Callejón sin salida

Traballando a saúde desde a lectura

       

Callejón sin salida

Autora: Gemma Lienas
Editorial: Cuatrovientos
Páxinas: 140

I.S.B.N.: 978-84-08-00480-6

Neste libro cóntase a historia dun mozo chamado Ramón, un mozo que vive nun barrio medio, que estuda nunha escola na parte alta da cidade na cal traballa súa nai de cociñeira. Seu pai traballa nunha pequena tenda de alimentos nun barrio caro. O pai de Ramón séntese decepcionado co seu traballo porque non lle vai ben, e non gaña o suficiente para poder pagar as facturas a tempo e levar diñeiro a casa, mais ten a esperanza de que cando Ramón sexa grande, se faga cargo de todo, aínda que o mozo non opina o mesmo. A Juan, seu pai, non lle fai graza que Ramón vaia a esa escola, pero a nai está interesada en que así sexa. A verdadeira historia de Ramón comeza, cando Berta, unha moza da súa clase que lle gusta moito, convídao a pasar un fin de semana na costa. Ramón non ten suficiente diñeiro, e seus pais non llo poden dar. El decide buscalo pola súa conta, e a través dun vello amigo, comeza un negocio relacionado coa droga. É un libro que demostra os riscos que teñen as drogas, e non só por tomalas.