Skip to Content

Orientación

VOLVEMOS A RESPIRAR AIRE FRESCO!

Martes 28, de abril, de 2020

Bo día familias, nenos e nenas! Que tal estades? Supoño que máis animados, xa que, POR FIN, desde o domingo, os nenos e nenas xa poden saír da casiña, poderán saír a pasear e gozar do aire libre, aínda só que sexa, un anaquiño para oxixenarse.

 

Durante este confinamento, estivemos educando aos fillo/as sobre a importancia e necesidade de non saír da casa, agora toca educalos para xogar na rúa.

 

AS FAMILIAS, COMO PODEMOS AXUDAR AOS NOSOS MENORES?

Antes de saír á rúa, é importante explicarlles aos nenos/as a situación que vivimos: de forma adecuada á idade e madurez do menor, pois para que o seu cerebro estea tranquilo e se sinta seguro, necesita unha rutina e anticipación.

 

Polo que debemos ter unha conversación sincera e calmada con nosos fillos/as, utilizando unha linguaxe que comprendan

Os expertos, recordan que “non hai que mentirlles nin ocultarlles información importante”, debemos explicarlles o por que, das cousas tranquilamente. Así poderán entender, por que teñen que seguir as instrucións dadas.

Podemos explicarlles que “si se coidan eles, tamén coidan aos demais e están sendo uns superheroes para frear o virus”. Debemos poñernos no seu lugar e facelos protagonistas desta historia. Si se amosan ansiosos ou estresados, escoitaremos as súas necesidades e temos que “entender o seu malestar” e “aprender a tolerar e acompañar as súas emocións”.

 

Por outra banda, debemos ser conscientes do noso propio estado de ánimo: os nenos/as dependen dos maiores para modular as súas emocións. Polo que, é recomendable que reflexiones sobre o teu estado de ánimo e si estás preparado para saír da casa. Un pai ou nai angustiado, dificilmente poderá crear as condicións para que un paseo sexa agradable. É importante transmitirlle calma, seguridade e certa normalidade.

Podemos planificar previamente a saída:

  • Comentamos a saída  ou “plan” un día antes e un bo rato antes de saír: Dicirlles “mañá imos a comezar a saír á rúa”, e  recordámoslles as condicións nas cales se vai a dar o paseo.
  • Falarlle do percorrido: Explicarlles canto tempo vai durar e hasta onde van a poder chegar. Exemplo: Imos a dar unha volta ao noso barrio ou que pasaremos por eses sitios que coñece, ou que chegaremos hasta tal sitio”, así entenderá que non é un recorrido libre ou sen límite de tempo.
  • Tentar que sexan participes na organización do novo horario cando teñamos esa posibilidade: "A que hora che apetece mellor saír?" Iso si,  procuraremos evitar horas punta.
  • Darlle pautas segundo a idade: Aos más pequenos por exemplos: Dicirlle que facer si nos atopamos o veciño/a  que pasea o cadelo, a un amigo... Explicarlles que papá ou mamá poden ir xunto a el ou ela, pero que calquera outra persoa que nos atopemos deberán estar a distancia”. Aos maiores, poderemos dicirlle claramente o tempo e as distancias.
  • Faille saber que non rematou a pandemia: é importante que non asocien  saír á rúa co fin da pandemia. Explicarlles: O problema polo que estamos en casa aínda non está resolto, polo que durante a nosa aventura na rúa teremos que tomar precaucións.

  • Explícalles cómo é a vida na rúa: Os adultos que verán fóra da casa tamén están tomando precaucións, para evitar que se asusten ao velos con mascarillas ou luvas.
  • Para os mais pequenos, dicirlle: ‘mira cariño, aínda hai algún bicho pequeno, pero non sabemos onde; entonces, como non sabemos onde, nalgúns sitios non vamos a tocar porque pode estar aí e non o vemos” O ideal é poñerlles uns patíns, bicicletas… para que estean en movemento.
  • Debemos eloxiar concretamente o seu comportamento durante o paseo, cando este foi positivo e cumpriu as normas. Facerlle saber que nos sentimos orgullosos/as de el/a.
  • Transmítelles seguridade:  Algúns menores poden sentir medo por ir a rúa, neste caso transmitirlles seguridade e explicarlles que, tomando as precaucións que xa falamos, pode estar tranquilo e gozar do paseo. Por exemplo: “Cariño, Dexaríate eu saír á rúa se fose perigoso?”.
  • Resolve as súas dúbidas: Poden preguntarnos por que non imos a visitar aos avós. Hai que explicarlles, que polo ben deles temos que seguir en contacto por videochamadas, teléfono o pintándolles debuxos. Explicarlles que temos que ir paso a paso. A primeira medida é saír con eles e despois xa chegará o tempo de ver os avós e outros familiares.
  • Debuxar e escribir sentimentos: Ao chegar a casa poderíamos pedirlle ao neno que faga un debuxo do paseo e que nos conte a historia do seu debuxo. Así poderemos acceder ós seus temores e preocupacións, é unha oportunidade para que a familia poida axudarlles a procesar a súa angustia.

