CM APSD

TAPSD - APERTURA DE DÚAS LISTAS DA XUNTA - XEROCULTORES/AS E COIDADORES/AS AUXILIARES

Apertura de dúas listas DIFERENTES da Xunta de Galicia.

 

1.- XEROCULTORES: Por primeira vez ábrense as Listas da Xunta para Xerocultores nas que se ten en conta a titulación de TAPSD.

DOG nº 54, Luns 18 de marzo de 2019

O prazo remata o 30 abril.

(VER ANEXO)

 

2.- COIDADOR/A AUXILIAR. Listas xerais da Xunta.

DOG nº 42 - 28 de febreiro de 2019.

Prazo: 15 de xullo.

Grupo IV -Categoría 004 

Denominación Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

Requisitos: Graduado en ESO, graduado escolar, técnico (ciclo formativo de grao medio) ou equivalente.

Celga 3

(VER ANEXO)

 

 

Para anotarse entrade na web da xunta

 https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/informacion-xeral?langId=es_ES 

Visita á Asociación de familias de persoas con parálise cerebral

O pasado 26 de marzo os alumnos e alumnas do ciclo de APSD de horario modular, realizaron unha saída didáctica para visitar as instalacións da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral e así escoitar de primeira man as  súas vivencias e inquietudes.

APAMP 2
APAMP1 APAMP 3
APAMP 4 APAMP 5

Campeonato de baloncesto

Voluntarias do IES Chapela dos ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e Educación Infantil participan no campeonato de baloncesto coa Asociación San Francisco de Vigo (AGASFRA)

 

Campeonato de baloncesto 1 Campeonato de baloncesto 2

OFERTA DE EMPREGO - AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO EN VIGO - EMPRESA CLECE

A empresa Clece está ofertando un posto de traballo coas seguintes características:

 

·         FORMACIÓN: (calquera dos tres):

 

- Ciclo Formativo de Grado Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia

- Ciclo Medio CAE.

- Certificado de Profesionalidade de atención a persoas no domicilio

- Certificado de Profesionalidade de atención a persoas en institucións

 

·         DISPOÑIBILIDADE: (varias opcións) Na actualidade a maior demanda é de Fins de semana e festivos.

 

- Luns a Venres (mañá e tarde)

- Luns a Venres (mañá)

- Sábados, Domingos e Festivos (sempre mañá e tarde)

 

·         CONDICIÓNS: (a convir)

 

- Contrato inicial de 6 meses con opción de prórroga e estabilidade.

- Opción de contratos de interinidade (vacacións, baixas…).

- Xornada parcial flexible, compatible con estudos ou outros empregos

- Salario por Convenio Galego de Axuda a Domicilio, actualizado a 2019.

 

·         VALORABLE:

 

- Vehículo propio (abónanse os KM realizados para o servizo)

- Experiencia na atención a persoas dependentes.

 

PODEDES ENVIAR OS VOSOS CURRÍCULOS A: javirola@clece.es

 

 

 

OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA

 

OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA

 

 

Dende a Axencia de Colocación e Emprego Global Working estamos inmersos nun proxecto onde buscamos persoas candidatas para traballar na área do coidado de persoas maiores en Alemania.

 

As persoas candidatas debenter finalizada unha das seguintes formacións:

 

- Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia - TAPSD

 

- Técnico/a en Atención Sociosanitaria. TASS

 

- Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería - TCAE.

 

Como Axencia de colocación que somos colaboramos con EURESS e coa Axencia Nacional de Emprego de Alemania (ZAV). As persoas candidatas traballarán en AWO Nordhessen, unha das maiores organizacións alemanas con máis de 200.000 empregados e con residencias en todo o territorio alemán.

