Curso 2019-2020

MERCÉ BARRIENTOS, PROFESORA DO IES VALLE INCLÁN E PRESIDENTA DAS MULLERES DEPORTISTAS GALEGAS PARTICIPOU NO FORO DO TOUR UNIVERSO MULLER

A presidenta das mulleres deportistas galegas e profesora de Educación Física do IES Valle Inclán Mercé Barrientos participou no foro do Tour Universo Muller que encheu de actividades deportivas todo este fin de semana, promocionando o deporte feminino. Pincha na imaxe para ver a noticia publicada en Pontevedra Viva. 

NOELIA REY: DE PONTEVEDRA A NARÓN CASI A DIARIO PARA CUMPRIR O SOÑO DE BAILAR

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia sobre a paixón polo baile da alumna de 2º de Bacharelato Noelia Rey Argibay.

 

CHARLA DO ESCRITOR FERNANDO LALANA CO ALUMNADO DE 2º DE ESO

Este mércores 4 de marzo tivo lugar na biblioteca do Centro unha charla do escritor Fernando Lalana co alumnado de 2º de ESO que leu un dos seus libros: "El asunto Galindo", e na que participaron moi activamente facéndolle moitas preguntas ao autor. Fernando Lalana ten unha ampla biografía con moitísimos libros escritos e premios literarios acadados, e na que a súa obra máis coñecida pode ser "Morirás en Chafarinas" que foi levada ao cine por Pedro Olea. Pincha na imaxe inferior para ver máis fotografías da conferencia.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2020 "ERRANTES POLO MUNDO"

O pasado luns 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, para conmemorar esta data o alumnado do Centro realizou unha actividade voluntaria coordinada polos equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística que consistiu en facer visible o problema da inmigración co lema "Errantes polo mundo", frase presente no seu poemario "Follas Novas". Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

COMISIÓN DE IGUALDADE: I CERTAME 8M

A Comisión de Igualdade do Centro acaba de convocar o I Certame 8M relacionado co feminismo. Tedes todas as bases da convocatoria e o cartel nas seguintes imaxes. O prazo de entrega remata o 4 de marzo.

 

ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO: CLUB XOVE PONTEVEDRA

FÁLAME DA EMIGRACIÓN

A semana pasada catro mulleres emigrantes en Suiza, Inglaterra, Brasil e Alemania compartiron as súas vivencias co alumnado de 4º de ESO, quen tamén poido expoñer as súas experiencias familiares relacionadas coa emigración, dando lugar a un debate moi enriquecedor. Esta actividade desenvolvida polo equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega tivo como marco o programa "Fálame da emigración" de Afundación. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

PRIMEIRAS FOTOS E VÍDEOS DO ENTROITUS IN VALLE EST 2020

Este venres 21 de febreiro tivemos o festival de entroido  cun gran éxito de participación do alumnado. Pincha na imaxe para ver as primeiras fotografías e vídeos do evento.

 

O IES VALLE INCLÁN É UN PERFECTO EMBAIXADOR EUROPEO: ONDA CERO

Pincha na primeira fotografía para escoitar o programa de radio "Más de uno Pontevedra" de Susana Pedreira en Onda Cero, no que entrevistan á profesora coordinadora do programa "Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo" Ana Santos e a cincos dos seus alumnos participantes: Javier Carballal, Sara Castro, Javier de Castro, Paula García e Laura Pozaco.

ALUMNADO DO IES VALLE INCLÁN DEBATE EN CÁCERES SOBRE O FUTURO DA UNIÓN EUROPEA

En Ceclavín, un pequeno pobo da provincia de Cáceres tivo lugar o primeiro encontro nacional de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, no que participaron 5 alumnos de 4º de ESO: Sara Castro, Javier Carballal, Carlos de Castro, Paula García e Laura Pozaco, acompañados pola profesora de Educación Física e Coordinadora do Proxecto Ana Santos.

Pincha na primeira imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia do venres 14 de febreiro. Tedes máis ligazóns na parte inferior.

 

Información Europapress

Información La Vanguardia

Comunicación Junta de Extremadura

CONFERENCIA DA ESCRITORA ANA ALCOLEA PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

Este mércores 5 de Febreiro tivemos a sorte de ter connosco á escritora Ana Alcolea, que impartiu dúas charlas a 1º e 2º de ESO sobre os libros da propia autora que leu o alumnado neste trimestre, como "La noche más oscura" ou "El medallón perdido". Pincha no vídeo para ver un dous momentos máis entrañables da conferencia e na imaxe inferior para ver máis fotografías.

 

CAMPIONATO CROSS ESCOLAR PROVINCIAL EN CASTRELOS (VIGO)

O pasado sábado 1 de febreiro tivo lugar en Castrelos (Vigo) o campionato escolar provincial de campo a través, no que participou alumnado do noso Centro acompañado pola profesora de Educación Física Mercé Barrientos. Pincha na imaxe para ver toda a información e máis fotografías da entrada publicada no blog Proxecto Deportivo de Centro.

EEPE: CIENCIA E IGUALDADE DE XÉNERO, CONFERENCIA DE SALETA GONZÁLEZ E PATRICIA QUINTAS

EEPE: CONFERENCIA E VIDEOCONFERENCIA DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Xunto á conferencia anunciada no cartel inferior tamén realizarase unha videoconferencia con María Garzón, Vicepresidenta segunda da Fundación Internacional Baltasar Garzón FIGBAR, Comunicadora activista pola Memoria e o Feminismo. É Licenciada en Publicidade e relacións Públicas pola Universidade Rey Juan Carlos. Traballou no departamento de marketing da Fundación La Caixa, e en diversos medios de comunicación, onde exerceu como redactora xefe, produtora o responsable de comunicación.  Actualmente dirixe a sua propia empresa de Comunicación.

Distribuir contido