Saídas Didácticas

ALUMN@S DE 3º A e B VISITAN O XARDIN ARBORETUM CAIXA GALICIA

 

 

 

O luns 11 de maio os alumnos de 3º e mestres do CEIP O Grupo tomaron o autobús ás 9:00 da mañá con destino a Vigo, ao Xardín Arboretum Caixa Galicia de Vigo.

Durante toda a visita didáctica estivemos acompañados por dous guías que nos explicaban, ensinaban, axudaban e resolvían dúbidas. Segundo nos contaron a orixe deste xardín bótánico atopa as súas raíces na doazón dunha casa e os xardíns anexos dunha familia adiñeirada de Vigo, D. Francisco Sales Covelo, que polas súas posibilidades viaxaban por todo o mundo aficionándose a traer plantas de diversos países. Trala morte e doazón desta familia continuouse incrementando o patrimonio ata hoxe.

Fixemos unha ruta camiñando, disfrutando das cores, olores e explicacións dos nosos guías, Teoría e tamén práctica, fixemos un obradoiro para plantar allos.

Lixomán encomendounos encarecidamente que prestásemos atención, os obxectivos eran: concienciarnos da necesidade de conservación e respecto do medio ambiente, dar a coñecer o patrimonio natural e as labores de xardinería e conservación de especies.   

Clica para ver a galeria de imaxes 

VIDEOCONFERENCIA ENTRE CEIP O GRUPO DE RIBEIRA E CEIP O PROGRESO DE CATOIRA

Alumnos de quinto curso do Ceip O Grupo visitaron o 19 de decembro de 2008 o Telecentro de Ribeira. Con motivo da inauguración de rede de Telecentros na comarca, O Señor Alcalde de Ribeira e de Catoira puxeron en contacto a través de videoconferencia a nenos de Ribeira con nenos de Catoira.

@S ALUMN@ DE 4º B VISITARON A TVG E O MUSEO LUÍS IGLESIAS DA USC

No marco das actividades programadas no Proxecto de Actividades de Normalización e en estreita colaboración co equipo de Actividades Extraescolares, os alumnos de 3º B do noso cole visitaron as instalacións da Televisión de Galicia en San Marcos (Santiago de Compostela). E o Museo de Historia Natural Luís Iglesias da USC.

CORRELINGUA 2009: A POBRA

 

O martes 12 de maio de 2009, unha nutrida representación de rapaces do CEIP o Grupo de Ribeira achegaranse á Pobra para participar no Correlingua 2009, organizado pola Coordinadora de Equipos de Normalización do Barbanza, este ano trasladase á organización á Pobra.

Distribuir contido