 

As persoas candidatas poden teracceso a toda a información e enviar o seu CV no seguinte enlace:

 

http://bit.ly/TCAE-TAPSD-TASS

 

Durante a semana do 18 de marzo as persoas candidatas interesadas se entrevistarán personalmente nas nosas oficinas cos empregadores de AWO Nordhessen e terán a oportunidade de coñecer aos tecnicos de emprego da Axencia Nacional de Emprego Alemana (ZAV), polo que o último día para recibir CVs será o 8 de marzo.

 

As candidaturas seleccionadas comezarán unha formación intensiva e gratuita de alemán nas nosas oficinas. A formación comezará o 1 de abril.

 

Unha vez rematada a formación en idioma, as persoas candidatas terán un contrato de 3 anos en Alemania nos que traballarán comaAuxiliar para o Coidado de Persoas Maiores (durante o 65% da súa xornada laboral) e estudiarán unha FP Dual de Técnico/a Especializado/a en Coidados de Persoas Maiores (durante o outro 35% da súa xornada laboral) polo que estarán continuamente mellorando a nivel profesional. Durante estes tres anos, as persoas candidatas terán un salario de 1.730 euros brutos mensuais. Unha vez finalizada a FP Dual, ascenderán de categoría profesional e o seu salario será de 2.600 euros brutos mensuais.

 

No arquivo adxunto poden ler a información do proxecto.

 

Aproveitamos a ocasión para compartir as testemuñas e vídeos de profesionais que xa se atopan traballando en diferentes países de Europa gracias á nosa labor:

 

 

Levamos máis de 4 anos traballando en proxectos de mobilidade europea con Alemania, Suiza e Noruega con diferentes perfís profesionais polo que, para calquera dúbida que xurda, non dubiden en poñerse en contacto connosco.

 

Charla de VIgalicia

      O pasado luns 4 de febreiro o alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do réxime ordinario e do réxime modular recibiu unha charla sobre o servizo de Asistencia Persoal por parte dun representante de VIgalicia (Oficina de Vida Independente de Galicia). Esperamos que o dereito á Asistencia Persoal se faga efectivo no noso futuro inmediato para facer posible a vida independente das persoas con diversidade funcional.

Visita á Asociación Aspanaex

O pasado 28 de xaneiro o alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de modular, do IES de Chapela visitou a asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con disapacidade intelectual). Convivindo, compartindo e aprendendo.

 
 Visita a Aspanaex  Visita a Aspanaex
 Visita a Aspanaex  Visita a Aspanaex 5

Día da Diversidade Funcional

 
Hoxe 3 de Decembro, dia da Diversidade Funcional, o alumnado de 2° APSD e dúas profesoras vivimos unha estupenda xornada de convivencia en dúas das sedes que AGASFRA- San Francisco ten en Vigo (Rúa Tomás Paredes e Coia).
 
Agradecemos á dirección, ós profesionais e sobre todo aos usuarios e usuarias a acollida que nos brindaron, o tempo adicado e os agasallos que nos elaboraron.
 Imaxe1  Imaxe2
 Imaxe3  Imaxe4
 Imaxe5  Imaxe6
 Imaxe7  Imaxe8
   

Alumnado de APSD na Radio de Redondela

Visita Radio Redondela     Visita Radio Redondela
 
Seguindo coas lecturas radiofónicas da obra de Jules Verne, "Vinte mil leguas baixo dos mares" , o alumnado de 2º Modular do ciclo de APSD visitou as instalacións da Radio Municipal de Redondela, e fixo a súa aportación para intentar bater o record da "lectura radiofónica máis longa feita dunha obra literaria", iniciativa das Bibliotecas e a Radio Municipal para conmemorar o 150 aniversario da chegada do Nautilus á Enseada de San Simón.

Magosto e Samaín 2018

Xa comeza a preparación da "Gran Festa do Outono 2018 - Magosto e o Samaín" que celebraremos por todo o alto o 2 de novembro". O alumnado de 2º de APSD pintou o mural da Festa para a entrada do instituto.

 

 
Cartel Magosto e Samaín 2018
Distribuir contido