CLAUDIA VEIRAS TROITIÑO E JULIA MARTÍNEZ LOSADA GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRO RELATOS "A MULLER E A NENA NA CIENCIA"

A alumna Claudia Veiras Troitiño acadou o primeiro premio do concurso de micro relatos "A muller e a nena na ciencia", organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Gciencia, polo seu traballo "Pequenas accións, grandes resultados". O segundo premio tamén foi para unha alumna do noso centro, Julia Martínez Losada, polo seu traballo "Loitar para triunfar". Parabéns ás nosas alumnas que recolleron os seus premios as 12:00 horas no Pazo da Cultura no Encontro de Divulgadoras Científicas que se celebrou o 11 de Febreiro. Pica na primeira fotografía para ver o artigo publicado en Pontevedra Viva e poder escoitar o podcast de Conversas na Ferrería na que participaron Claudia e Julia e na segunda para ver as fotografías e un vídeo do acto de entrega de premios.