES VALLE INCLÁN 2019

Este martes 12 de novembro o alumnado de 1º e 2º de ESO celebrou un magosto acompañado de actividades de xogos tradicionais. Pincha na primeira imaxe para ver máis fotos do evento.

 

VIDEOCONFERENCIA DE MARÍA SOLANAS DIRECTORA DE PROGRAMAS DO REAL INSTITUTO ELCANO

VISITA INDITEX ALUMNADO DE ECONOMÍA

O alumnado de 2º de Bacharelato de Economía da empresa visitou o luns 4 de novembro as instalacións de INDITEX e PULL&BEAR na Coruña. Alí poideron observar aspectos como a preparación que conleva a realización dos escaparates, a loxística, o proceso industrial robotizado no que impera a filosofía just in time, os edificios intelixentes e o minucioso control de calidade. 

Distribuir contido