Actividades
SEMANA DO LIBRO 22-23
AO LONGO DE TODA A SEMANA LEVAMOS A CABO DISTINTAS DINÁMICAS E ACTIVIDADES PARA FOMENTAR E GOZAR COA LECTURA, OS LIBROS, A ARTE,...
FIXEMOS MARCAPÁXINAS CREATIVOS, OS MAIORES FÓRON LERLLES CONTOS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS MÁIS NOVOS, TIVEMOS CITA A CEGAS CUN LIBRO, VIÑERON AS FAMILIAS A LERNOS CONTOS,FIXEMOS CONCURSO DE RELATOS,VEU PEPA A CHIMPARSE CON NÓS, VISITOUNOS O ESCRITOR ANXO MOURE,...
QUE BEN O PASAMOS DESENVOLVENDO A NOSA CREATIVIDADE.
Día de Rosalía e da Lingua Materna 2023
No día de Rosalía, celebramos todos e todas xuntos a grandeza da nosa lingua materna, musicando os seus poemas.
25N 22-23
Neste mar de violencia, que é unha lacra para a nosa sociedade, o noso alumnado e os mestres e mestras estamos a desenvolver actividades e dinámicas que deixen pouso, para que todos e todas coma cidadáns contribuamos a erradicala da nosa comunidade educativa e da nosa cidade.
Candeloria 21-22
Este ano quixemos celebrar o día da Candeloria, facendo creacións artísticas de paxariños en sintonía co poema de Florencio Delgado Gurriarán, escritor que se ha homenaxear na Semana das letras galegas 2022. Desfrutamos creando, escribindo e recitando.
Os nosos nenos e nenas de Infantil F, deleitáronnos co recitado do poema "Andan os paxaros",que gravaron na nosa emisora RadioTodiño. Preme na imaxe para escoitalos.
Mercadillo solidario 20-21
Como vimos facendo desde fai uns anos, o Equipo de Voluntariado da Biblio, levamos a cabo a iniciativa do "Mercadillo solidario".
Cambiamos libros por alimentos, que logo donamos a Cáritas Parroquial e a asociacion da Comunidade Evanxélica, para que a nosa solidariedade chegue a todas as familias que o necesitan. Este curso, por mor da pandemia, non pudemos facelo nunha praza pública. Fixémolo dentro da escola. Pero...aínda así, a colaboración da nosa comunidade educativa foi moi grande. 1000 grazas por ese corazón tan grande!!!
8 M 2020-2021
8 M
Este ano, coma nos anteriores, puxemos en práctica distintas iniciativas para facer visible o papel da muller na actualidade , e ao longo da historia.
Este Pasapalabra feito polo alumnado de 2º de primaria, coa súa mestra.
Presentación do libro Paxarada
Hoxe 21 de xuño tivemos a presentación do libro "Paxarada", para o que contamos coa presenza do pintor Manuel Ayaso, a súa filla tamén pintora, Mónica Ayaso, que de xeito totalmente altruista ilustraron coa súa arte, os poemas dos nenos e nenas; a presidenta da nosa Anpa, Mª José, e tamén Unai, tesoureiro. Grazas á Anpa, toda a comunidade educativa vai poder gozar del, pois asumiron o custe total da súa publicación.
Tivemos a sorte que nos adicaron os libros facendo as súas maxistrais ilustracións.
Tamén nos agasallaron cunha fermosa creación , para o colexio.
Para que gocedes toda a comunidade educativa aquí tendes o libro en formato dixital.
Visita Manuel Ayaso xuño 21
Visita do pintor de Aguiño Manuel Ayaso.
Hoxe tivemos o pracer de contar co grande artista Manuel Ayaso no noso cole, para contarnos da súa vida, e da súa obra coma pintor. O alumnado de 5º entrevistouno na nosa emisora RadioTodiño, dentro da Radio na Biblio. Para gozar das súas verbas, premede na imaxe, para escoitalo.
Cando rematou a entrevista, fixo unha visita ás aulas de infantil, onde desfrutou da compaña dos nenos e nenas, que o agasallaron con debuxos, monstros feitos con plastilina, libriños que recrean a súa vida,retratos da súa persoa,... El agasallounos cos seus debuxos e agarimosas palabras.
Semana da Diversidade e das Letras Galegas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »