2006/2007

Memoria e xustificación de gastos 06/07

O 30 de xuño remata o prazo de presentación de memorias e xustificación de gastos correspondentes ao Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 06/07, tal e como aparece reflectido no punto oitavo, apartados 2 e 3 da convocatoria.
En canto ao contido da MEMORIA, é importante reflectir as medidas organizativas e de xestión que se levaron a cabo para transformar a biblioteca nun centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, e reflectir como mínimo, os contidos que se detallan no devandito punto 3 :
- grao de cumprimento dos obxectivos propostos
- horario real asignado á persoa responsable da biblioteca (dificultades ou logros a maiores, no seu caso)
- actividades desenvolvidas (facendo fincapé especialmente naquelas que son propias da biblioteca como recurso educativo, ou que se desenvolven a proposta do equipo de biblioteca non tanto nas actividades de carácter extraescolar ou que afectan a todo o centro, nas que poida colaborar a biblioteca, aínda que se poidan e se deban citar.
- grao de implicación do centro e da comunidade,
- actividades de formación do ámbito das bibliotecas escolares nas que participou o profesorado
- materiais producidos, no seu caso (especialmente guías de biblioteca, boletíns, materiais para a educación en información.....)
- avaliación (procurando incluír algún dato estatístico de uso dos servizos; a informatización dos fondos permitirá sen dúbida esta estatística)
- previsións de futuro
É bo incluír imaxes.