CAMPIONATO DE CROS

O noso alumnado de 3° a 6° de Primaria participou no campionato de cros que se levou a cabo na Fieiteira. 

Correron, suaron e sobre todo disfrutaron!!!!!Cros

 

Preme na imaxe para ver máis!!!!!!

Leite na Escola

Leite na Escola

 

Preme na imaxe para ver máis!!!!

ESPECTÁCULO DE NADAL 23-24

A nosa ANPA Santa Uxía, unha vez máis convida a todo o noso alumnado a gozar dun espectáculo de música, humor e teatro.

Dámoslle pois unhas moi grandes grazas en nome de toda a comunidade educativa por facer que toda a nosa rapazada poda ter desfrute da cultura e pasar un anaco de diversión.

 

CALENDARIO SOLIDARIO 23-24

Os nosos nenos e nenas, coas súas mestras e mestres estiveron a debuxar e crear con ilusión estes fermosos faros, que queren ser unha luz de esperanza e solidariedade con aqueles outros iguais que precisan ser atendidos e entendidas .

Con eles deseñouse este calendario solidario, para recadar fondos para a asociación sen ánimo de lucro "Ágape".

Precisamos a vosa colaboración tamén. Moitas grazas

DIFUSIÓN PRENSA CARREIRA POLA DIVERISDADE


 

MAGOSTO 2023

Degustación de castañas e xogos populares xunto cos nosos alumnos e alumnas foron os protagonistas na celebración do Magosto 2023.

Premede na imaxe para ver mais!!!

DÍA MUNDIAL DA DIABETES

O martes 14 de novembro celebrouse o Día Mundial da Diabetes. 

Tivemos a sorte de ter esa semana no cole a Raquel Queizás cos seus espectáculos de contos, onde nos ensinou sobre a Diabetes e como axudar aos pequenos guerreiros e guerreiras azuis. 

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO!

Trompo, Peón, Peonza, Bailarete....

Preme na imaxe para ver canto aprenderon os nosos alumnnos e alumnas!

NINGÚN XOGUETE SEN NENO

Démoslle unha segunda vida a eses xoguetes en bo estado que xa non teñen quen xogue con eles...e faremos felices a quen os necesita!

 

Distribuir contido