XORNADA INTERCENTROS MULTIDEPORTE

Hoxe, o alumnado de 5° curso participou nunhas xornadas intercentros de multideporte co colexio de Palmeira no Polideportivo Torres Colomer. 

Xogaron ao baloncesto, floorball, balonmán, fútbol e ao brilé

Xornada intercentros palmeira

Roteiro Literario do Club de Lectura "O GRUPO-LEOTODIÑO"

Hoxe tivemos o privilexio de ter como guía á xornalista e autora Ana Rial. 

Da súa man convertemos recantos en testemuñas do pracer de ler. 

Preme na imaxe para ver máis!!!!

ROTEIRO LITERARIO

ROMARÍA LETRAS GALEGAS

Preme na imaxe para ver máis!!!!!!

DÍA DA FAMILIA

Preme na imaxe para ver máis!!!!

día da familia

BOLSAS E AXUDAS PARA ANEAE (CURSO 2024_25)

 

Desde o día 30 de abril ata o día 13 de setembro ábrese o prazo para solicitar as bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Poden solicitar a mesma o alumnado con discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno grave da comunicación ou da linguaxe, trastorno do espectro autista e alumnado con altas capacidades.

Web de solicitude

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html


Documentación necesaria

Certificado do banco no que se diga que a/o nena/o é o titular da conta. Lémbrese que ten que aparecer o selo da entidade bancaria.

Certificado de convivencia expedido polo Concello, no que se indique o número de persoas empadroadas na vivenda familiar.

Fotocopias dos DNI da/o nena/o e de todos os empadroados na vivenda familiar.

Copia do certificado de discapacidade.

Certificado médico para o alumnado que presente TEA.

Necesidade de asinar por todos os membros da familia as páxinas da solicitude da axuda. No caso da/o nena/o, asina o representante da/o nena/o.

No caso de ser familia numerosa, copia do título de familia numerosa.

Memoria e informe do gabinete no que se levará a cabo a intervención.

E todos aqueles outros documentos que se requiran en función da situación de cada familia.

Unha vez impresa e cuberta a solicitude, presentarase a mesma no centro educativo onde a/o alumna/o vaia a estar matriculado/a no curso 2024-25.

Máis información na web:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html#necesidad-apo

Distribuir contido