Skip to Content

Orientación

SUPERPODERES

 Xoves, 26 de marzo, de 2020.

Bo día familias? Como vos atopades? Espero que cada día que pasa vos sintades un pouco mellor, sendo cada vez máis solidarios con nos mesmos e cos demais,  e axudando como podemos, quedando na casa, "Somos Superheroes".

Nestes días é imposible falar doutro tema, pensar ou escoitar outra cousa, que o que está a suceder na actualidade, pois é unha preocupación que todos/as sentimos e polo que notamos un malestar emocional.

O medo é una emoción desagradable pero saudable, necesaria e adaptativa. Pola contra,o medo intenso e extremo lévanos a un bloqueo emocional que nos pode paralizar. Anula a capacidade de reaccionar ou de buscar solucións que nos axuden a estar mellor.

¿Cómo podemos xestionalo? Como bos SUPEHEROES que somos, temos uns …

SUPERPODERES PARA ADAPTARNOS MELLOR NESTES DÍAS E AUMENTAR A NOSA RESISTENCIA FRONTE A CUARENTENA.

 

1.  VALIDAR AS MIÑAS EMOCIÓNS: Falar do que sentimos cos que mellor nos saiban escoitar, como a nosa familia, amigos/as... e importante tamén, escoitar ós demais e que se sintan escoitados.

2. COMO PODO MELLORAR A MIÑA SITUACIÓN? Ollo coas queixas!!; A queixa non serve para nada, o mellor é buscar e propoñer solucións.

3.  ACTIVAMOS RECURSOS CREATIVOS (Témolos): como poden ser, ler, escoitar música, bailar, facer crebacabezas, compartir tempos facendo manualidades, xogos en familia, ver películas xuntos, aprender cousas novas, tomar o aire na xanela, no balcón, e usar o sentido do humor). Debemos aproveitar e facer actividades agradables en familia, que normalmente non podemos facer por falta de tempo.

4.  CONSTRUÍDE O VOSO PROPIO SIGNIFICADO: Refexionade... Que me pode ensinar isto? Solidaridade, compañerismo, traballo en equipo, resistencia, autocoñecemento…

5.  PLANIFICA O TEU TEMPO: Establecede unha rutina e marcade obxectivos realistas que poidamos cumprir, para crear hábitos que nos axude a sorbrelevar isto. Como se ampliou 15 días máis a cuarentena, por si aínda non te planificaches ben, aí vos vai algunha ideas de como facelo:

  • Primeiro, pensamos que queremos cambiar nestos días, qué tipo de rutinas e como podemos organizar o tempo. Exemplo: horario familiar, deberes dos nenos/as, teletraballo, comidas, exercicio en casa…

  • Tendo en conta que nestes días nos costa manternos centrados, hai que ter momentos en qué podemos fallar e buscar algunha táctica para evitar perder a concentración (pódense practicar “diferentes técnicas de relaxación, como a respiración profunda, a meditación, o mindfulness).

  • O noso plan debe estar visible (colgado onde o poidamos ver).

  • Debemos diferenciar o horario dos días entre semana, e do fin de semana, “mantendo unha rutina de luns a venres, ata que teñamos que quedar na casa.

  • Outra idea, no caso dos nenos/as, é que cada actividade vaia acompañada dun ritual que lles axude a memorizalo no seu día a día. Se van facer os deberes, pódese preparar a habitación e os materiais que se van a utilizar sempre da mesma forma. Si se fai deporte, pois o mesmo.

  • Ao final da xornada convén realizar unha revisión. Todos sentados/as e tranquilos/as comprobamos o que fixemos durante o día, e vemos si se cumpriron as metas, para ir mellorando. Aos nosos fillos e fillas debemos premialos polos seus logros, porque para eles é máis difícil entender o que está sucedendo e poden desorientarse.

 

6.  VIVE O MOMENTO: non te anticipes aos sucesos e aprende a estar contigo mesmo, a escoitarte, a túa mellor contribución, sempre que non teñas a obriga de desprazarte ao teu traballo, é “quédatenecasa”.

7. TES MOITAS FORTALEZAS: Tes que usalas: Teño recursos para afrontar isto? Que é o bo do malo?...

8. SALDREMOS XUNTOS DISTO: Non estás só/soa é una experiencia compartida con todos/as.

Para rematar e como reflexión, debemos pensar que esta crise é unha boa oportunidade para pasar máis tempo en familia, e disfrutar dela ó máximo posible, pois normalmente a nosa rutina diaria, o estrés no traballo, lévanos a non escoitar aos nosos, e a non poder pasar todo o tempo que nos gustaría con eles.

