Food Inc: a comida non é o que parece - Manipulación Monsanto

     

Food INC

A primeira parte da película céntrase en mostrarnos unha granxa de polos en EE.UU. onde os animais viven en pésimas condicións. Ensínannos como os ceban e despois como os matan. Daquela a película dá un xiro e céntrase na problemática do millo: cultivo masivo, prezo, poderío das corporacións alimentarias, etc. Tamén denuncia o problema da infección por E. Coli e as súas consecuencias en animais e humanos. En 2001 morreu en Wisconsin un neno chamado Kevin, infectado por E. Coli despois de comer unha hamburguesa. Agora EE.UU. está a piques de aprobar a lei de Kevin que podía dar ao  Departamento de Agricultura o poder para pechar industrias que manipulen carnes contaminadas. Por último a película céntrase na empresa Monsanto e na súa política corrupta de obrigar aos agricultores a comprar as súas sementes manipuladas, perseguindo, acosando e denunciando a aqueles que non utilizan sementes transxénicas.

         
         
O mundo segundo Monsanto, dirixido por Marie-Monique Robin, un documental para deixar de comer con tranquilidade.