Actividades

Taller de declamación con Charo Pita

TALLER DE DECLAMACIÓN COA ESCRITORA CHARO PITA

Dentro dos obradoiros de formación de Radio na Biblio, coa escritora Charo Pita aprendemos a modular a voz, a entonar, a declamar, para logo ser uns expertos e expertas locutores e locutoras da radio.Canto aprendemos!!!

 

taller Charo Pita taller Charo Pita

taller Charo Pita taller Charo Pita

LETRAS GALEGAS

 


  ACTIVIDADES EN ANOS ANTERIORES:


Os equipos de Novas Tecnoloxías e de Normalización veñen de maquetar o próximo número da Revista Alborada 2010. Este ano leva como tema o Mundo Mariño, temática do Traballo por Proxectos que se levou a cabo este curso no cole do Grupo.


Este número foi enviado á imprenta e en breve estará a disposición da Comunidade educativa do cole. Todalas clases teñen mostras do traballo e actividades realizadas ao longo do curso: excursións, traballos, campionatos escolares, contos, debuxos, fotos grupos de aula, traballos de inglés, temos páxinas centrais a toda cor das Letras Galegas e do Proxecto de traballo de Infantil.


Deixamosvos a portada deste ano. Un saúdo afectuoso e agardamos que vos guste este novo número.


Do que Fixemos no Día do Libro no noso cole


O 23 de Abril, día do libro, celebramos na biblioteca do Grupo unha sesión de contacontos moi divertida na que distintos profes contaron divertidos contos e historias ó longo de toda a mañá ás diferentes clases que visitaron a biblioteca.

Leotodiño, a nosa benquerida mascota agasallou a todos os lectores que participaron nesta actividade cun marcapáxinas para celebrar este día tan especial.


ACITIVIDADES DO SAMAÍN 2009-10 NA BIBLIOTECA

 

 

"O REMEDO CONTRA O ABURRIMENTO".

Polo Samaín na biblioteca organizamos un biblioconcurso do terror.

O prazo de entrega e do 21 ao 29 de outubro.

O tema é o terror.

Temos dúas modalidades de concurso:

Na modalidade de primaria: contos máximo 4 páxinas e poemas máximo 50 versos.

Na modalidade de infantil farán un debuxo de terror folio A4.

Concurso de Conxuros

 Dentro do Proxecto da "Árbore máxica" da Biblioteca neste curso organizouse un concurso de conxuros. Cando algún deles funcionou a árbore máxica deu os seus froitos: "os libruros".

Os gañadores deste concurso foron os seguintes alumnos/as ou debería dicir meigas e bruxos:

Educación Infantil:

1º Ciclo:

2º Ciclo:

3º Ciclo:

Concurso Día da Paz

Neste curso na biblioteca organizouse un concurso de poesías para celebrar o Día da Paz (30 de xaneiro de 2009). Os gañadores do concurso foron os seguintes alumnos/as:

- Educación Infantil: África Vázquez (4 anos B)

- 1º Ciclo: Álvaro Fernández Novoa (2º A)

- 2º Ciclo: Raquel Montemuíño (3º B)

 

A árbore máxica

Neste curso 2008-2009 levouse a cabo na biblioteca do noso centro o proxecto "A árbore máxica". O Equipo de Biblioteca creamos unha árbore xigante nun recuncho da biblioteca ca idea de facelo máis acolledor e motivar aos nenos/as dándolles unha sorpresa, pois ademáis de impresionalos polo seu tamaño (ata o teito), ésta tiña poderes máxicos.

Durante o curso fíxose un concurso de conxuros máxicos e cando un deles funcionou a árbore máxica deu os seus froitos: "os libruros". Canto máis len os nenos e nenas do noso cole, a árbore máxica da máis libruros, como mola!

REGRESANDO ÁS RAÍCES CELTAS CO SAMAÍN

 

Xa é tradicional celebrar dende hai anos o Samaín no noso cole. De orixe celta, esta festa celebra a chegada dunha nova estación, o inverno e con ela o ano novo celta. A través desta festa os máis novos toman conciencia da orixe celta, logo galega dunha celebración que en demasiadas ocasión chega como "orixinal yanki", cando foi todo ao contrario, os primeiros irlandeses que emigraron a EEUU levarón o Samaín que nos volve como Halloween.

As actividades realizadas froito da coordinación dos Equipos de: Normalización, Extraescolares e Biblioteca para conmemorarmos a festa do Samaín no CEIP O Grupo foron:

Día da Festa o 31 de outubro.

  • Nas aulas traballouse a Unidade Didáctica do Samaín (lenda, tallar cabazas, debuxos…)
  • Concurso de talla de cabazas: entrega das cabazas dos participantes entre os dias luns 27 e martes 28 de outubro.
  • Contacontos:
    • Contacontos con Benito Souto no 2º e 3º ciclos de primaria o Grande Capitán Benito Souto amosaranos a historia do Afundimento do buque Santa Isabel na Illa de Sálvora.
    • Conto do Tío Lobo en infantil e 1º ciclo de primaria. 
  • Acendido das candeas e visita das aulas á exposición de Samaín 2008-09.
  • Entrega dos premios aos gañadores do concurso de Samaín 2008-09.
  • Recollida das cabazas da exposición.

Clica para ver a galeria de imaxes

DÍA DO LIBRO 23 ABRIL DE 2009

O 23 de abril de 2009, enmarcado nas actividades para conmemorar o Día Internacional do Libro, o equipo da biblioteca organizou para Infantil a visita do contacontos: "Tarabelos".

Distribuir contido