 

CONSELLOS PARA OS PEQUENOS E PEQUENAS

 

Nenas e nenos, por fin chegou a hora de volver a saír á rúa, de andar, correr, levar os nosos xoguetes,  pero non podemos ir aos parques.

Antes de gozar de novo das excursións ó aire libre, recordemos que temos que seguir loitando e ser moi listos, para frear o 'bicho'. Así que, antes de ir a pasear,  pensemos nas novas normas de xogo e precaucións para coidarte a tí mesmo e coidar dos demais.

 

É Preciso que saibades:

  • Non estás obrigado a saír se non che apetece.
  • Si te animas, asegúrate de que estás ben, de que non tes febre, nin tos, nin ningún outro síntoma. Si é así, mellor quedar descansando en casa uns días máis.
  • Podes saír unha hora ao día, entre as 9 da mañá e as 9 da noite, a non máis dun kilómetro da nosa casa.
  • Sempre iredes acompañados dun adulto da vosa familia.
  • Si estás ben, prepara os teus xoguetes, bicicleta ou patinete, porque por agora só podemos saír unha vez ao día. 
  • Non debemos ir a sitios nos que hai moita xente! Si cando saímos a rúa vemos que hai moitas persoas, será mellor esperar un ratiño máis na casa.
  • Mentres xogas, tes que estar a dous metros de distancia dos demais para evitar co  'bicho' salte. Entre dúas persoas ten que coller un coche estacionado, está será a distancia que debemos respectar
  • O uso de mascaras tamén se recomendan como unha boa armadura para loitar contra o virus, pero só se imos ao supermercado ou onde hai moita xente, para saír en solitario non fai falta.
  • Si nos encontramos con algún amigo/a, polo momento, o mellor e saudalo desde lonxe e quedade para xogar máis adiante. Podes dicirlle, ola e charlar un rato, pero nada de bicos, abrazos e chocar os puños. Iso deixámolo para máis adiante.
  • Intenta non tocar todo, pois o virus pode quedar no chan, nos bancos, nas moedas... e lavar ben as mans antes de saír e ó chegar a casa, con auga e xabón ou con un xel hixienizante.

 

        Pero… que podedes facer?

  • Podedes pasear por zonas amplas, abertas.
  • Podemos correr, saltar, facer exercicio, sempre tendo en conta as recomendacións dos adultos.
  • Dar unha volta por cerca da nosa casa co noso patinete, bicicleta, patíns….
  • Xogar coa nosa pelota.

  • Se non tedes mascarilla, non vos preocupedes,  porque os expertos din que non é imprescindible que os nenos/as a levedes. Se a tedes, a vosa familia explicaranvos como usala.

        Qué hai que facer ó regresar a casa?

  • Deixar os zapatos, o patinete e os xoguetes nunha caixa e limpalos.
  • Lavarse ben as mans y si é o caso, retirar as mascarillas.
  • Tirar a mascarilla no lixo de casa, deixando a bolsa ben pechada.
  • Quitarnos a roupa e poñernos unha muda de andar por casa.
  • Falar coa familia do que vimos, escoitalos, deixar que nos conten cómo viviron a experiencia.
  • Manter as rutinas sans do confinamento: seguir coas rutinas en casa de luns a venres, e outras diferentes os fins de semana.

 

E para finalizar, recordade sempre que cada neno e nena é único/a e procesará esta situación de acordo coa súa forma de ser. 

 

DISFRUTADE DA SAÍDA, SEMPRE CON RESPONSABILIDADE

Espero que isto vos sirva de axuda para as tan esperadas saídas. Calquera dúbida ou consulta que vos xurda e na que vos poida axudar, podedes escribirme ao correo belencs.orientadora@gmail.com.

Unha aperta da orientadora.

Belén Cid.

 

O DÍA DO LIBRO

 Xoves 23, de abril, de 2020.

 

Bo día familias!! Como estades?? Hoxe é un día especial. O 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro, polo que me gustaría que o fixeramos xuntas e xuntos.

 

 

O Día do Libro, festéxase en todo o mundo e busca, fomentar a lectura e defender e protexer os dereitos de autor. A UNESCO decretou este día, xa que nesa data, morreron personaxes ilustres da literatura, como Miguel de Cervantes, William Shakespearee outros naceron nese mesmo día.

