Curso 2022-2023

NOVO EQUIPO DIRECTIVO

Hoxe venres 1 de xullo comeza a súa andaina o novo equipo directivo ao que lle desexamos moita sorte na súa xestión. O equipo está formado por:

Director Daniel Mejuto Costa (profesor de Lingua Castelá)
Vicedirectora Leonor Rodríguez Tato (profesora de Francés)
Xefa de Estudos diúrnos Ana Louro García (profesora de Lingua Castelá)
Xefa de Estudos de adultos Begoña Soneira Beloso (profesora de Inglés)
Secretaria Nieves Yáñez Purriños (profesora de Alemán)

Tamén é o momento de agradecer o traballo ao equipo directivo saínte formado por: Francisco Xosé Suárez Benito, Pilar Freitas Juvino, Concepción Solano Sabell, Pablo Casais Rodríguez e Josefa Bargiela Lemos. 

DATAS DE MATRÍCULA IES VALLE INCLÁN CURSO 2022-2023

Pica na imaxe para ver toda a información sobre as datas e o proceso de matriculación:

 

O prazo para formalizar a matrícula será do día 25 de xuño ao 10 de xullo. Para unha mellor organización, o centro establece, dentro dese período, uns días de matrícula para curso e nivel, de maneira que na medida do posible, realicen a matrícula nos días asignados.

O alumnado do centro levará co boletín de notas os impresos de matrícula para o curso 2022/2023.

Para o alumnado de novo ingreso no centro, os impresos de matrícula estarán disponibles nas oficinas e na páxina web a finais do mes de xuño.

LIBROS DE TEXTO 2022-2023

Pica na imaxe para ver os libros de texto do IES Valle Inclán do curso 2022-2023.

Distribuir contido