Ed. Saúde

A taladradora

Nova en ANTENA 3 TV

Nova en Faro de Vigo

Martes, 25 de outubro de 2016, 10:30 da mañá. Sala de Conferencias do IES Chapela, fachada leste do edificio. Comeza a clase. Fóra da aula, a uns 15 metros, na autoestrada, o ruído producido polas obras de ampliación é enxordecedor. O propio edificio treme. O sonómetro supera na nosa medición os 100 dB. A Organización Mundial da Saúde (OMS) cifra en 65 dB o límite de tolerancia ou aceptabilidade do oído humano ao son ambiental, aínda que caiba destacar que a partir de 60 dB as persoas expertas xa falan de “incomodidade acústica”.

Imposible desenvolver unha práctica educativa normal e adecuada este trimestre. 800 alumnas e alumnos, e máis de 70 traballadoras e traballadores do ensino e persoal non docente, soportando horas e horas de tortura acústica. Deberiamos dar un aprobado xeral e tomarnos unhas vacacións nalgún balneario con tratamento anti-estrés, sendo subvencionados por AUDASA, a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela?

O noso alumno Adrián, coa gravadora en man, recolle como un profesional o son da taladradora afinada en Rrrrrrrrrre bemol. Aquí queda a súa foto e o audio capturado, para dicirvos que isto non é un chiste.

 

SKHIZEIN

Sinopse: “Skhizein”  conta a historia de Henry, personaxe que golpeado por un meteorito de 150 toneladas é condenado a vivir exactamente a 91 centímetros do seu corpo. Partindo dunha premisa xenial, o curto narra as desventuras de Henry e as solucións momentáneas que atopa para tratar de seguir levando unha vida cotiá “normal”. Só hai que ver esta curta coa esquizofrenia como clave, para entendela.

    

Nome: Skhizein

País: Francia

Ano: 2008

Director: Jérémy Clapin

Guión: Jérémy Clapin, Stéphane Piera

Música: Nicolas Martin

Produtora: Dark Prince

Duración: 12 minutos

Premios:

Festival de Cannes: Kodak Short Filme Award (2008).

Premios César: Nomeado á Mellor curtametraxe (2008).

Festival de Annecy: Premio da Audiencia (2008).

Animacor: Premio do Xurado (2008).

Palm Springs: Premio do Xurado (2008)

Eu tiña un can negro chamado depresión

Un vídeo que explica que é a depresión, como afecta as persoas e a importancia de buscar axuda para conseguir sentirnos mellor, aprendendo a convivir con ela en vez de mergullarnos cada vez máis nas súas profundidades.

Podes velo en inglés con subtítulos en español, ou dobrado directamente ao castelán. A música tamén é diferente.

 

 

 

 

 

  

Callejón sin salida

Traballando a saúde desde a lectura

       

Callejón sin salida

Autora: Gemma Lienas
Editorial: Cuatrovientos
Páxinas: 140

I.S.B.N.: 978-84-08-00480-6

Neste libro cóntase a historia dun mozo chamado Ramón, un mozo que vive nun barrio medio, que estuda nunha escola na parte alta da cidade na cal traballa súa nai de cociñeira. Seu pai traballa nunha pequena tenda de alimentos nun barrio caro. O pai de Ramón séntese decepcionado co seu traballo porque non lle vai ben, e non gaña o suficiente para poder pagar as facturas a tempo e levar diñeiro a casa, mais ten a esperanza de que cando Ramón sexa grande, se faga cargo de todo, aínda que o mozo non opina o mesmo. A Juan, seu pai, non lle fai graza que Ramón vaia a esa escola, pero a nai está interesada en que así sexa. A verdadeira historia de Ramón comeza, cando Berta, unha moza da súa clase que lle gusta moito, convídao a pasar un fin de semana na costa. Ramón non ten suficiente diñeiro, e seus pais non llo poden dar. El decide buscalo pola súa conta, e a través dun vello amigo, comeza un negocio relacionado coa droga. É un libro que demostra os riscos que teñen as drogas, e non só por tomalas.

Unha historia real: Aurora

Polo á carta

     

Dirixido por Fernando Dimadura en 2005, Polo á carta é unha curtametraxe sobre a fame a pobreza provocada pola globalizacion. Máis de 10.000 persoas morren cada día debido á fame e á malnutrición. Unha xeografía da fame non só instalada nos países denominados subdesenvolvidos, senón tamén nas sociedades opulentas. Fernando Dimadura amosa unha parte esquecida da sociedade, a xente que vive no lixo dos homes para sobrevivir.