 

Os libros, son máxicos manuais cos que podes vivir aventuras, coñecer outras civilizacións, animais fantásticos e todo tipo de seres máxicos. Son unhafonte de sabedoría, que axudan as persoas a transformar o seu mundo interior e exterior.

Son ferramentas para adquirir novos coñecementos, para transmitir valores, e axudan no desenvolvemento da creatividade, da imaxinación e das capacidades cognitivas dos nenos e nenas e poden ser unha boa terapia para a nosa saúde.

 

Por isto, é moi importante que os nenos e nenas, aprendan a amar os libros, en lugar de velos como unha obriga máis. Sempre desde o xogo e desde as actividades de ocio, para que os pequenos/as

se apaixonen cos libros e a lectura se converta nun hábito de vida.

 

 Como podemos celebrar o día do libro?

 

Pois aproveitando que a maioría de nos estamos na casa, podemos dedicar a xornada a ler con nosos fillos e fillas, de feito estou segura de que nestes días tivestes moitosmomentos de lectura con eles/as.

 

Déixovos as seguintes ideas para celebrar o Día do Libro e que elixades a que máis vos guste:

1.Tempo de lectura en familia: Podemos pasar a xornada dedicando unhas horas á lectura en familia. Cada membro elixe o seu libro, e todos xuntos nos sentamos no sofá ou na cama a ler o noso conto ou libro.

 

2.Ler en voz alta: Esta é unha boa técnica para conseguir lles guste ler, é bo para relaxarnos, distraernos e dar renda solta a súa imaxinación. Cada membro da familia pode escoller un libro ou conto, e dedicar uns minutos a que cada un lea algo en voz alta.

 

3.Recital Poético: A poesía infantil tamén pode ser protagonista da celebración do Día do Libro, a través dun paseo polas letras de poetas como Gloria Fuertes. Este pode ser un bo momento para descubrir novos poemas ou de gozar novamente da música de versos xa coñecidos.

O libro de Gloria Fuertes para nenos e nenas.

https://www.youtube.com/watch?v=fjHy_y0nhpQ

https://www.youtube.com/watch?v=FFm4iyFZ6v0

 

4.Xogo de venta de libros: Podemos organizar un xogo no que os nenos/as simulen que son libreiros por un día. Nos podemos ser os seus clientes. Collemos unha pequena mesa, e colocamos encima os libros preferidos que elixen os nenos/as. Nos podemos facer que nos diriximos ao posto e nos interesamos polos libros. Os nenos/as terán que explicarnos de qué vai cada libro ou quen loo escribiu e ó final, facemos que lles mercamos un.

 

5.Doazón de libros: Os libros e contos teñen moitas vidas, polo que pode ser un boa oportunidade para facer unha revisión dos que temos e doalos a unha entidade interesada neste material, aqueles libros que xa limos ou que xa non empregamos, poden regalar alegría e felicidade a novos lectores. A solidaridade pode ser unha experiencia para recordar en familia.

 

6Taller de escritura creativa: Podemos dedicar a xornada a que os nenos e nenas se convertan por un día en escritores. Podemos darlles algunhas pautas para que creen unha pequena historia, que despois leran en voz alta, ou amosándoa, no caso de facela con pequenos debuxos ou ilustracións.

 

Outra idea é que creen o seu propio libro, escollendo os seus contos preferidos, poden facer un breve resumo do que máis lle gustou de cada un deles e ilustralos, así poderán compartilo con outros nenos/as nas redes sociais e co colexio, para que outros nenos/as se animen a lelos. Os máis pequenos poden facer o seu libro, con debuxos dos seus contos favoritos.

 

A continuación déixovos algúns dos meus contos preferidos, para que gocedes en familia:

Recetas de lluvia y azúcar.

https://www.youtube.com/watch?v=fVxed8MrtzU

Así es mi corazón.

https://www.youtube.com/watch?v=F0t7G-rYD9U

Te quiero casi siempre.

https://www.youtube.com/watch?v=0_qqRaTd3R4

El monstruo de colores.

https://www.youtube.com/watch?v=__NmMOkND8g

Vacío.

https://www.youtube.com/watch?v=VabTj50onAE

¿De qué color es un beso?

https://www.youtube.com/watch?v=-MKcSaZD410

La gran fábrica de las palabras.

https://www.youtube.com/watch?v=oiQ2xmMoRus

Monstruo Rosa.

https://www.youtube.com/watch?v=AljPBaB5I4A

Yo voy conmigo.

https://www.youtube.com/watch?v=kPl4JG1x4XY

Espero que teñades un Feliz día do libro!! A disfrutar!!. #DíaMundialdelLibro.

 

Unha Aperta da orientadora.

 

A HIXIENE DO SONO

Martes 21, de abril, de 2020.

Bo día familias! Que tal estades? Espero que todo vaia ben e que pasarades un bo fin de semana en familia.

