Skip to Content

Contacontos

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA NAI DE LAURA

Mércores 22 de abril de 2015

Continuamos a desfrutar dos Contacontos familiares no 1.º ciclo. Nesta ocasión visitounos Remedios Varela, a nai de Laura de 2.º curso de Primaria.

A conto que elixiu para lernos titúlase El último canto, un libro que conta a historia dun galo moi peculiar que todas as mañás sube ao campanario da igrexa para espertar á xente do pobo. Pero... non canta coma todos os galos. Non deixedes de lelo se queredes saber que sucede.

Pasámolo moi ben e encantounos recibir a visita de Reme.

Como agradecemento, fixémoslle a entrega do seu diploma de participación.

Así de contentos posamos todos xuntos.

A vindeira semana visitaranos a nai de Valeria.

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA NAI DE XOÁN

Mércores 15 de abril de 2015

No 1.º ciclo, con motivo da celebración do Día do Libro, imos adicar o mes de abril a realizar os últimos Contacontos familiares deste curso.

Hoxe recibimos a visita de Lucía Varela, a mamá de Xoán.

Tiñamos moita curiosidade por coñecer o conto que nos ía contar. En canto vimos o título sabiamos que ía ser moi especial.

Pero... que é un grúfalo? Pois un ser un tanto peculiar creado pola imaxinación dun pequeno rato para sobrevivir no bosque no que vive.

Mirade que atentos estabamos á historia!!

Ao rematar, Xoán encargouse de entregar á súa nai o diploma de participación nesta actividade.

Moitas grazas a Lucía por vir contarnos un conto tan divertido!!!

Se clicades aquí ou nos documentos adxuntos podedes descargar un caderno de fichas con actividades sobre o libro. Tamén hai varias películas en Youtube sobre esta historia.

A vindeira semana... recibiremos outra visita!!!

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA TÍA DE LUCÍA

Venres 9 de xaneiro de 2015

Hoxe tivemos unha visita moi especial no 1.º ciclo. A tía de Lucía achegouse ao colexio para contarnos unha historia fantástica titulada...

"El elefante y la generosidad"

Cando entramos na aula levamos unha gran sorpresa. Había teas, peluches, unha caixa misteriosa... Mirade cantas cousas!!!

A historia que nos contou encantounos. Grazas a ela volvemos recordar a importancia da xenerosidade.

Pero as sorpresas non remataron aquí!!! Antes de irse regalounos un conto para cada un que leremos con moita ilusión e cariño.

Nós, como agradecemento pola súa participación na actividade dos Contacontos Familiares, entregámoslle un diploma.

 

CONTACONTOS NO 1.º CICLO

No 1.º ciclo estabamos esperando con ilusión a sesión de contacontos do Concello. O martes 20 de maio, Martina e Mónica contáronnos varias historias, aínda que a nosa preferida foi "Como mola a túa vasoira".

 

 

   Non vos parece que o título é mooooooi

   interesante? Pois imaxinádevos o que pode

   ocorrer se xuntamos unha vasoira, unha bruxa e

   varios animaliños que queren subir nela...

 

 

 Mirade que atentos estivemos para non perder detalle.

 

 

 

 

 

 

 

 

Antes de rematar, puxemos a imaxinación en marcha para facer as nosas apócemas máxicas.

Esperamos que dean resultado!!!

CONTACONTOS NO 2.º CICLO

O día 20 de maio, os nen@s do 2.º ciclo tivemos unha sesión de contacontos na Biblioteca do colexio. Un ano máis, Martina e Mónica viñeron contarnos unhas historias fantásticas e preparáronnos unhas actividades moi divertidas.

Mirade como foi a xornada!!!

 

 

 

 

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O luns día 7 de abril os nen@s de Educación Infantil recibimos unha visita moi especial na biblioteca do colexio. Tivemos unha sesión de contacontos, promovida polo Concello, que resultou moi divertida.

Unha das historias que nos contaron foi "Terror en la charca", pero non tivemos ningún medo!!!

Se queredes ver como o pasamos, botádelle unha ollada ao vídeo ou premede na fotografía para acceder á galería.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

 

1.ª SESIÓN DE CONTACONTOS FAMILIARES DO 1.º CICLO

O martes 17 de decembro inauguramos os contacontos familiares do 1.º ciclo deste ano.

A primeira valente en contarnos un conto foi Sandra, a nai de Héctor (2.º curso).

Leunos unha historia divertidísima na que había uns dinosaurios que todos podiamos ver agás o protagonista do conto. Como era posible que non os vira? Debía ser algo despistado...

A todos nos encantou o libro!!!

Moitas a grazas a Sandra por compartir este libro con todos nós!!!

Animádevos a vir as demais familias!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut