Skip to Content

Reserva de praza/Admisión/Matrícula

ADMISIÓN CURSO 2022/2023

DAMOS A BENVIDA A TODO O ALUMNADO DE NOVA

INCORPORACIÓN AO NOSO CENTRO

A listaxe do alumnado admitido no centro pode consultarse a través da aplicación adisionalumnado ou no taboleiro do centro

 

TODAS as solicitudes de admisión presentadas en prazo antes do 21 de marzo están admitidas.

Non se presentou ningunha solicitude fora do prazo.

O  prazo de matricula será do 20 ao 30 de xuño. 

No caso de ter dúbidas podedes chamar ao centro no teléfono

886 151 669

ASIGNACIÓN DE PRAZA NO IES DE VILALONGA curso 2022/2023

 

 

Venres 25 de febreiro de 2022

TODOS os alumnos/as de 6.º de Primaria que presentaron a solicitude de reserva para o I.E.S. de Vilalonga obtiveron praza. Deberán fomalizar a matrícula no propio instituto nas datas que indiquen desde o centro (normalmente principios de xullo).

**Os alumnos/as que opten por outro instituto diferente teñen que presentar a solicitude de admisión entre o 1 e o 21 de marzo.

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

 

 

Venres 25 de febreiro de 2022

A continuación poden consultar as VACANTES dispoñibles

para o curso 2022/2023:

  • 4.º Infantil: 22 + 3 (NEAE)
  • 5.º/ 6.º Infantil: 3 plazas
  • 1º Primaria: 7 + 3 (NEAE)
  • 2.º Primaria: 16
  • 3.º Primaria: 14
  • 4.º Primaria: 12
  • 5.º Primaria: 18
  • 6.º Primaria: 6

A información tamén está dispoñible nos documentos adxuntos e no taboleiro de anuncios do colexio.

Poden consultar e descargar a lexislación que regula o proceso de admisión nos documentos adxuntos ou premendo nos seguintes enlaces:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

     

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B)

     

     

     

     

     

     

     

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

     

     

     

     

     

     

     

  •  

    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

     

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

 

Tamén incluímos como ficheiro adxunto os manuais dispoñibles na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

NOTA INFORMATIVA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO                                         

Desde o día 1 ao 21 de marzo está aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022/2023, dirixido ao alumnado novo que desexe cursar os seus estudos no noso centro.

SEGUNDO CONSTA NA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE RESOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO:

Documentación necesaria:

Formulario de admisión debidamente cumprimentado (ANEXO II), con letras e números que se entendan ben.

DNI do pai, nai ou representantes legais e do neno/a (se o ten): orixinais e copia.

Libro de Familia: orixinal e copia.

Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2019). Deben solicitalo no centro educativo no que estea cursando os estudos na actualidade.

Formulario de elección de Relixión ou Atención Educativa/Valores.

Outra documentación (se fose o caso): documento que acredite minusvalía, separación dos pais, custodia… O alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (N.E.A.E.) deberá achegar documentación xustificativa. (orixinal e copia en todos os casos)

A solicitude deberá ser asinada pola nai e o pai, ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores legais asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo.

 

Entre os días 20 e 30 do mes de xuño deberán formalizar a matrícula.

O horario de Secretaría é o seguinte: (prégase se axusten na medida do posible)

Luns, martes, mércores, xoves e venres de 09:30 a 10:15 h.

Xoves de 13:20 a 14:15 h.

 

Xornada de portas abertas: este ano, debido á situación sanitaria na que nos atopamos pola pandemia e para extremar as medidas de seguridade, imos facer as xornadas de portas abertas con cita previa. As persoas que estean interesadas deben chamar ao centro ao teléfono do colexio (886.15.16.69)

RESERVA PRAZA CURSO 2022/2023 EN CENTROS ADSCRITOS

Desde o luns 11 de xaneiro está aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2022/2023.

A QUEN VAI DIRIXIDO?:

Só para o alumnado de 6.º de Primaria que vai cursar os seus estudos no I.E.S. de Vilalonga, por tratarse do noso instituto de adscrición.