Hoxe gustaríame que falásemos sobre a hixiene do sono, xa que, o estrés e o medo ao que estamos sometidos no último mes dada a situación que estamos vivindo, así como, o illamento social poden empeorar a nosa cantidade e calidade de sono, provocando pesadelos e somnolencia diúrna.

Todos tivemos pesadelos nalgún momento da nosa vida, normalmente son unha resposta a unha situación de estrés ou as nosas preocupacións diarias. Por iso, é habitual soñar que suspendes cando tes un exame ao día seguinte, ou que a túa compañeira non che fala cando discutiches con ela o día anterior, e dicir, os malos soños reflicten todo aquilo que nos ocasiona ansiedade, e agora mesmo o protagonista dos nosos medos é o coronavirus, as consecuencias que traerá e como vai a afectarnos na “Nova Normalidade”.

Os pesadelos están cargados de emocións negativas, estas poden continuar ao día seguinte e afectar ao noso estado de ánimo, aumenta á probabilidade de estar negativo todo o día.

 

Pero podemos deixar de soñar?

Non hai receitas máxicas que nos impidan soñar, pero si algo que pode mellorar o noso descanso: A hixiene do sono, que son trucos ou técnicas para optimizar o tempo que pasamos en cama, mellorando o descanso na mesma. Podemos seguir as seguintes orientacións:

  • Evita ler o móbil antes de durmir: non debemos obsesionarnos coas noticias sobre a pandemia. Por exemplo, despois da cea podemos ver unha serie de comedia ou unha película.
  • Non cambies os teus horarios: Intenta manter un horario regular, deitándote e e espertando sempre á mesma hora.
  • Fai exercicio: non fai falla que sexa unha actividades moi intensas, por exemplo: Yoga, Zumba, Mindfulness… isto pode axudarvos a liberar tensións, durmir mais rápido e descansar mellor.
  • Si estás preocupado/a, debes falalo con alguén, cos teus seres queridos, compartir os nosos medos con empatía e sinceridade pode axudarnos a comprendelos mellor, a restarlles importancia, aprendendo novas formas de xestionalos.

Como se reflexa isto nos nosos fillos e fillas?

Como explican os psicólogos/as, a memoria emocional depende da nosa historia relacional e das situacións de risco ou perigo que vivimos ou percibimos, o que está pasando nestes momentos, formará parte da nosa memoria emocional. 

A infancia é unha etapa especialmente vulnerable a certas situacións que deixan unha forte pegada emocional nos/as pequenos/as, por iso, é importante que as familias lle expliquen aos nenos e nenas a realidade do que sucede de forma clara, axustándose a súa idade, de no ser así, os neno poderían crearse a súa propia realidade.  

Cando a nai ou pai son alarmistas ou perden os nervios, contaminan os seus estados emocionais, deixándoos indefensos,  nerviosos ou  preocupados e todo isto reflíctese nos sonos e pesadelos.

 

Como debemos reaccionar os adultos?

  • É moi importante crear pautas de sono, un entorno de seguridade e conectar coas necesidades emocionais nos nosos fillos/as: lerlle un conto, abrazalo hasta que se quede durmido e que saiba que estarás a seu lado cando te chame. Non dicirlle iso de: Xa eres maior vai a durmir!".
  • Cando nos chamen: podemos axudarlles entrando no seu cuarto, sen acender a luz (poden ter unha luz cálida que lles de seguridade) e tranquilizámolos, asegurándolles que contan con nos”. 

  • Debemos aclararlles, brevemente o ocorrido: “Era un pesadelo cariño, xa pasou. Agora, estás esperto e conmigo”. Ademais, dicímoslle: “Entendo que estes asustado e con medo, é normal. Eu tamén soño e pásame o mesmo” ou “Os soños asústannos a todos/as, un cree que son reais nese momento. Agora xa ves que non”.
  • Os abrazos, bicos e as caricias son o mellor calmante para volver a conciliar o sono“Quedarse con eles, cando o necesitan, non é malcrialos, xa que só, desde a nosa seguridade, eles adquiren a súa”. Á maña seguinte, o/a neno/a “pode contar o que soñou, como si fora un conto” e, incluso, podemos axudarlles “a crear outros finais”.

 

Tempo de sono recomendado por idades:

 

Pautas de hixiene de sono para os nosos pequenos/as.

1.Establecer unha serie de rutinas: por exemplo: ducharse, cear, ver un pouquiño a televisión, ler un conto e ir para á cama.

Podemos traballar o seguinte conto: Yo mataré monstruos por ti, de Santi Balmes. Axuda aos nenos e nenas a perder o medo a escuridade e a durmir.

https://www.youtube.com/watch?v=zbcd3yzFa3E

2.Darlle unha cea lixeira: evitaremos que tomen alimentos con azucre, cafeína, graxas...

