Información

Convocatoria do programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2018/2019.

 

O Portal Educativo vén de publicar a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 5 de setembro, pola que se convoca o proxecto RADIO NA BIBLIO para o curso 2018/2019. Esta acción, iniciada en 2017, pretende introducir a radio nas bibliotecas escolares e vai destinada aos centros públicos integrados no PLAMBE no curso 2018/2019 que matriculan alumnado de educación infantil, primaria ou secundaria. Incorporaránse 30 novas bibliotecas escolares. Tamén poderán solicitar a súa continuidade no programa os 20 centros integrados a través da primeira convocatoria. 

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2018. 

 

 

Radio na Biblio. 2018-2019

RADIO NA BIBLIO 2018-2019
Entrega final de ficheiros

Instrucións

 
Para solicitar o acceso á carga de ficheiros deberá indicar a continuación o Código do seu centro.

Destinatarios

Pode seleccionar os destinatarios opcionais da mensaxe:
  • E-mail do centro (obrigatorio)

Ficheiros a enviar:

 
  • Memoria (PDF) (máximo 2 páxinas, segundo o apartado 3.c da convocatoria)
  • Imaxes (ZIP) (máximo 5)
  • Produción sonora elaborada polo alumnado (MP3)
    Acompañada dunha descrición do proceso debidamente documentado (contexto, contido, tarefas, guión, participantes...) (PDF)
  • Xustificación económica (PDF) (modelo ODT) (modelo PDF)
Código do centro solicitante:
DATA LÍMITE
ATA o 10/07/2019 23:59 horas
Faltan:
Ante calquera dúbida, por favor, contacte con esta Asesoría de Bibliotecas Escolares:
E-mail da Asesoría
Telf.: 881 997 637 - 881 997 562

"Radio na biblio" en marcha

 

O programa Rlogo do programa Radio na biblioADIO NA BIBLIO está dando xa os primeiros pasos nos 20 centros seleccionados nesta primeira convocatoria. Chéganos noticia de inauguración de espazos xa preparados, de emisoras xa en marcha e de obradoiros nos propios centros (tal e como estaba previsto) para formarse alumnado e profesorado nos rudimentos para botar a andar cadanseu laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar.

Así, na páxina web do CEIP P. de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) podemos ver a preparación dun recuncho do centro como emisora de radio, cun resultado fantástico. Imaxinamos á rapazada desexosa de traballar nese laboratorio de radio.

Tamén neste centro celebraron xa un obradoiro formativo con membros do colectivo PONTE NAS ONDAS, destinado ao alumnado e que podemos ver en detalle na información que subiron ao seu blogue de biblioteca.

Outro centro que está preparando xa o seu laboratorio de radio é o CRA de Meis (Meis, Pontevedra), tal e como anuncian no seu blogue. 

Realizaron tamén un primeiro obradoiro de formación foi o CEIP Agolada (Agolada, Pontevedra), desta vez co grupo Laboratorio de Radio, do que se poden ver imaxes nesta ligazón do seu blogue: Agolaín Radio. Pódese escoitar xa unha primeira emisión elaborada polo alumnado. 

Outros centros comezaron tamén a formación, desta vez con membros do colectivo Rede Espora, foron o CEIP Virxe do Carme, de Sober (Lugo), o CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos (A Coruña), o IES de Porto do Son, o CEIP Milladoiro, de Malpica (A Coruña)ou o CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal (Pontevedra).

Este último  centro vén de convocar un concurso de ideas entre o seu alumnado para a elección dun nome e un logo específico para o seu laboratorio de radio. Pola súa parte, nenas e nenos do CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón, Lugo), visitaron como iniciación ao mundo da radio a emisora local da cadena Ser en Monforte, como podemos ver no seu blogue. E tamén irán de visita a unha radio local, neste caso a emisora Cope de Pontevedra, alumnos e alumnas de 5º curso do CEIP Valle-Inclán, de O Grove (Pontevedra), que xa teñen tamén os materiais para montar o seu laboratorio de radio, segundo informan no seu blogue. 

Logo: Radio na Biblio

Ofrecemos, a continuación, diferentes imaxes do logo de Radio na Biblio para poder ser empregados tanto en contornas web como en documentos impresos.


Imaxes para a web

Imaxes para a web en diferentes tamaños:

 

Radio na Biblio 256px

Imaxe: 256px | Outros tamaños: 64px - 96px

 


Imaxes para documentos

Imaxes para impresión en documentos:

5 cm - 10 cm - 17 cm

Documento de exemplo cos diferentes tamaños: RB_print_modelos.pdf


Código HTML para crear un BLOQUE co logo de Radio na Biblio

Bloque centrado, imaxe con ligazón, tamaño: 96 x 96 píxeles:

Descrición do bloque: Logo BE
Código HTML para o corpo do bloque:

<div style="text-align: center;"><a title="Ligazón a Bibliotecas Escolares de Galicia" href="http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1042" target="_blank"><img src="http://www.edu.xunta.es//biblioteca/blog/files/logo_radionabiblio_96x96.png" alt="Radio na Biblio" width="96" height="96" /></a></div>


Descarga de ficheiros

Pódense descargar todos os ficheiros desde a seguinte ligazón: DESCARGAR ZIP


"Radio na biblio" - 2017/2018. Centros seleccionados.

 

O Portal Educativo publica hoxe a Resolución do 17 de novembro de 2017, da D.X. de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación de centros que se integran nesta primeira convocatoria do Proxecto "Radio na biblio", durante o curso 2017/2018, unha iniciativa destinada a introducir un laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar en centros que forman parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares. 

"Radio na biblio" pretende contribuír ao desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio no contexto destas bibliotecas. Pode axudar, así mesmo, a ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltipel e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. Cando a biblioteca incorpora un laboratorio de radio pode impulsar novos proxectos de carácter interdisciplinario, vinculados á educación para as competencias en información e medios. O laboratorio de radio, na biblioteca escolar, poderá estár asociado a un programa de voluntariado na biblioteca.

 

"Radio na biblio"

 

O Portal Educativo publica a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e RRHH, de 17 de outubro de 2017, pola que se elixirán 20 centros integrados que teñan interese en introducir a radio na súa biblioteca escolar. Poden participar centros que acollen alumnado de infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional e que estean integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2017/2018. 

Es proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO" pretende estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado. Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. O laboratorio de radio na biblioteca escolar poderá estar asociado a un programa de voluntariado na biblioteca. 

Para a selección dos centros terase en conta a actividade da biblioteca escolar no curso precedente, así como a prioridade dos centros localizados en concellos de ámbito rural, procurando unha distribución equilibrada polo territorio galego. Estes centros recibirán contías destinadas á posta en marcha do proxecto e das actuacións que supoña, incluída a realización dun obradoiro de formación para o alumnado que se considere. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro. 

Imaxe que ilustra esta entrada está tomada do blogue do CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra), un centro pioneiro na inclusión dun "Laboratorio de comunicación" para a formación do seu alumnado en competencia mediática e informacional.