Actividades comisión 60 aniversario: exposición: "Os rostros do Grupo."

EXPOSICIÓN FOTOGRAFICA : OS ROSTROS DO GRUPO.

No Grupo fixemos unha exposición con fotografias escaneadas de doazóns de mestres/as, alumn@s e ex-alumn@s ao longo destes 60 anos de existencia do noso centro.

60 anos son dabondo para que pasaran moitos e moitas ribeirenses dos cales moitos terán moi bos recordos desta época. Queremos polo tanto contar con vós para festexar este acontecemento na nosa cidade.

A primeira das actividades na que traballamos é a recollida de fotografías de cara a facer unha exposición titulada " OS ROSTROS DO GRUPO" onde poidamos ver a través de retratos as persoas (alumnado, profesorado, conserxes,...) que pasaron polo centro.

Por isto solicitamos a túa colaboración na cesión de fotografías, que devolveremos logo de seren dixitalizadas, para poder organizar con esta base documental tada unha serie de actividades. 

As fotos deberán vir nun sobre e cada unha delas deberá traerse, nun papel aparte, os seguintes datos:

  • Ano aproximado (ao cando menos da foto).
  • Nome da persoa o personas que aparecen na foto, actividade que están facendo.
  • Nome da persoa que cede a fotografía.

Xuntamos a ficha modelo para a cesión de imaxes.

Nesta ligazón podedes ver unha escolma de imaxes, en breve agardamos crear unha galería de imaxes ordeada por décadas e coa información de cada imaxe. Mentras podedes pasar polo cole a ver esta exposición. Agardámosvos!

 

AdxuntoTamaño
FICHA Rostros do grupo0012.jpg153.95 KB