 

Aproveitemos este momento para facelo!

 

Ánimo e moita Forza!!

Xuntos conseguirémolo!!

 

PAUTAS DE CONTROL EMOCIONAL FRONTE O CORONAVIRUS:

Luns 23, de marzo de 2020

Ola familias! Despois dunha semana nas nosas casas, é normal que pasemos por diferentes estados de ánimo, é normal sentirse triste, estresado, confundido, asustado ou enfadado ante unha situación de emerxencia como a que estamos a vivir, polo que vos deixo una guía que espero que vos axude a xestionar do mellor xeito posible, as vosas emocións nuns días descoñecidos e ameazantes para todos/as nos.

PAUTAS DE CONTROL EMOCIONAL FRONTE O CORONAVIRUS

  • Intentar tomar distancia da situación. Exemplo: si nestes días en casa, observamos que algo nos produce enfado e estamos a punto de sentir rabia, é mellor fuxir física e emocionalmente, deixar pasar uns minutos e intentar analizar por qué se produciu esa emoción tan desmedida.
  • Podemos intentar visualizar o problema, tratando de imaxinarnos a nos mesmos nesa situación pero como si o mirásemos a través dunha mirilla, e intentando manter a calma. Exemplo: Relaxándonos a través da respiración profunda ou deixando a mente en branco, unha técnica moi efectiva para prácticar a meditación ou o mindfulness en familia.

 

 

Aquí vos deixo un enlace, para que poidades practicar na casa, cos vosos fillos e fillas

https://www.youtube.com/watch?time_continue=117&v=p-UMZmA80ME&feature=emb_title

  • Unha vez que traballamos o autocoñecemento e identificamos qué tipo de situacións son as que impulsan as emocións que nos fan perder o control sobre elas, aconsellamos iniciar o camiño da autorregulación.

Que podemos facer para conseguir isto?

1  Primeiro, podemos evitar aquelas situacións que nos producen os conflitos: existen alternativas?; é posible cambiar algunha rutina ou ó revés, crear unha nova que nos axude a atoparnos mellor na medida do posible?. E coa familia, qué podemos cambiar na relación que nos provoca o enfado ou a rabia?

2.  Debemos intentar si se pode, modificar a nosa maneira de enfrontarnos a ela. Primeiro,: preparándonos ante o que se aveciña e tendo pensada unha resposta que nos permita controlar a emoción. Si sei que determinada circunstancia me produce medo, asco, enfado, intento contrarrestar isto, con pensamentos positivos e frases, que me axuden a calmar os meus pensamentos.

3.    Se as nosas emocións se desbordan para ben ou para mal con outra persoa ou cos nosos fillos/as, é importante intentar contar hasta dez e non ter ningunha reacción hasta que teñamos o control sobre nos mesmos, ben sexa mediante a respiración ou fuxindo. Tamén é bo utilizar o humor como recurso e practicar frecuentemente a liberación de pensamentos, ben sexa mediante a escritura (unha carta carta, un diario...) ou o diálogo, son una boa forma de dar renda solta ao que sentimos dunha forma ordenada.

 

O AUTOCONTROL EMOCIONAL, é centrarse naquelo sobre o que podemos actuar sen evitar ou bloquear as nosas emocións.

Anímovos a practicalo!!

MOITO ANIMO FAMILIAS!! Xa falta un día menos para que remate isto.

 

Unha Aperta.

 

Belén

 

 

AS NOSAS EMOCIÓNS

 

                                                         Sábado, 21 de marzo, de 2020.

Bo día! Primeiro comezarei por presentarme, aínda que moitos de vos xa me coñezades, son Belén a orientadora do colexio, e gustaríame prestarvos o meu apoio nesta crise que estamos a vivir, animándovos a quedar na vosa casa polo voso ben e o dos demais, e axudándovos a levalo da mellor forma posible.

Están sendo días difíciles e atípicos para todos/as,  e podemos experimentar o difícil que resulta xestionar dun xeito adecuado as nosas emocións ante tantos cambios na nosa rutina. Sen embargo, aínda que nos custe, debemos ter un bo control emocional, pois é a clave para superar esta etapa da mellor maneira posible.