3.Que durman sempre no mesmo lugar, á mesma hora, illado de ruídos.

4.Non deben ter televisión, videoxogos ou outros aparatos electrónicos no dormitorio, evitar utilizalas antes de durmir.

5.Evitar sestas prolongadas (non mais de 20 - 30 minutos).

 

6.Realizar exercicios de relaxacióne respiración, para liberar la mente de estímulos negativos,  antes de ir para cama.

Aquí vos deixo o conto  de Respira, que nos axudará a introducir aos nenos e e nenas no mundo da meditación e poder tomar conciencia da súa respiración, que os nenos aprendan como poden facelo:

https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA

Vídeo: La Respiración de la Abeja con Minipadmini

https://www.youtube.com/watch?v=eSBjHB4ezGs

La nube, para relaxarnos:

https://www.youtube.com/watch?v=Ea6ykVh7Y7U

Espero que vos sirva de axuda para mellorar o descanso. Calquera dúbida que vos xurda e na que vos poida axudar, podedes escribirme ao correo.

Unha aperta da orientadora.

Belén.

 

CONÉCTATE COS TEUS FILLOS E FILLAS

Venres 17 de abril, de 2020.

Bo día familias! Como estades? Xa estamos rematando outra semana, e o seguinte será disfrutar do tempo de lecer na fin de semana. O tempo pasa voando!!

Hoxe gustaríame que falásemos sobre o Bo uso das pantallas nos nenos e nenas.

Debido ao confinamento e a tantos días sen clase, seguramente o alumnado pasa máis tempo en casa usando consolas, tablets, dispositivos móbiles... do habitual, pois todos necesitamos un tempo para adaptarnos ao contexto que estamos a vivir e a adquisición de novas rutinas.

Os motivos polo que isto pasa son dispares, como a necesidade lectiva de acceso ao contido online, o tempo de ocio, e as relacións sociais cos seus amigos/as e familiares. Polo que me gustaría que reflexionemos sobre como podemos promover o uso saudable das pantallas, xa que, isto pode repercutir na conduta do alumnado, na capacidade para xestionar as súas emocións ou pode afectar negativamente nas relacións sociais.

As orientacións para adaptarnos as pantallas de xeito saudable, son as seguintes:

  • Fomentar un ambiente de confianza e empatía no fogar: para que o alumnado poida expresar as súas preocupacións. Escoitar as súas necesidades e acompañalos para que accedan a contidos seguros para a súas idade.

  • Evitar unha actitude inflexible fronte ao uso de pantallas: Podemos transmitirlles que non é saudable conectarse a todas horas, e que cambiar de actividade permítenos por exemplo, descansar a vista e a postura, falar coa máis coa nosa familia...

  • Dar prioridade ás actividades diarias básicas:  Debemos respectar os horarios para durmir, comer, para realizar as cousas de casa: non debemos esquecer as nosas rutinas. Podemos marcarlle un tempo para xogar, por exemplo despois de comer.

  • Non distraerse: Cando se utiliza Internet para realizar as tarefas escolares, non deben usar as redes sociais ou de mensaxería. Deben centrarse na tarefa.

  • Debemos dar exemplo: Os nenos e nenas imitan os comportamentos que ven nos seus familiares, non terán en conta as nosas pautas, si non ven que actuamos  con autocontrol cos dispositivos.

  • Xestionar o tempo de uso de dispositivos electrónicos: Por exemplo usando pactos familiares, que permitan establecer normas e límites de uso, dialogando.

 

 

  • Entende: É moi importante asegurarse do que están vendo, a que xogan e o que o que len, sexa contido de calidade, adecuado para a súa idade.

  • Infórmate: Debemos coñecer as pautas dun uso saudable das tecnoloxías, descobre as ferramentas que facilitan esta tarefa, usándoas e poñede en práctica os consellos dos expertos

No Anexo, déixovos un Decálogo para que podidades ler e coñecer como levar a cabo un bo uso das Tecnoloxías da Información e da comunicación.

 

Outra cousa moi importante é reflexionar cos nenos e nenas, sobre como empregan o tempo sen internet, podemos planificalo e realizalo coas seguintes cuestións:

  • Dedicar un tempo concreto a estar “conectado” pero tamén realizar outras actividades, Poden axudarte a ser máis feliz e a facer máis felices a quenes te rodean?
  • Que actividades deixas de realizar para poder estar “conectado”? 
  • A que outro tipo de actividades che gustaría dedicar máis tempo? 
  • Que pasaría si planificase unha hora determinada ao día na que atender as súas redes sociais, en lugar de facelo cada pouco? 
  • Dedicas cada vez menos tempo do que che gustaría a túa familia e amigos/as?

