CM APSD

AG San Francisco e IES Chapela: escoitar aprender e compartir

O mércores 24 de abril vivimos no IES Chapela una fermosa xornada de convivencia coa Asociación Galega San Francisco. Un día para escoitar, aprender e sobre todo, compartir. Alumnado do 1º curso do Ciclo de APSD guiou aos nosos amigos e amigas da A. G. San Francisco polas instalacións do centro, realizando xogos e dinámicas de lecer. O alumnado de 1º Bacharelato tamén se implicou na recepción das nosas convidadas e convidados e ofreceulles un pequeno concerto no que algunha das nosas invitadas, como Mónica, participou activamente. Tamén o alumnado de 1º ESO animouse a elaborar un circuíto psicomotor a modo de xincana. A xornada rematou cunha merenda que preparou 1º APSD, e co intercambio de agasallos entre as dúas entidades. Desde o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade queremos agradecer a toda a comunidade educativa do IES Chapela o seu apoio neste encontro, en especial ás profesoras Eva Fernández, Fátima Paz, Belén Nieto, Juan Pérez e Miguel Pérez. E por suposto ás monitoras e usuarios e usuarias da Asociación Galega San Francisco. Moitas grazas. Máis fotos da xornada en PDF.

Xornadas sobre Diversidade Funcional

O alumnado de APSD ordinario e modular do IES Chapela, asistiu hoxe 13 de abril, aos III Encontros sobre diversidade, dependencia e igualdade de condicións que tiveron lugar no salón de actos do C.I.F.P A Xunqueira de Pontevedra.

A Asociación Galega San Francisco visita o IES Chapela

A Asocaciación Galega San Francisco (AGASFRA) visita o IES Chapela co fin de obsequiarnos cos agasallos que elaboraron para o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade. Moitas grazas amigas e amigos!

1º Mercado de Troco Modular

   

O 20 de decembro tivo lugar o 1º MERCADO DE TROCO MODULAR, organizado e xestionado polo alumnado do módulo de Destrezas Sociais do ciclo APSD Modular. A xornada foi exitosa, o alumnado trocou libros, filmes e música facendo uso das súas papeletas... aínda que algúns quedaron sen poder facelo, non trocaron xa que non achegaran nada antes! Mirade os datos: 159 libros, películas e música recollida; 89 trocos realizados; 17 persoas trocando. O alumnado que non trocou propón que se realice outro día de troco... cando o faremos? Esperamos que para a  próxima  non  quedes en "fóra de troco".

Día Internacional da Diversidade Funcional

  

Os Ciclos de Infantil e APSD, en horario diúrno e modular, reivindican o 3 de decembroDía Internacional da Diversidade Funcional, fotografándose colectivamente baixo o lema ESTAMOS CAPACITADAS/OS. Alumnado e profesorado súmase así á proposta feita pola Asociación ANDAINA de Redondela, para  persoas con necesidades especiais.

      

Saída á Senda da Auga - APSD e Integración Social Modular

 

 

 

O pasado 5 de outubro o alumnado dos Ciclos Formativos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e Integración Social de Modular, en compaña das nosas respectivas titoras, fixemos unha saída pola Senda da Auga que hai nas proximidades do IES de Chapela. O propósito desta saída era celebrar o comezo do curso 2017/2018 para estrealo con bo pé, así como coñecer as compañeiras e compañeiros que están a estudar outro ciclo da nosa familia profesional. Esta actividade deunos a oportunidade de descubrir a marabillosa contorna natural na que se atopa o centro e de gozar das espléndidas vistas da Ponte de Rande envolta nun mar de néboa. 

Tivemos a ocasión de poñernos en forma do moito que camiñamos, merendamos, charlamos, recollemos pedras “quitapenas”, e mesmo puidemos ser outr@s por un intre (cando nos presentamos prestando a nosa voz aos que foran os nosos acompañantes ao longo do traxecto). Tampouco nos faltaron unhas doses de aventura cando vimos como se achegaba o luscofusco estando no monte... Ah, e tivemos un convidado sorpresa na nosa ruta: Kiro! Guau guau!

Moitas grazas a Pablo López Guerra polas magníficas fotos.

 

 

 

 

Podes descargar máis imaxes neste enlace

Blog APSD

Conferencia da Asociación Dereito a Morir Dignamente (DMD)

O xoves 15 de outubro de 2015 tivo lugar no IES Chapela unha conferencia a cargo da Asociación DMD. Acudiron os seus representantes Doctor Luis Montes (Presidente federal da Asociación) e Dona Emilia Irimia Presidenta de DMD Galiza (1ª pola esquerda nas fotografías).

Os temas tratados foron:

  • O marco xurídico do Dereito á "Boa Morte".
  • Documentación e rexistro do Testamento Vital.
  • A Asociación DMD en Galiza.

A charla estivo organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e presentada pola titora de 1º de Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia, Belén Nieto (1ª pola dereita na foto).

Alumnado que asistiu:

  • Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia: 1º e 2º curso.
  • Ciclo Formativo de Grao Superior de Documentación Sanitaria.

Día da discapacidade - 2014

Actividades desenvolvidas o  día 3/12/2014 co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

PDF Actividades

 

Organización: Olga Estraviz, Marta Pardavila, Elena Vázquez  e alumnado de 2º APSD.

Entidades participantes: Asociación Juan María (Nigrán), Down Vigo e Discade (Discapacidade e Defensa).

Agradecemento: a Teresa Dacuña pola súa colaboración cedendo ao alumnado de 4º ESO A.

Alumnado participante: 1º e 2º APSD (diúrno), 1º Educación Infantil (diúrno) e 4º ESO A.

Día do coidador - 2014

Fotos das actividades realizadas polo alumnado de APSD no vestíbulo do IES, co gallo do día do coidador o pasado 5 de novembro.

Distribuir contido