SARA CAMPO SANTIAGO E BRAIS DUEÑAS OTERO DE 4ºESO D GAÑADORES DO PREMIO Á REPORTAXE COA MELLOR ADAPTACIÓN TEMÁTICA DO CONCURSO DE OPMEGA

Este venres 6 de maio os alumnos Sara Campo Santiago e Brais Dueñas Otero de 4º ESO D recibiron o seu premio á reportaxe coa mellor adaptación temática do concurso de fotos e vídeos sobre a miticultura de OPMEGA (Organización de Produtores de Mexillón de Galicia). A gala final de entrega de premios tivo lugar en Villagarcía e foi presentada por Antón Touriñán e Carlos Blanco. Noraboa aos gañadores e a todo o alumnado participante.

A primeira foto é da alumna Mara Peón de 4ºESO F que nos representou no apartado de fotografía,  pica na segunda imaxe para ver todas as fotografías da gala e na inferior para ver o vídeo gañador de Sara e Brais.