 

McDonald's

Mentiras? Pensamento crítico para extraer conclusións.

 

Logo de ver a película Super size me e a publicidade La belle histoire des produts McDonald's 

parece claro que a historia non é como a conta a empresa.


      McDonald's quere dar a imaxe dunha  empresa que se preocupa porque todos os seus alimentos ofrezan os máis altos niveis de calidade en todos os aspectos. Queren demostrarlle á xente que os seus ingredientes son os mellores e que McDonald's é unha empresa comprometida co público. Afirman que os seus alimentos non conteñen graxas transxénicas... As persoas responsables de transmitir a boa imaxe da empresa din que nos manteis de papel, poñen o valor nutricional das comidas, e aclaran que a idea é que as persoas disfruten da comida rápida, coñecendo as calorías que conteñen os alimentos sen “satanizalos”; "cando as persoas saben a cantidade de graxas e calorías que teñen certos produtos,  poden facer un balance enerxético, por exemplo, facer diariamente exercicio e non excederse en ningún alimento”. Como parte desas accións e co obxectivo de brindar aos consumidores e consumidoras unha maior información para ter unha dieta equilibrada, McDonald's ten páxinas nas que aparecen artigos elaborados por persoas expertas en nutrición e saúde, co propósito de que a xente realice una mellor toma de decisións, respecto a su inxesta calórica e sobre a importancia de realizar actividade física. Os encargados da Comunicación Corporativa da empresa afirman:“Somos unha empresa responsable e queremos axudar a promover  estilos sans de vida, o cal implica comer ben, facer exercicio e descansar o suficiente, así como evitar adiccións e ter tempo libre para estar con amigos e familiares”. Supersize me mostra o deterioro da saúde dunha persoa que consume unicamente productos da marca.
Super size me
 
Morgan Spurlok un cineasta independente decide alimentarse só de produtos de McDonald’s durante un mes. Antes de empezar oexperimento sométese a varias análises médicas nas que os resultados indican que está perfectamente de saúde. Cando empeza a alimentarse só con comida de McDonald’s  os primeiros días vomita e cústalle comer e beber os alimentos presentados en tamaños grandes. Ao cabo dun tempo volve a someterse a revisións médicas, dicíndolle os médicos e médicas que o examinan que engordou moito e que debe deixar ese experimento porque está danando o seu organismo e afectando a súa saúde. Progresivamente vaise atopando cada día peor, ten dores no peito e empeora a marchas forzadas. Co esforzo conseguiu chegar aos 30 días comendo só produtos de McDonald’s e demostrou que esta alimentación alterou o seu humor, produciulle disfunción sexual e danou o seu fígado. Spurlock necesitou 14 meses para perder o peso que gañou. Este documental pretende demostrar unha das razóns pola que se propaga a obesidade en EEUU.

 

Food Inc: a comida non é o que parece - Manipulación Monsanto

     

Food INC

A primeira parte da película céntrase en mostrarnos unha granxa de polos en EE.UU. onde os animais viven en pésimas condicións. Ensínannos como os ceban e despois como os matan. Daquela a película dá un xiro e céntrase na problemática do millo: cultivo masivo, prezo, poderío das corporacións alimentarias, etc. Tamén denuncia o problema da infección por E. Coli e as súas consecuencias en animais e humanos. En 2001 morreu en Wisconsin un neno chamado Kevin, infectado por E. Coli despois de comer unha hamburguesa. Agora EE.UU. está a piques de aprobar a lei de Kevin que podía dar ao  Departamento de Agricultura o poder para pechar industrias que manipulen carnes contaminadas. Por último a película céntrase na empresa Monsanto e na súa política corrupta de obrigar aos agricultores a comprar as súas sementes manipuladas, perseguindo, acosando e denunciando a aqueles que non utilizan sementes transxénicas.

         
         
O mundo segundo Monsanto, dirixido por Marie-Monique Robin, un documental para deixar de comer con tranquilidade.        

Alimentación sa. Cor na mesa.

A cor dos alimentos infórmanos do seu valor alimenticio e das súas propiedades.
Descárgao neste PDF.
 

Web Tabaco

Distribuir contido