Recursos

I Encontro Lectura e Familias. "Lemos xuntos". Sanxenxo, 12/13 de abril de 2012

Un dos aspectos que é preciso contemplar no deseño desenvolvemento dos Proxectos Lectores de centro é a maneira de implicar ás familias na formación dos pequenos como lectores e lectoras competentens, e  o seu papel na adquisición dos hábitos de lectura. Son moitas as iniciativas que se levan a cabo nos centros, desde as aulas e desde as bibliotecas escolares, nese traballo conxunto  cos pais e nais, co fin sempre de poñer en valor a actividade da lectura: unha competencia fundamental para o desenvolvemento persoal, académico e social dos nenos e nenas.  

Desta vez, xúntanse vontades e profesionalidade dos equipos de biblioteca de varios centros do concello de Sanxenxo, e xunto con ANPAS, librerías e o propio Concello, botan a andar o I Encontro de Lectura e familias, LEMOS XUNTOS, que se vai celebrar os días 12 e 13 de abril no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo (Pontevedra). Obradoiros para nenos e mozos, conferencias para os adultos, sesións de narración oral, lecturas públicas e recitais configuran un programa de interese, que conta coa colaboración da propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Está aberto aínda o periodo de inscrición en obradoiros para os máis novos e "encontros da noite", previstos para os adultos.

Toda a información, no blogue da actividade: LEMOS XUNTOS SANXENXO. Tamén en facebook e twitter

Parabéns aos EQUIPOS DE BIBLIOTECA dos centros organizadores: IES SANXENXO, IES VILALONGA, CEIP A FLORIDA, CEIP DORRÓN, CEIP PORTONOVO, así como ao resto dos centros do concello que se sumaron á iniciativa e ás súas comunidades educativas.

Formando usuarios da biblioteca escolar: CEIP Mestres Goldar

Unha das funcións da biblioteca escolar é a de facilitar materiais que favorezan o desenvolvemento de habilidades de uso da información entre o alumnado do centro; un primeiro tramo nesa carreira de fondo que é a adquisición da competencia informacional, pasa por coñecer a biblioteca escolar e saber moverse por ela cun mínimo de seguridade, gañando así en autonomía e "aprendendo a aprender".

Velaquí un excelente exemplo, desde o CEIP Mestres Goldar, de Vigo: un material a disposición da comunidade educativa para o traballo de competencias básicas.

 

 

Formulario 2010 para analizar a biblioteca escolar e a súa integración no centro

Cuestionario actualizado para a análise da situación da biblioteca escolar do centro. É unha ferramenta útil para descubrir o papel que a bibliote está a xogar na dinámica pedágoxica e cultural da vida do centro.

CUESTIONARIO

Títulos imprescindibles para unha colección de calidade - Infantil e Primaria

De entre os titulos de literatura infantil e xuvenil editados no 2007 e 2008, profesorado con ampla experiencia no trato con libros e pequen@s lectores,  fixo unha selección (a petición da Asesoría de bibliotecas escolares) dos que poderían considerarse imprescindibles.  Velaquí esta Selección de libros imprescindibles para infantil e primaria (fición)

E para manter actualizada a sección de materiais informativos (ou de consulta, coñecemento...) estoutra selección de títulos axeitados ao alumnado destas idades: Imprescindibles-Informativos para ensino infantil e primario. (Neste caso, o campo "idade" debe entenderse como "a partir de", é dicir, textos que xa poderían ser consultados, sequera parcialmente ou con axuda,  por lectores a partir de "3-6 anos", por exemplo.)

 

Algúns Proxectos lectores de centro

Algúns centros educativos xa elaboraron o primeiro borrador do Proxecto lector de centro. Son documentos que guían o traballo anual e están en fase de proba, revisióne mellora:

Sobre avaliación da lectura

Achéganse uns apuntamentos sobre a avaliación da lectura no contexto educativo: qué se pode avaliar, que instrumentos se poden empregar, que prácticas poden axudar a coñecer o alcance das lecturas feitas polo alumnado...

