Trece badaladas, de Suso de Toro

Ana María Rosendo Piñeiro. 2º Bacharelato. Adultos

Como xa me ten acontecido noutras ocasións, cando elexín este libro de “Trece badaladas” non o fixen moi convencida debido a que é una historia longa, composta de 355 páxinas, polo tanto levaríame bastante tempo rematalo e tamén porque me comentaron que era moi complicado, con moitos saltos no tempo e moitos personaxes.

Pero realmente para min non foi así; aínda que é certo que ao principio, unha enléase un pouco, porque cada capítulo o comenta un personaxe diferente e non se sabe que relación tiñan uns cos outros e comentaban cousas que non se comprendían ata máis adiante.

Polo tanto, cando se chega á metade do libro ou algo máis, unha xa está completamente enganchada á historia, porque se comezan a descubrir moitas cousas relacionadas co pasado dos personaxes e a relaciónanse moito máis uns cos outros.

Pero sobre todo séntese moita curiosidade por saber o que realmente lle acontece a Xacobe, do por qué se sente así e que pinta Miguel Ramírez nesta historia. E unha das cousas que máis me chamou a atención foi como remata a historia con respecto á vida de Celia.

Poida que o argumento sexa un pouco complicado pero é moi interesante, misterioso e entretido, cun vocabulario fácil de comprender, que para min é algo moi importante.

Paula Ventín Méndez, 2ºBacharelato D Adultos

"Trece badaladas" resultoume moi complicado de ler debido aos continuos saltos no tempo que ten. En xeral non me gustou. É como un puzzle do que me custou moito unir as pezas para sacar unha historia clara e coherente. O argumento é interesante, con todas as referencias históricas referidas á cidade de Santiago, pero falla na forma de contalo. O libro mestura referencias relixiosas con lendas e maxia utilizando un trasfondo actual. A aclaración final contando a historia do mestre Mateo é de axuda, pero penso que debería engadir esa lenda ao longo do libro, xa que iso faría máis sinxela a súa comprensión. Tiven que facer continuas relecturas para aclararme con algúns feitos, xa que non conseguiu engancharme totalmente.

TAMARA HERMIDA NESTARES , 2D ADULTOS

O LIBRO PARECEUME UN POUCO COMPLICADO DEBIDO Á GRAN VARIEDADE DE PERSONAXES QUE INTERACTÚAN AO LONGO DOS CAPÍTULOS , POR OUTRO LADO É UN LIBRO MOI ENTRETIDO POLO QUE SE PODERÍA ESTAR LÉNDOO DURANTE HORAS E HORAS.

OS PERSONAXES RECREAN A VIDA COMPOSTELÁ E DAN DATOS PARA QUE NOS FAGAMOS IDEA DE COMO É O TEMPO, OS COMPOSTELÁNS , A CATEDRAL , OS ARREDORES E FAI ALUSIÓN AO CAMIÑO DE SANTIAGO.

É UNHA LECTURA RECOMENDADA POLO GRAN ARGUMENTO QUE TEN , O FEITO DE QUE SUCEDA NA CIDADE DE COMPOSTELA FAI QUE SEXA MOITO MÁIS INTERESANTE E QUE ADEMAIS SE FAGA MÁIS FAMILIAR DEBIDO Á CERCANÍA CON SANTIAGO. Guiño