Secundaria

Blogues de centros de Secundaria

No menú da esquerda ábrese unha relación de blogues de bibliotecas escolares correspondentes a centros de ensino secundario. Realizar un percorrido por estes sitios web permite coñecer a extraordinaria riqueza e diversidade de actividades que se levan a cabo.

As bibliotecas escolares galegas estanse a transformar en verdadeiros centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Non son mediatecas (lugares nos que se gardan os "medios"), son BIBLIOTECAS, espazos de saber e de coñecemento.... tamén espazos de convivencia, de integración das tecnoloxías que facilitan un maior acceso aos recursos culturais... Son espazos de e para a cidadanía.