Repertorio de lecturas para o Proxecto Lector

Unha proposta dos posibles tipos de documentos a ter en conta á hora de deseñar proxectos lectores e recursos para o seu desenvolvemento. Serían os documentos necesarios para garantir que nunha sección de aula, ou nunha biblioteca de aula, ou para un grupo de nivel, houbese suficiente variedade de recursos.

Materiais dos II Encontros de bibliotecas escolares de Galicia

No mes de outubro de 2008 tiveron lugar en Santiago de Compostela os II Encontros de bibliotecas escolares de Galicia, baixo o lema BIBLIOTECAS PARA LER E APRENDER. O groso do programa estaba adicado á presentación de experiencias de centros educativos arredor de tres temas fundamentais: os proxectos lectores de centro, a educación documental e a integración dos recursos da biblioteca  no desenvolvemento do currículo. Nos seguintes enderezos pódese ter acceso aos materiais presentados nas diversas comunicacións, así como outras informacións de interese relacionadas co contido dos encontros.

Avaliación da comprensión lectora.

Este documento pode servir para avaliar a comprensión lectora do alumnado, ben para obter información sobre a situación inicial, ben para recoller datos de avaliación ao final dun proceso. É un documento de carácter inidividual e pode adaptarse a idades diversas.

Educación documental

A educación documental comeza dende ben pequenos. No seguinte documento, elaborado pola Asesoría de bibliotecas escolares, recóllense algunhas cuestións para iniciar ao alumnado no uso de fontes documentais diversas.

Cuestionario sobre hábitos de lectura e uso das bibliotecas - alumnado de secundaria

O seguinte cuestionario pode servir para coñecer os usos que o alumnado de ensinanza secundaria e outras  fai da biblioteca escolar. Permite tamén coñecer os seus hábitos de lectura. Pode empregarse para un diagnóstico da situación de partida, na primeira fase de elaboración do Proxecto Lector de Centro.

Cuestionario sobre usos de biblioteca escolar e hábitos de lectura - Alumnado de Primaria

Achégase un estadillo que pode servir para coñecer os usos que o alumnado de primaria (está pensado para un 5º curso, pero podería adaptarse aos máis pequenos), fai da biblioteca escolar. Permite tamén achegarse aos seus hábitos de lectura. Pode empregarse para un diagnóstico da situación de partida, na primeira fase de elaboración do Proxecto Lector de Centro.

Enquisa profesorado

Achégase un modelo de enquisa que permite coñecer as prácticas de uso da bibliotecas escolar do profesorado do centro, así como as actividades de fomento da lectura que leva a cabo co seu alumnado, sexa cos recursos da biblioteca escolar ou con outros. (Se se quere modificar e non se conta coa aplicación que permita correxir arquivos pdf, pódese solicitar o orixinal en formato word a bibliotecasescolares@edu.xunta.es)

Cuestionario profesorado

 

Guión-tipo para o Proxecto Lector de Centro

Preséntase un posible guión para a elaboración do Proxecto Lector: recolle aspectos que interesa contemplar á hora de elaborar este documento.

Guión - tipo

Cuestionario sobre a situación da biblioteca escolar

O Proxecto Lector de Centro precisa, para o seu desenvolvemento, dunha biblioteca escolar organizada e dotada de recursos suficientes, actualizados e adaptados ás necesidades formativas e informativas da comunidade educativa.  Unha das medidas que se recollen como prioritarias á hora de deseñar o Proxecto Lector é a posta en marcha, no seu caso, da biblioteca escolar. Por outra parte, o PL debe estar contextualizado e partir da situación real do centro, polo que se fai necesario unha análise desta realidade, incluíndo os recursos materiais de que se dispón e o uso que se fai deles.

O cuestionario que se achega serve para obter unha radiografía da situación da biblioteca escolar do centro.