Un dos maiores expertos en control emocional é o estadounidense David Goleman, Doutor en Psicoloxía Clínica por Harvard e autor do libro “Inteligencia Emocional.” Goleman define a intelixencia emocional, como a habilidade que ten unha persoa para percibir, asimilar, comprender e regular as propias emociones. Polo que o primeiro paso para poder controlar as nosas emocións, é saber poñerlles nome. Por iso, é moi importante o autocoñecemento, é dicir, que saibamos distinguir qué tipo de emocións nos afectan en determinadas circunstancias e cáles son os impulsores que provocan que a veces se desborden.

Todas as emocións básicas funcionan como avisos naturais, que nos dan unha mensaxe valiosa, para reaccionar en cada momento. A intelixencia emocional comeza precisamente aí, en saber escoitar activamente esas mensaxes e telas en conta para influír nas nosas condutas.

A emoción básica máis efémera é a sorpresa, que me informa de que se rompeu o equilibrio que esperaba, despois chega rápido outra emoción a darlle un signo agradable ou desagradable ao sentimento que estou construíndo. A tristeza, pola súa parte cóntame que perdín algo preciado: unha oportunidade, unha cousa, unha persoa… A alegría, dime que logrei algo que quería. O asco ou rexeitamento, que algo ou alguén está atacando os meus valores. O enfado,vén a dicirme que se están saltando os meus límites. E o medo ponme en alerta, porque me di que non teño recursos suficientes para afrontar o que estou vivindo. Todas as emocións son positivas para nos. Pensádeo. ¿Que estades sentindo nestes días?, ¿Como estamos reaccionando ante esta situación?, ¿Como poderiamos mellorala? Podemos reflexionar sobre estas cuestións.

 

Por outra banda, Aproveitando que hoxe 21 de marzo, é o Día Mundial da Poesía, foi proposto en 1998 pola organización Unesco,  anímovos a ler unha cos vosos pequenos/as nestes días.

Os poemas, son un bo vehículo para que os nenos descubran sentimentos ou sensacións. 

“El pez tropical” é un orixinal poema sobre as emocións, de Marisa Alonso Santamaría.

A través dos versos, os nenos/as coñecerán a historia dun pez tropical que cambia de color segundo cómo se sinte. Así, poderán aprender a identificar as diferentes emocións: alegría, enfado, vergoña...

Nada en el mar

un pez tropical,

que vive en un bonito

arrecife de coral.

 

Es de todos los colores

verdes, rojos, amarillos,

y según cambia de humor

un color tiene más brillo.

 

Cuando está muy enfadado

se empieza a poner morado,

pero si está muy nervioso

el que más brilla es el rojo.

 

Si se siente avergonzado

es color anaranjado.

Si se empieza a enamorar,

el azul le brilla más.

 

Si el pez está muy contento

brilla amarillo al momento.

Y si está desanimado,

su color es plateado.

 

Si se siente interesante,

todos brillan al instante, 

pero si le dan un susto,

blanco queda del disgusto.

 

Unha vez lida a poesía con nosos fillos e fillas, poderemos facerlles as seguintes preguntas: ¿Que emocións aparecen nesta poesía? ¿Con cal delas me sinto identificado/a neste momento?.Ademais, Poderán expresar  o que senten a  través dun debuxo.

Por último, déixovos o meu correo electrónico: belencs.orientadora@gmail.com, por se tedes algunha dúbida ou consulta, na que vos poida axudar, podedes poñervos en contacto comigo en horario de 10:00 a 13:00h. Estamos xuntos nisto!

 

 

ESCOLA DE FAMILIA

Martes 16 de outubro de 2018

Un ano máis poñemos en marcha o programa "ESCOLA DE FAMILIA" dirixido a nais, pais...

Trátase dun programa gratuito de Prevención Familiar ofertado pola Asociación Avante de Portonovo e posto en marcha polo psicólogo da mesma.

(Preme na imaxe para acceder á súa páxina web)

Desenvolverase no colexio ao longo de 6 sesións formativas que terán lugar nas seguintes datas:

  • 1.ª sesión: martes 30 de outubro.
  • 2.ª sesión: martes 27 de novembro.
  • 3.ª sesión: martes 29 de xaneiro.
  • 4.ª sesión: martes 26 de febreiro.
  • 5.ª sesión: martes 26 de marzo.
  • 6.ª sesión: martes 28 de maio.

Dará comezo ás 16:30 h. e terá unha duración aproximada de 90 minutos (ata as 18:00 h.). 

Nos documentos adxuntos poden consultar o programa do mesmo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut