MEMORIA DO CLUB DE LETRAS CURSO 2019-2020

1 - Concurso de relatos “Valle-Inclán”: A inicio de curso, convocamos para o alumnado de todos os niveis educativos o Concurso de relatos Valle-Inclán, que presentou como novidade con respecto a outras convocatorias o tema a desenvolver: a igualdade. Acadamos unha ampla participación neste certame literario que contou, en castelán e en galego, nas distintas categorías, con diferentes premios que se entregaron o día 28 de xuño nun acto celebrado no paraninfo do centro.

CONVOCADO O IV CERTAME DE RELATOS VALLE-INCLÁN

PREMIADOS IV CONCURSO DE RELATOS VALLE-INCLÁN

TEXTOS IV CERTAME DE RELATOS VALLE-INCLÁN

 

2 - Acto de conmemoración 8 M: Coordinado polo alumnado que forma parte de Comisión de Igualdade, e conmemorando o Día Internacional da Muller, o alumnado leu no hall do Centro textos e testemuñas previamente traballados en favor da igualdade e dignidade da muller, lembráronse as víctimas da violencia machista no 2020, gardouse un minuto de silencio e interpretouse un flashmob. Pica na imaxe para ver as fotografías e un vídeo do acto.

 

 3 - Antoloxía de contos: O profesorado de 4º de ESO do departamento de L. Castelá, creou unha antoloxía de contos da autora realista Emilia Pardo Bazán, incidindo de maneira especial naqueles ue teñen un carácter máis feminino e feminista, algo que caracteriza o pensamento dunha autora moi reivindicativa na época que lle tocou vivir. Pica na imaxe para ver a antoloxía.

 

- Booktubers en 4º ESO: Despois da lectura dos contos da antoloxía de Emilia Pardo Bazán, o alumnado dos catro grupos de 4o de ESO grabaron diferentes vídeos nos que explicaban, de xeito persoal, a súa interpretación e opinión sobre cada un dos relatos que formaban parte de dita antoloxía. Hai que destacar a case plena participación do alumnado, o seu entusiasmo e a brillantez das súas valoracións. Pica nas imaxes para ver os vídeos de Sara Castro e Alicia Dopazo.

 

- Diversidade de tarefas do alumnado:

1 . EXPOSICIÓNS: Na defensa dos dereitos da muller e contra as violencias machistas, o alumnado fixo traballos que se expuxeron nos corredores da primeira planta do instituto, á vista da maior parte da comunidade educativa, co fin de concienciarmos sobre esta lacra social.

 

2 . PÓSTERS: Realizáronse pósters para visibilizar o papel de mulleres pioneiras, especialmente na esfera galega e realizados polo alumnado de L. Galega.

 

3 . TRABALLOS, COMENTARIOS, PRESENTACIÓNS E OUTRAS TAREFAS: Desde as diferentes materias que participan no IES Valle-Inclán no Club de Letras, leváronse a cabo multitude de tarefas das que agora faremos unha pequena selección:

Comentario de La casa de las muñecas

Comentario de un poema de Concha Méndez

Frankenstein o el moderno prometeo

Safo de Lesbos y la oda a Afrodita

Traballo das mulleres na ciencia

 

- Curso de igualdade na aula virtual: A aula virtual do IES Valle-Inclán dispón dun curso de Igualdade con diferentes recursos para traballar nas titorías e/ou nas diferentes materias. Tamén pon a disposición do profesorado campañas institucionais desenvolvidas en diferentes países e en diversos centros de ensino, músicas, vídeos ou mitos do amor romántico. É dicir, toda un conxunto de recursos que enriquecen a aportación do noso centro á igualdade.

Picando na seguinte imaxe temos unha memoria-resumo do traballo desenvolvido no Club de letras do IES Valle Inclán no curso 2019-2020 feita con capturas de pantalla.