     Con isto, o que tratamos é de establecer unhas condicións para que poidan seguir desenvolvendose tranquilos/as, felices e seguros/as, e que o uso adecuado das tecnoloxías acompañe o seu crecemento, intereses e relacións fóra e dentro da rede.

 

Para finalizar, quero déixavos os seguintes vídeos

 

“Los niños y las nuevas tecnologías: beneficios y peligros”, de Guía Infantil.

https://www.youtube.com/watch?v=Z2bER20nrHw

En este vídeo o neuropsicólogo Álvaro Bilbao, explícanos “cómo reacciona o cerebro dos nenos e nenas, ante a exposición excesiva ás  novas tecnoloxías”.

https://www.youtube.com/watch?v=sexMlvNVcvo

Neste vídeo, mostra  os “Riscos na rede e cómo evitalos”, para que poidamos ver reflexionar cos nosos fillos e fillas.

https://www.youtube.com/watch?v=NoJvP06sDr4

Espero que teñades unha boa fin de semana, e continuedes disfrutando do tempo en familia, xuntos e xuntas.

Moito ánimo e unha Aperta da orientadora.

Belén.

 

DÍA DA ARTE

Mércores 15, de abril, de 2020.

Bo día familias!

Hoxe, 15 de abril celébrase o Día Mundial da Arte, no que se pretende dar a coñecer a importancia que ten a arte e o pensamento creativo, para a evolución do pensamento humano e a resolución dos nosos problemas.

Estableceuse esta data, xa que foi o día en que nace un dos maiores artistas da humanidade, Leonardo Da Vinci, pois foi pintor, escultor, diseñador, arquitecto, poeta… Aquí vos deixo dous enlaces, por si vos apetece coñecelo mellor.

https://www.youtube.com/watch?v=aOqn6adJH84

https://www.youtube.com/watch?v=BD0NjYYjPF0

 

A arte, é unha forma de liberdade, de expresar o que queiramos, de decubrimento dun mesmo e do mundo exterior, e tamén nos serve para manifestar os nosos sentimentos. É estimulante, motiva para crear, expresar e aprender.

Queremos falarvos deste tema, resaltando a importancia que ten a arte na educación e crecemento do noso alumnado. Ademais de estimular as aprendizaxes, pintar, debuxar ou modelar son actividades que desenvolven a percepción, a motricidade fina, a conciencia emocional de si mesmos e dos demais, ou a interacción social. A creatividade e a imaxinación teñen un papel importante e moitos beneficios.

En que contribúe a arte e a creatividade na educación dos nenos e nenas?

  • No desenvolvemento persoal: a arte potencia a autoestima e autoconcepto dos nenos/as, e xenéralles o sentimento de alcanzar un logro.
  • Desenvolvemento social: o neno aprende a cooperar nun traballo artístico realizado en grupo.
  • Desenvolvemento físico: os músculos máis pequenos, a coordinación man-ollo, a lateralidade e o sentido do ritmo, desenvólvense grazas ás diversas formas de expresión artística.
  • Desenvolvemento da linguaxe: é unha forma de expresión que non se basa na habilidade verbal, pero a linguaxe e o vocabulario aumentan a medida que os nenos falan dos seus traballos. Ademais, o debuxo contribúe ao desenvolvendo da escritura nos máis pequenos.
  • Desenvolvemento cognitivo: os beneficios  vense na representación simbólica, na relación espacial, nos números e cantidades, orde...

Aquí vos deixo algunhas ideas para celebrar o día da arte en familia, sempre que vos apeteza. Recomendámosvos que potenciedes o lado mais creativo dos nenos e nenas.

Aprendemos a debuxar en 3D.

https://www.youtube.com/watch?v=78n-lwmxVgo

 

Outras ideas que podemos facer

https://www.youtube.com/watch?v=NCM0bbd1vEw

 

Anímovos a probar se podedes esta técnica de acuarelas que explica paso a paso Tamara Chuvbarovsky

https://www.tamarachubarovsky.com/2020/04/05/acuarelas-con-ninos/

 

Espero que vos gusten e gocedes delas xuntos/as.

Unha aperta da orientadora.

Belén

OS BICOS

Martes 14, de abril, de 2020.

Bo día familias! Que tal vos atopades? Como foron estas vacacións tan atípicas? Seguro que moi curtas, pois o tempo pasa voando, espero que gozarades moito dos momentos en familia e que todos/as estedes ben.

Onte, 13 de abril, foi o “Día Internacional do Bico”. Esta celebración, pretende recordar a importancia que teñen os bicos para nós, para a maioría das persoas da nosa sociedade, expresamos o noso amor a través deles, aínda que nestes momentos coa pandemia que estamos a vivir debemos evitalos polo noso ben e o ben dos demais, podemos saudarnos doutras formas diferentes.

