Mércores 11 de maio de 2016
Hoxe recibimos a segunda visita dos Contacontos familiares.
Nesta ocasión achegouse ao colexio:
Lucía Varela, a nai de Xoán
(2.º de Primaria)
Contounos tres historias preciosas creadas por ela mesma:
- A lúa, a ra e sete amiguiños máis
- Vinteún pauciños
- A ovella Felisa e Toño o lobo pitoño
A todos nos encantou a historia dos Vinteún pauciños, xa que o protagonista de mesma era o seu fillo Xoán e ademais saían todos os seus compañeiros/as de curso. Foi unha gran sorpresa!!!
Como agradacemento, Xoán entregoulle un diploma.
Desexamos que siga creando contos tan bonitos e volva noutra ocasión!