Magosto

MAGOSTO 2010-11

Xa estamos a preparar o Magosto, será o 26 de Novembro

Consulta a categoría MAGOSTO

Vídeo do Magosto

00/00/
Array

video, castañas, magosto

FESTA DO MAGOSTO 2010-11

Xa celebramos o magosto este curso...  

Primeiro xogamos a xogos tradicionais e fixemos os "cucuruchos" para poder comer as castañas asadas. Estaban BOÍSIMAS!!!

             

E de paso coñecemos moitos tipos de árbores do outono, como o carballo, a figueira... E xa postos, por que non expoñer os nosos traballos?

Agora só che queda visitar as nosas fotos deste día e do traballado sobre o Magosto.  Esperamos que che gusten!!!  

MAGOSTO 2010-11

 

XA ANDAMOS A PREPARAR O MAGOSTO, QUE BOAS AS CASTAÑAS!

O Magosto 2009-10: A Festa da Castaña

A semana do 16 ao 19 de Outubro celebrouse no noso centro unha nova edición da tradicional Festa da Castaña.

Co gallo desta festa o Equipo de Extraescolares, Normalización, Novas tecnoloxías, Biblioteca, Medioambiente e os ciclos crearon o seguinte programa de actividades:

  • Exposición de Froitos de Outono: solicitarase a axuda dos pais e nais do alumnado para traer unha mostra dos produtos do outono, tódalas froitas e froitos secos. Argallarase unha pequena exposición para que os que o desexen poidan coñecer e máis tarde probar estes produtos.
  • Libro do Magosto: A biblioteca ofrecenos a ocasión para sermos todos nós autores dunha obra en papel. Cada aula seguindo as indicacións dos titores, elaborará unha folla do libro do Magosto: Nesa folla poderedes debuxar, escribir refráns, ditos, adiviñas ou calquera outra cousa relacionada co Magosto e o Outono.
  • Magosto Tradicional: Seica coma tódolos anos o cole contratou os servicios dun castañeiro profesional que coa súa experiencia preparará castañas para unha 500 persoas arriba ou abaixo.
  • Circuíto de Xogos Populares: e antes de comer as castañas a queimar calorías xogando como o facían os nosos avós e avoas, que daquela non tiñan tanta videoconsola nin tanta televisión. Os mestres de Educación Física sacarán do baúl dos recordos: a ra, os peóns, a chave da Coruña, os zancos, os birlos e tantos outros xogos divertidos.

Clica aquí para ver a galería de imaxes do Magosto 09

@S ALUMN@S DO GRUPO ACHEGANSE AO MAGOSTO TRADICIONAL

 

Celebramos o Magosto, a tradicional festa da castaña o mércores 26 de novembro de 2008. Vos sabiades que antes de que Colon chegara a América e trouxera a pataca, o alimento que formaba a base da alimentación era a castaña. As castañas cocidas, asadas, soas ou acompañadas, estaban presentes nas alacenas dos galegos. Hoxe para algúns pasa por un produto de tempada sen máis, para outros é un produto de gourmet o "marrón glacé". Con esta actividade queremos lembrar a importancia social, económica, cultural... da castaña froito do castiñeiro.

Mirade o que fixemos neste curso académico para celebrar o Magosto 2008-09 

  • Os equipos organizadores crearon un cartafol do magosto con material adaptado a cada etapa, ciclo e nivel, para traballar na aula.
  • Os alumnos trouxeron  un puñado de castañas picada para asalas o 26 de novembro.
  • II Concurso de Froitos do Outono, para desarrollar a creatividade artística e a capacidade de reciclado cos froitos do outono.
  • Realizarase outra actuación protagonizada polo Capitán Benito Souto e a Grumete Quilla :” O Magosto da Gaivota” en Infantil e 1º ciclo de primaria e "As aventuras de Xan Castañeda"en 2º e 3º ciclo de Primaria.
  • Visionado do conto audiovisual "A castaña Dourada"  en Infantil e 1º ciclo.
  • Circuíto de xogos populares e tradicionais Galegos: Carreira de sacos, a ra, a chave da Coruña, os birlos, encesta a castaña, achega a castaña, carreira de castañas na culler, zancos de man, aros con guía, o ferrón, tira da corda…
  • Degustación de castañas asadas por un castañeiro tradicional.
  • Lixoman fixonos unha visita para lembrarnos, unha vez que estamos na Axenda 21, que as pelas das castañas se tiran no contedor verde de residuos orgánicos. 

clica para ver a galeria de imaxes

 

 

Distribuir contido