O bico, é a linguaxe universal do amor. Estreita vínculos entre as persoas e amosa afecto ou un simple saúdo. Neste día conmemóranse os diferentes tipos de bicos que existen, bicos románticos, os bicos nas meixelas, os bicos de nais, país a fillos/as, e os bicos entre amigos e amigas...

 Algúns dos beneficios de dar bicos, son os seguintes:

- Os bicos mitigan a dor.

- Liberan endorfinas e hormonas como a dopamina e a oxitocina.

- Exercitan os músculos faciais.

- Axudan a combatir o estrés e a tensión…

 

Neste momento que estamos vivindo, sabemos que debemos evitar bicar ou abrazar ás outras persoas para evitar contaxios, e botámolo moitísimo de menos, pero non vos preocupedes que pronto poderemos volver a bicarnos de novo, sempre pedindo permiso para non molestar a ninguén, pois sabedes que hai persoas ás que non lles gustan os bicos e debemos respetalos e poñernos na pel deles.

 

Un bico, non é unha obriga, debemos ensinar aos nosos pequenos/as que que os bicos ou mostras de cariño debemos dalas sempre e cando nós queiramos. As veces é común pedirlle aos nosos fillos/as que lle den bicos a familiares e amigos/as, pero Que farías ti, se te obrigasen a darlle un bico a alguén que non coñeces de nada? Pensemos nisto.

A continuación, déixovos un conto “La hucha de los besos”, para que gocedes en familia.

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=-98_UW9nO_k

Despois de escoitar e ver este conto, podemos reflexionar sobre as seguintes cuestións:

- Que facemos cos bicos e mostras de cariño que recibimos da xente que nos quere?

- A onde van os bicos e mostras de cariño?

- Podemos recuperalos máis adiante e darlles unha vida nova?

Atopemos a nosa hucha dos bicos!

Podemos crear a nosa propia hucha dos bicos, con material reciclado: unha botella, unha caixa de cartón, unha lata…nela iremos metendo os bicos e  mostras de cariño que nos dan os demais. Utilizarémola para os momentos que necesitemos, e eu pensó que este é un deses momentos. Anímovos a facela e gardala no voso recanto das emocións.

Unha Aperta forte da orientadora.

Belén.

 

Podo APRENDER. Podo TRABALLAR.

 

Xoves, 2 de abril, de 2020.

 

 

Bo día familias!! Hoxe é o día da concienciación sobre as persoas con TEA, que están a vivir uns días especialmente difíciles confinados nas súas casas, pois para tranquilizarse precisan pasear, non é un capricho, é unha necesidade.

 

O trastorno do espectro do autismo (TEA)é un trastorno de orixe neurobiolóxico que afecta á configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades en dúas áreas principalmente: a comunicación e interacción social e a flexibilidade do pensamento e da conduta.

 

Por que se celebra neste día?

 

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007, o 2 de abrilcomo o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, có fin de poñer e de amosar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con TEA, promovendo a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade como cidadáns e caudadas de pleno dereito.

 

Este anoo movemento asociativo de autismo en España promove unha campaña de concienciación, en coordinación con Autismo Europa, para darlle visibilidade a realidade do colectivo, as súas capacidades, prioridades e necesidades.

Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”,este ano centrase:  no acceso a unha educación e a un emprego de calidade que se adecúe ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA. Para isto debe darse un cambio na sociedade promovendo a accesibilidade do colectivo a todos os sectores, pois teñen todo o dereito.

 

A continuación, déixovos dous curtos para que vexades en familia, e comprendamos un pouco máis as persoas con TEA:

 

Curto: EL VIAJE DE MARÍA

É unha curtametraxe de animación do debuxante Miguel Gallardo que di “Cando María está con nos, fai do mundo un sitio mellor”. Invítovos a velos.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=XU7bLrjDPTs

 

Curto: FLOAT

É unha adaptación da historia real de Bobby Rubio, director e autor da mesma. Trata sobre un pai descubre que o seu fillo flota, algo que lle fai ser distinto dos nenos e nenas que o rodean. Sen embargo, seu pai fai todo o posible por disimular a súa estraña habilidade, hasta que un día, de forma inevitable, a verdade sae á luz. Entón o pai vese obrigado a tomar unha decisión: ou renegar del, ou aceptalo tal e como é.

 

https://www.facebook.com/105509684159183/videos/578209529582988/

 

Para finalizar, dende o Departamento de Orientación do colexio, as mestras Bárbara de PT, Silvia de AL e Belén Orientadora, queremos apoiar a campaña “Podo aprender. Podo traballar”, amosando o noso compromiso e solidaridade coas persoas con TEA e coas súas familias, compartindo unha foto cunha ferramenta que representa unha das nosas habilidades, e facendo o xesto da campaña, para amosar que cada persoa é diferentes,

TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES.

