Primaria

Blogues de centros de Primaria

No menú da esquerda ábrese unha relación de blogues de bibliotecas escolares correspondentes a centros de ensino infantil e primario. Realizar un percorrido por estes sitios web permite coñecer a extraordinaria riqueza e diversidade de actividades que se levan a cabo. Son fiestras abertas que nos deixan ver a realidade dos centros, o día a día, no labor silencioso pero eficaz do profesorado por formar lectores competentes, capaces de enfrontarse a textos diversos.... e lectores entusiastas, para quen a lectura é un acto cotián, unha medio para alimentar a súa curiosidade e as súas ganas de saber.

As bibliotecas escolares galegas estanse a transformar en verdadeiros centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Son tamén espazos de convivencia, de educación e vivencia cidadá, espazos nos que todos e todas teñen acceso aos bens culturais, alí onde os usan e os comparten con toda naturalidade e mesmo con alegría... fórmula absolutamente eficaz para espertar o hábito da lectura.