Curso 2022-2023

COMUNICACIÓN RESERVA DE PRAZA

Todo o alumnado procedente dos centros adscritos que fixo solicitude de reserva de praza, ten adxudicada a súa no IES Valle-Inclán para o vindeiro curso académico 2023/24.

Lembrámoslles que deberán formalizar a súa matrícula neste Centro, no prazo establecido pola Orde do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG num 212, do 8 de novembro),  do 23 de XUÑO ao 7 de XULLO.

Dentro dese período legalmente establecido, o centro fixará unhas datas de matrícula para cada curso, de cara a unha maior axilidade e mellor organización do traballo administrativo. As datas publicaranse nos taboleiros e na páxina web do Centro.

Lembramos tamén que se non se formaliza a matrícula nas datas establecidas, pérdese a praza adxudicada.

Información xeral sobre o equipamento Edixgal

 

INFORME EQUIPAMENTO EDIXGAL IES VALLE-INCLÁN

Estimadas familias:

Desde o curso 2017-2018 o IES Valle-Inclán está incorporado ao proxecto Edixgal, un proxecto dixital de centro que conleva unha planificación específica para todo o alumnado.

Tanto na planificación realizada pola coordinadora Edixgal como nas recomendacións de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) considérase unha medida positiva levar os equipos para os domicilios, xa que redunda na responsabilidade do alumnado con respecto ao coidado do seu material e na eficacia e aproveitamento da xornada lectiva. Así aparece reflexado tamén no acordo de cesión dos portátiles, que establece nas cláusulas de “Condicións de uso” os seguintes apartados:

a) “O/a alumno/a levará o ordenador ao seu domicilio para estudar e realizar as tarefas encargadas polo seu profesorado (…)”

c) “O alumnado comprométese a levar todos os días o ordenador ao centro coa batería completamente cargada.”

De todos os xeitos, o IES Valle-Inclán poñerá a disposición de quen o solicite os carros de carga para que os equipos poidan permanecer no centro ao rematar a xornada lectiva. Dita solicitude (documento adxunto) conleva a revogación do contrato de cesión no apartado "c", e non impide poder levar o portátil para o domicilio.

Manterémonos atentos ás solicitudes de petición de custodia dos equipos nos cargadores e valoraremos a conveniencia ou non dalgunha modificación organizativa de cara ao próximo curso que atenda ás necesidades da maior parte do alumnado. Buscamos, en definitiva, que na xestión do centro se faga prevalecer sempre o interese común.

A DIRECCIÓN DO IES VALLE-INCLÁN

(2022-2023)

 

 

Ruta Xeolóxica de 1º Bacharelato

Fotos da ruta xeolóxica pola costa realizada, o xoves 9 de febreiro, polo alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º Bacharelato e organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso Centro.

Preme aquí para ir á Galería e ver tódalas fotos

Doazón ao comedor social

O IES Valle-Inclán entrega a cesta de Nadal ao comedor social de San Francisco.

Xornada de portas abertas

VIAXE A ANDORRA

DOCUMENTACIÓN NECESARIA VIAXE Á NEVE 2023

IMPORTANTE: VIAXE NEVE 4º ESO

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA A VIAXE A ANDORRA XANEIRO 

Indícase no arquivo  adxunto a documentación necesaria que deben ir xestionando as familias. 

Díptico de información ás familias do alumnado da ESO, con equipamento ABALAR-EDIXGAL, para a cobertura de dano dos seus ordenadores portátiles

 

Pode descargar o díptico en PDF no adxunto desta páxina.

Torneo de Xadrez na Biblioteca

Comeza o Torneo de Xadrez na Biblioteca.

Ampliación da Axuda de Material en 25 euros

Post de ampliación de axuda de Material

HORARIO PRESENTACIÓNS CURSO 2022-2023

VALES DE MATERIAL

COMEZA O CURSO 2022-2023 BENVIDOS AO VALLE

Distribuir contido