 

Cada persoa é diferente e ten as súas fortalezas,  como sociedade podemos e debemos fomentalas, para ser cada vez máis inclusiva e respetuosa coa diversidade.

TOLERANCIA – RESPETO - IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

Rompamos unidos as barreiras pola súa inclusión.#DiaMundialAutismo

Que disfrutedes moito deste día!

Unha Aperta dende o Departamento de Orientación de Nantes.

Belén.

 

ABRIL

 

Mércores,1 de abril, de 2020.

Bo día familias! Como estades? Hoxe é 1 de abril, polo que comezamos un mes novo. A nosa compañeira Teresa Rodríguez Pérez, déixanos un calendario competencial en Aulas Galegas, no que cada día do mes de abril propón tarefas que podedes facer. Déixovos o calendario, para ó alumnado de Educación Primaria, por si vos interesa  no pdf.

Ademais diso, gustaríame que lerades, escoitarades e virades, un bonito conto, “Bailaremos bajo una estrella” en rima, escrito por Fernanda Rodríguez Muguruza e ilustrado e maquetado por Eva Rami, có que pretenden que todos os pequenos e pequenas, interioricen as precaucións que hai que seguir tomando nestes días frente ó coronavirus,transmitíndolles á vez unha mensaxe de esperanza e valor da vida, mediante diferentes tipos de comunicación (oral, escrita, xestual e visual).

https://www.youtube.com/watch?v=nao1_rNqp0s

 

Tamén volo deixo cantado, así poderedes gozar xuntos.

https://www.evarami.com/bailaremosbajounaestrella-cancion

 En Lingua de Signos LSE.

https://www.youtube.com/watch?v=mb9w28iQ3ho

 

E tamén, adaptado con pictogramas, en ficheiros adxuntos.

 

Agardo que sexa do voso agrado! Unha Aperta da orientadora.

Belén

 

QUE LLE DEBEMOS CONTAR ÓS NOSOS FILLOS E FILLAS?

 

Martes 31, de marzo, de 2020.

 

Bo día!! Hoxe falaremos sobre...

Qué lle debemos contar aos nosos fillos e fillas?

 

Segundo nos indican os expertos, os pais e nais, poden e deben adaptar a información que se traslada ao nivel evolutivo dos nenos e nenas, e ós cambios que día a día se van producindo, dándolle a importancia que se merece á prevención da transmisión do coronavirus, a xestión das emocións, así como ás medidas de hixiene, reducindo así as situacións de alarma que lle afectan ós menores.

 

Respecto á hixiene dos nosos pequenos/as, déixovos un vídeo de Migallas, para que o noso alumnado lave as mans e os dedos de xeito divertido e cantando.

 

https://www.youtube.com/watch?v=EtVYkMXQ7rE

 

Ademais, gustaríame que lle dedicarades un tempo á lectura dun CONTO con vosos fillos/as, “Rosa contra el virus”, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid. Nel explícalles de forma adecuada e clara, información sobre o coronavirus e outros posibles virus, e axúdalles a xestionar  as súas emocións.

 

 

Os nenos/as poderán ir reflexionando e respondendo as preguntas que se lles plantexan ó longo do conto, compartindo así as súa vivencias cos seu seres queridos.

Ao final do conto, podemos atopar orientacións de como informar e protexer ao teu fillo/a fronte ós virus e algunhas recomendacións para as familias.

 

Agardo que vos guste e que gocedes moito do tempo en familia.

 

Unha Aperta da orientadora.

Belén.

 

O SEU XOGUETE PREFERIDO

 

Sábado 28, de marzo, de 2020.

 

Bo día familias! Que tal? Espero que todos/as ben e que difrutedes en familia, xuntos, do fin de semana.

 

Hoxe déixovos un vídeo de Francesco Tonucci, un pensador,  psicopedagogo e debuxante italiano. Ademais é autor de numerosos libros sobre o papel dos nenos en nenas no ecosistema urbano e de artigos en revistas italianas e estranxeiras.

 

Neste vídeo, apórtanos unhas propostas maxistrais para facer cos nosos nenos e nenas durante estes días, e para poder pasalos do mellor xeito posible. Agardo que vos guste!

 

https://vimeo.com/401287108/7b058d590c?fbclid=IwAR2XbLdt-PQIFCnFKUVGbp7VcjNemRqq_R2I4vlRegQ4lDO5Z2wI_UJ8_-Q

 

 

Escola e familia, colaboramos sempre xuntos! Axudemos aos nosos nenos e nenas, a descubrir o seu xoguete preferido.

 

Bo finde!! Unha Aperta.

A orientadora.

Belén.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut