O Grupo das verbas

Competencia lingüística

Premiados Letras Galegas do Concello 2023

Parabéns!!

Aos nosos gañadores e gañadoras no concurso proposto por Normalización do concello de Ribeira, para conmemorar as Nosas Letras Galegas 2023: Pedro, Nicolás, Álex, Mauro, Leo, Sabela e Carla.

E...a seguir escribindo historias e contos na nosa lingua!

Premiados no concurso Letras Galegas do concello 2023

FOMOS AO TEATRO EN INGLÉS 2223

We went to the Theatre to enjoy the play "The sword in the stone". Speaking, jokes, songs,... It was very fun and funny.

CÓNTOCHE UN TRAXE

pezas traxe galego

O alumando de cuarto de primaria,fomos ao Museo Municipal para asistir a unha actividade divulgativa do noso traxe tradicional galego, combinando saberes, poesía, música,..., da man da  cantareira de Leilía. Entre canto e canto, panderetada e panderetada, vestíronnos a todos e a todas e aprendemos  as pezas  do noso traxe tradicional galego.

cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno

 

TALLER CREATIVO CON RAQUEL QUEIZÁS 22-23

COA MAGNÍFICA ESCRITORA RAQUEL QUEIZÁS, PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE XEOGRAFÍA CREATIVA.

SEMANA DO LIBRO 22-23

Semana do libro

AO LONGO DE TODA A SEMANA LEVAMOS A CABO DISTINTAS  DINÁMICAS E ACTIVIDADES PARA FOMENTAR E GOZAR COA LECTURA, OS LIBROS, A ARTE,...

FIXEMOS MARCAPÁXINAS CREATIVOS,  OS MAIORES FÓRON LERLLES CONTOS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS MÁIS NOVOS, TIVEMOS CITA A CEGAS CUN LIBRO, VIÑERON AS FAMILIAS A LERNOS CONTOS,FIXEMOS CONCURSO DE RELATOS,VEU PEPA A CHIMPARSE CON NÓS, VISITOUNOS O ESCRITOR ANXO MOURE,...

Chímpate Pepa contacontos23

QUE BEN O PASAMOS DESENVOLVENDO A NOSA CREATIVIDADE.

Semana Do Libro 2023

Día de Rosalía e da Lingua Materna 2023

No día de Rosalía, celebramos todos e todas xuntos a grandeza da nosa lingua materna, musicando os  seus poemas.

 

Rosalía de Castro 21-22

Rosalía de Castro Rosal_ia de Castro mural
Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER.
Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser....
Escoitade o podcast gravado por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro. E tamén cativas e cativos da aula de INF-B da profe Paula recitan "Vente, rapaza", un fragmento dun poema de Rosalía de Castro. Premede no enlace á nosa emisora  RAdioTOdiño, para gozar dos audios.
Tamén desfrutamos pintando a Rosalía,  escribindo os seus poemas, gozando das nosas verbas en galego, para engalanar portas e corredores , con pensamentos, a flor favorita de nosa máis senlleira escritora.
 
 


Candeloria 21-22

Cartaz-candeloriaCandeloria 2022  paxaros gif

Este ano quixemos celebrar o día da Candeloria, facendo creacións artísticas de paxariños en sintonía co poema de Florencio Delgado Gurriarán, escritor que se ha homenaxear na Semana das letras galegas 2022. Desfrutamos creando, escribindo e recitando.

Os nosos nenos e nenas de Infantil F, deleitáronnos co recitado do poema "Andan os paxaros",que gravaron na nosa emisora RadioTodiño. Preme na imaxe para escoitalos.

Paxaros poema Gurriarán

 

Presentación do libro Paxarada

PAXARADA

Hoxe 21 de xuño tivemos a presentación do libro "Paxarada", para o que contamos coa presenza do pintor Manuel Ayaso, a súa filla tamén pintora, Mónica Ayaso, que de xeito totalmente altruista ilustraron coa súa arte, os poemas dos nenos e nenas; a presidenta da nosa Anpa, Mª José, e tamén Unai, tesoureiro. Grazas á Anpa, toda a comunidade educativa vai poder gozar del, pois asumiron o custe total da súa publicación.

 

Tivemos a sorte que nos adicaron os libros facendo as súas maxistrais ilustracións.


Tamén nos agasallaron cunha fermosa creación , para o colexio.

Para que gocedes toda a comunidade educativa aquí tendes o libro en formato dixital.

 

 

 

Distribuir contido