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR E COMO?:

O anexo ED550A debidamente cumprimentado. Entregado ao alumnado, pero tamén poden descargalo nos documentos adxuntos e/ou no enlace inferior.

Poden cubrir e presentar a solicitude de 3 formas:

  1. Cubrila manualmente e presentala no noso centro.
  2. Cubrila na aplicación e presentala no noso centro.
  3. Cubrila na aplicación e presentala na Sede Electrónica, para o que precisarán a Chave365 ou certificado dixital.

(premer aquí para acceder e consultar máis información)

A data límite para presentar as solicitudes no centro é o mércores 2 de febreiro

IMPORTANTE!!!: Os alumnos/as que opten por outro instituto diferente non teñen que facer a reserva agora. Deberán cubrir a solicitude de admisión no instituto escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

 

Formulario reserva de praza:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/2022: LISTAXE PROVISIONAL

Venres 26 de marzo de 2021

  RESOLUCIÓN PROVISIONAL

Con carácter provisional, foron admitidos TODOS os alumnos/as que presentaron a solicitude de admisión no noso centro no prazo ordinario.

Antes do 16 de maio publicarase a resolución definitiva.

Debido á indicacións da Consellería, non podemos publicar as listaxes do alumnado admitido na páxina web, pero si no taboleiro de anuncios do interior do colexio (ao lado de Conserxería).

Se teñen dúbidas ou consultas poden chamarnos ao teléfono 886.15.16.69.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2021

Venres 26 de febreiro de 2021

 ---- POR VIDEOCONFERENCIA ----

Se estás interesado en matricular ao teu fillo/a no noso centro e che gustaría coñecer as instalacións, metodoloxía de traballo, proxectos, etc., non te perdas as xornadas de portas abertas!

Este ano, debido á situación sanitaria na que nos encontramos pola pandemia e para extremar as medidas de seguridade, imos facer as xornadas de portas abertas de xeito virtual a través de VIDEOCONFERENCIA, en lugar de presenciais. As persoas que estean interesadas deben enviarnos un email á dirección ceip.nantes@edu.xunta.es co seu correo electrónico para que poidamos enviarlle o enlace para conectarse á videoconferencia. As xornadas de portas abertas terán lugar o martes 2 de

marzo en dúas quendas:

- de 16:30 a 17:30h.

- de 17:30 a 18:30h.

 

MATRÍCULA 2021/2022

MATRÍCULA

2021/2022

Prazo:

do 20 ao 30 de XUÑO DE 2021

SÓ PARA O NOVO ALUMNADO

 

 A QUEN VAI DIRIXIDO?

O prazo de matrícula vai dirixido a:

  • Nenos/as que comezan a escolaridade en 3 anos (4.º Infantil). Nacidos no ano 2018.
  • Nenos/as que cambian de centro.

Os alumnos/as que actualmente están matriculados no centro, e que continúen no mesmo o vindeiro curso, non deberán formalizar ningún trámite.

O alumnado de 6.º de Primaria que vai ir ao I.E.S., deberá realizar a matrícula no instituto no que vaia cursar os seus estudos.

REUNIÓN 3 ANOS

O luns 28 de xuño de 2021 ás 12:00 h. haberá

unha reunión dirixida ás familias con fillos/as que

entran o vindeiro curso en 4.º Ed. Infantil (3 anos).

Temas a tratar:

  • Período de adaptación.
  • Funcionamento do centro.
  • Etc.

ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/2022: LISTAXE DEFINITIVA

Venres 14 de maio de 2021

Luns 21 de xuño de 2021

 RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Foron admitidos TODOS os alumnos/as que presentaron a solicitude de admisión no noso centro no prazo ordinario e fóra de prazo.

Poden consultar as listaxes no taboleiro de anuncios do interior do colexio que está ao lado de Conserxería, dado a a Consellería non permite publicar estes listados na páxina web.

Entre os días 20 e 30 de xuño teñen que formalizar a matrícula na Secretaría do colexio.

Se teñen dúbidas ou consultas poden chamarnos ao teléfono 886.15.16.69.

Horario:

 De luns a venres de 10:00 a 14:00 h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut