Lecturas por áreas/materias

30 de xaneiro: a Cultura de Paz nas bibliotecas escolares

Avanza o mes de xaneiro cara unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día EScolar pola Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi, hai agora 67 anos. Os centros educativos acostuman aproveitar esta data para traballar de forma intensiva contidos propios da Cultura de Paz:

"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz" (Declaración da Constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)

 

 

As matemáticas son para sempre


Porque hai quen explica as cousas cun sorriso... e as explica ben: As matemáticas son para sempre. Conferencia-TED de Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidad de La Rioja, que ademais gañou con este monólogo o Concurso Internacional de monólogos científicos, que convoca a Fundación Española para la ciencia y la tecnología (FECYT).

Lembramos que o IES de Monelos (A Coruña) convocaba un Concurso de Matmonólogos, do que descoñecemos agora a súa continuidade; unha experiencia que sería mágoa perder. 

Ámpliase a oferta de maletas viaxeiras

 

Coincidindo co mes da biblioteca escolar, neste mes de outubro, a Asesoría de Bibliotecas Escolares daba a coñecer unha nova aplicación que, baixo o nome de MALETAS VIAXEIRAS, permite ás bibliotecas dos centros interesados a reserva de maletas de diferentes temáticas para levar en préstamo temporal, como apoio ás súas actividades. 

Ademais das xa coñecidas sobre cómic, lectura, Camiño de Santiago, Os mundos de Cunqueiro, matemáticas, e materiais para as familias, veñen de incorporarse dúas maletas moi especiais e que poden ser do interese dos centros de ensino secundario e formación profesional. Trátase das maletas de "economía", cunha selección coidada de libros e recursos audiovisuais que poden contribuír ao coñecemento das claves para entender o momento económico e social que vivimos nos últimos anos, pero tamén para introducir ao alumnado no ensaio, un xénero que precisa dun lector específicamente activo. 

As maletas ofrécense en préstamo temporal (15 días, agás excepcións) e os centros deben recollelas e entregalas na Asesoría de bibliotecas escolares (Consellería de Educación, San Caetano, Santiago de Compostela), persoalmente ou a través dos medios que consideren oportuno.  INSTRUCIÓNS

Poética matemática

As matemáticas están presentes na vida cotiá, tamén na ficción  e mesmo na poesía. As bibliotecas escolares comezan a compartir recursos moi diversos para facer efectivo o lema deste curso "Biblioteca escolar... matemático!". Destacamos algúns deles relacionados coas  matemáticas e a poesía. 

 

Imaxe obtida aquí (ver recursos didácticos de matemáticas) 

 

Xeometría cálida no IES Sánchez Cantón

 

A biblioteca escolar é un espazo de ciencia e para a ciencia (como o foi sempre), máis alá de preconceptos e esquemas restrictivos aínda presentes nalgún profesorado. As novas bibliotecas escolares amosan esta realidade cada vez que poñen en marcha ou apoian proxectos do ámbito das ciencias. E cando a biblioteca escolar e o Departamento de Matemáticas se aúnan poden dar lugar a proxectos tan fermosos coma este: XEOMETRÍA CÁLIDA, proposta do profesor Manuel Cortegoso, do Departamento de Matemáticas do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, que recibe o apoio total e entusiasta do equipo de biblioteca. Os traballos realizáronse durante todo o curso no espazo da biblioteca escolar, en horas de titoría, con alumnado de 4º curso de ESO. Afirma a responsable da biblioteca, Charo Sánchez: "É tamén un traballo de equipo porque cando traballamos xuntos os proxectos tenden a mellorar". O vestíbulo do centro acolle a exposición dos traballos elaborados polo alumnado, e nós podemos acceder a través desta exposición virutal. Parabéns!!

Roberto Vidal Bolaño: o teatro protagoniza as Letras Galegas 2013

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."

As bibliotecas escolares galegas iniciaron xa o seu labor de sensibilización, información e apoio ao profesorado dos seus respectivos centros, co fin de que o alumnado coñeza e goce da obra deste autor e procurando, tamén, que aprendan a amar a través das actividades, un xénero literario e unha expresión cultural esencial para unha sociedade democrática e unha poboación culta. Seleccóns de recursos, propostas de actividades, materiais para a busca documental, iniciativas para espertar o gusto polo teatro, comezan a difundirse. Velaquí algúns exemplos:

Outros recursos dispoñibles:

- Seminario Galán (Seminario Permanente do CEIP Galan, Oseiro-Arteixo): Roberto Vidal Bolaño

Día Internacional da Muller, 8 de marzo 2012, nas bibliotecas escolares galegas.

moza lendo

(...)

ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.

Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.  (...) Olga Novo

Coas palabras da poeta galega Olga Novo e unha imaxe, por fortuna moi común nos nosos centros, iniciamos unha breve recompilación dalgunhas das actividades que se levan a cabo nestes días nas bibliotecas escolares galegas, ou de materiais elaborados e difundidos por elas, para lembrar o moito que aínda queda por facer para acadar xustiza e igualdade:

Recomendacións de lecturas matemáticas

cartel IV Certame Matmonólogos - IES Monelos

 

O IES MONELOS de a Coruña publica un boletín de divulgación matemática, TETRACTIS, no que podemos acceder, ademais de moitas outras propostas de interese, a unha relación de lecturas recomendadas arredor das matemáticas.

Salienta, así mesmo, a convocatoria do IV Certame de Matmonólogos, de participación aberta, establecéndose varias categorías e cun prazo de presentación de guións que remata o 28 de abril. Está publicada en Tetractis a información sobre as pasadas edicións.

 

Letras Galegas 2010, ou cando Uxío Novoneyra visitou as bibliotecas escolares.

Andan os versos de Uxío Novoneyra nos beizos da rapazada, pendurando dos muros e das fiestras... enchendo espazos virtuais e reais dos centros educativos galegos. Comezara xa en xaneiro, cando o CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo) difundira o seu fermoso calendario do ano Novoneyra. Posteriormente foron chegando propostas de traballo e materiais moi diversos sobre a obra de Uxío Novoneyra e, a partir dela, actividades para o tratamento de distintos contidos curriculares e, ao tempo, formación das competencias no uso, tratamento e produción de información (ALFIN). As bibliotecas escolares apoiando os programas e proxectos do centro (entre eles, o Proxecto lingüístico), unha das súas principais funcións. A título de exemplo, pódense consultar as seguintes:

Itinerarios lectores no IES de Catabois (Ferrol)

O profesorado responsable das bibliotecas escolares descansa daquela maneira... Chéganos noticia desde o IES de Catabois, en Ferrol, sobre o seu Proxecto Lector de Centro. O blogue da biblioteca enlaza a outros blogues dos diferentes departamentos, nos que se recollen pautas para o tratamento da lectura e o desenvolvemento do Proxecto Lector na área correspondente, así como os itinerarios lectores, ou libros especialmente recomendados por cada un destes departamentos.

  1. Matemáticas
  2. Plástica
  3. Tecnoloxía
  4. Música

Letras Galegas 2009

Está o Día das Letras petando na porta e levan todo o ano as bibliotecas escolares traballando por mantelas vivas, as Letras. Por se esto fose pouco, tamén preparan recursos e materiais específicos para a conmemoración da efeméride, adicada este ano a Ramón Piñeiro.  

Día das Matemáticas e lecturas

O 12 de maio celébrase o Día das Matemáticas. Desde a Biblioteca do IES Auga la Laxe, achégannos unha interesante selección de títulos relacionados con esta materia.

A páxina da FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas) inclúe, entre outros recursos, varias actividades específicas para este día, que son todos os do ano; entre elas, unha conferencia sobre a cidade e as matemáticas do profesor Jose María Sorando.

Itinerarios lectores no IES de Fene

Coa colaboración do equipo docente, a Biblioteca escolar do IES de Fene, no contexto do desenvolvemento do proxecto lector de centro e do seu amplo programa de actuacións,  está a publicar uns "itinerarios lectores", seleccións de títulos por materias, de coidada factura e gran interese. Están dispoñibles na Rede, a través do blog desta biblioteca escolar, O Segrel do Penedo, na sección "documentos a compartir".

Xeografía e Literatura. 3º ESO

A responsable da biblioteca do IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, Susana Trigo, ofrece para a súa difusión este traballo, froito dunha Licenza por estudos concedida pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no ano 2007:

XEOGRAFÍA E LITERATURA. Unha proposta para 3º da ESO, segundo Decreto 133/2007:

Bloque 3: Organización política e espazo xeográfico. Bloque 4: Transformacións e desequilibrios no mundo actual.

Inclúe dous ficheiros: Índice de materias e Catálogo bibliográfico.

Lecturas. Educación Plástica e Visual. 1/2 Ciclo da ESO

Teresa cámara, profesora de Educ. Plástica do IES Alexandre Bóveda, de Vigo, en colaboración coa biblioteca dese centro, remítenos unha relación de títulos relacionados con esta materia.

Selección de lecturas. Educación Plástica e Visual. 1º e 2º Ciclo da ESO

 

Selección urxente de títulos LIX asociados a distintas materias

Mayte Leis, profesora de Lingua e Literatura Castelá achéganos unha interesante selección de titulos de literatura xuvenil, basicamente en lingua castelá, realizada dende a súa experiencia como mediadora entre mozos e libros. Todos os textos están lidos e "probados", e dende esa práctica, suxírenos unha posible utilización en prácticas de fomento da lectura nas distintas materias ou nas actividades de titoría. A Asesoría de bibliotecas escolares agradece a súa colaboración.

Selección LIX para o ensino secundario

Matemáticas para ensino secundario e bacharelato

Excelente selección do Departamento de Matemáticas do IES Izpisúa Belmonte de Hellín (Albacete) que se pode atopar na súa páxina de Internet. Ademais de títulos para os distintos niveis de ESO e Bacharelato (que se acompañan de propostas de traballo a partir da lectura, e comentarios realizados polos lectores), estes profesionais ofrecen un bo número de recursos para o ensino das matemáticas na súa páxina. Un exemplo de xenerosidade e bo facer.

Seleccións de lecturas para a materia de Música

Seleccións de lecturas para a materia de Inglés

- Lecturas Inglés. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores tobío

Física e Químicia